Valdeza/Bar Juan se impuso en el memorial Victoriano Trenco de fútbol 7

El campo municipal Ramón Diéguez fue el escenario en las últimas semanas del primer memorial Victoriano Trenco. Una cita en la que tomaron parte catorce conjuntos. La primera ronda se disputó a doble vuelta y uno de los equipos que habían caído en la primera eliminatoria, el Elite Electricidad, fue repescado por sorteo.
Los emparejamientos de semifinales fueron Cafetería Sol y Mar-A Palmeira (4-1) y Valdeza/Bar Juan-Bar Muelle (3-1). La final, que se celebró el pasado domingo a las 11.30, se la llevó el Valdeza/Bar Juan, que se impuso por la mínima a su rival.
El memorial Polo y Rogelio Valga toma desde este lunes el relevo en el campeonato de veteranos de Valga.

LA VOZ DE GALICIA, 07/10/09

?ltima hora: O Valdeza/Bar Juan gaña o I Memorial Victoriano Trenco de fútbol 7.

Nesta mañá de choiva disputáronse as dúas semifinais no campo de fútbol Ramón Diéguez de Pontecesures cos seguintes resultados:

Sol y Mar 4, A Palmeira 1
Valdeza/Bar Juan 3, Bar Muelle 1.

De seguido disputouse a final, que gañou o Valdeza/Bar Juan ao Sol y Mar por 2-1.

Rematada a final deste memorial en lembranza de Victoriano Trenco, que foi organizado polo «Joyería Riveiro» de fútbol veterano e pola Asociación Cultural «A Estornela» de Pontecesures, a viúva de Victoriano, Josefa Diz, que asistiu á final coa compaña dunha filla, entregou o trofeo ao equipo gañador.
Antes, a organización do torneo agasallou aos familiares do que fora alcalde de Pontecesures cunha placa conmemorativa e un ramo de flores.
O equipo gañador, quixo que a viúva de Victoriano conservara o trofeo como lembranza do memorial e, entre unha forte ovación, entregou de novo o trofeo a Josefa Diz con ese fin.

Actividades deportivas do Concello de Pontecesures para nenos.

Serán no pavillón municipal e terán carácter gratuito:

Luns: De 16:00 a 17:00 horas, futbito benxamins B. De 17:00 a 18:00 horas, futbito benxamíns A. De 18:00 a 19:00 horas, futbito alevín e infantil.

Martes: De 16:30 a 17:30 horas, baloncesto alevíns. De 17:30 a 18:45, baloncesto infantil feminino. De 18:45 a 20:00 horas, baloncesto infantil masculino. De 20:00 a 21:30 horas, baloncesto xunior masculino.

Mércores: De 16:00 a 16:50 horas, futbito pequeniños. De 16:50 a 17:45 horas, fútbol pequeniños.

Xoves: De 17:00 a 18:15 horas, baloncesto infantil masculino. De 18:15 a 19:30 horas, baloncesto infantil feminino. De 19:30 a 21:00 horas, baloncesto xunior masculino.

Venres: De 16:30 a 17:30 horas, baloncesto alevín. De 17:30 a 18:30 baloncesto benxamín: de 18:45 a 20:00 horas, baloncesto infantil feminino. De 20:00 a 21:30 horas, baloncesto xunior masculino.

Para inscribir aos nenos hai que dirixirse aos monitores no pavillón