Xa perdemos a conta dos fiascos do actual goberno municipal en materia cultural. O desinterese por este acto era evidente -tendo en conta que o cartel anunciador foi feito público o día anterior-, e fíxose palpable coa lamentable organización do evento.
Nin palco, nin decoración, nin sillas para o público, nin presentación; cambios no percorrido do pasarrúas, modificacións na orde de actuación dos grupos? algún grupo incluso tivo que marcharse sin tomar o tradicional pincho de agradecemento. Unha auténtica vergonza para todos os que asistimos ao acto, e unha pésima imaxe da nosa vila que se levan os membros dos grupos convidados.
Socialistas de Pontecesures