?ltima hora: Recuperado o material roubado na madrugada do venres 13 na biblioteca de Pontecesures.

Un labrego atopou hoxe nun alpendre da súa propiedade en A Ponte (Padrón) diverso material acopiado. Había bastante tempo que non ía por alí, e ante o achado avisou á Garda Civil que trasladou os obxectos ao cuartel de Iria en Padrón.
Hai pouco, persoal da biblioteca de Pontecesures, a alcaldesa, e a Policía Local de Pontecesures identificaron no cuartel os ordenadores e a estufa substraída no roubo da madrugada do venres 13. En consecuencia, pódese dicir con ledicia que se recupera integramente o material substraído que será tradaladado á instalación canto antes.
Tamén é moi posible que estivera alí o material roubado ó Pub Tribal de Pontecesures, a principios de febreiro pasado (proxector e outros obxectos), e a outros establecementos. O propietario do local ten que facer as comprobacións nas vindeiras horas.
O cuberto está na zona do Trozo. Preto do taller de coches, vaise por unha pista, indo para Padrón a dereita con dirección ao Lestido.
Ata o de agora, non se ten coñecemento da identidade dos delincuentes.

Un vehículo derruba un poste de Unión Fenosa na rúa Ullán de Pontecesures.

Sobre as 10 desta mañá, o Seat Ibiza branco C-3794-BK guaido polo xove A.D.R., residente en Lestido (Padrón), chocou, por unha distracción do condutor, cun poste de madeira de Unión Fenosa, situado a carón do bordillo da beirarrúa, á altura da rúa Ullán nº 36 (dirección Pontecesures-A Estrada). O poste tronzou e caeu, agás a parte máis alta onde estaba fixado o cableado.
No vehículo ían dous xoves, que non sofriron dano algún, (afortunadamente o poste non caeu sobre o automóbil nin pasaba persoa algunha sobre a beirarrúa).
Persoal técnico enviado por Unión Fenosa estivo no lugar, e na vindeira semana colocarase un novo poste con outra situación, segundo manifestaron os empregados.
O vehículo, con danos considerables, foi retirado do lugar cunha grúa.

Resultados da Carreira Pedestre en tódalas categorías.

Pitufos (de 0 a 4 anos): 1º Teo Tejero Pazo, de 4 anos; 2º Raúl García Janeiro, de 3; 3º Brais Tembra Lestido, de 1.
Pitufas (de 0 a 4 anos): 1ª Miriam Iglesias Freire, de 2 anos; 2ª Mariña Rey Miguéns, de 3; 3ª Adela González García, de 2; 4ª Sara Liñares Blanco, de 11 meses.

Masculino (de 5 a 8 anos): 1º Arturo Ramos Rey, de 8 anos; 2º Jaime Arias Vieitez, de 8; 3º Xesús Seoane Méndez, de 8.
Feminino (de 5 a 8 anos): 1ª Claudia Torres Rey, de 8 anos; 2ª Minia Pérez Videla, de 7; 3ª Sofía Rarís Frois, de 8.

Masculino (de 9 a 12 anos): 1º Albano Monteagudo Santos, de 12 anos; 2º Julián González Vicente, de 12; 3º Martín Liste Oubel, de 11.
Feminino (de 9 a 12 anos): 1ª Xiana Rendo Mallo, de 12 anos; 2ª Elena Fraguas Iglesias, de 11; 3ª Miriam García Lesende, de 12.

Masculino (13 e 14 anos): 1º Carlos Cajaraville Sánchez, de 13 anos; 2º Anxo Carreira Casais, de 14; 3º Fabio Rarís Blanco, de 14.
Feminino (13 e 14 anos): 1ª Marisol Diz Pérez, de 13 anos; 2ª Carla Santiago Refojo, de 13; 3ª Antía Cajaraville Souto, de 13.

Masculino (de 15 a 17 anos): 1º Gañador da carreira absoluta; 2º Javier Besada Vázquez, de 17 anos; 3º Rodrigo Millán Conde, de 15 anos.
Feminino (de 15 a 17 anos): 1ª Beatriz Míguez, de 16 anos. Non houbo máis participantes nesta categoría.

Masculino (de 18 a 35 anos): 1º Segundo clasificado na carreira absoluta; 2º Terceiro clasificado na carreira absoluta; 3º Martín Pellitero Varela.
Feminino (de 18 a 35 anos): 1ª Segunda clasificada na carreira absoluta; 2ª Terceira clasificada na carreira absoluta; 3ª Pilar Jamardo Castiñeiras, de 32 anos.

Masculino (de 36 a 50 anos): 1º Antonio Sobrado Fernández, de 40 anos; 2º Ramón Folgar Pouso, de 41; 3º Manuel Martínez Márquez, de 39.
Feminino (de 36 a 50 anos): 1ª Gañadora da carreira absoluta; 2ª Elena Miguéns Otero, de 36 anos; 3ª Luisa Vázquez Cobas, de 43.

Masculino (máis de 50 anos); 1º Manuel Vigo Mourullo, de 52 anos; 2º Avelino Bugallo Sousa, de 55; 3º Manuel Monteagudo Caamaño, de 53.

Carreira absoluta homes: 1º Uxío Abuín Ares, de 17 anos: 2º Luis Calvo Castro, de 28; 3º Jorge Crespo Arias, de 29.
Carreira absoluta mulleres: 1ª Yolanda Gutiérrez Robles: 2ª Marisé Astorga Somoza, de 35 años; 3ª Silvia Deira Barcala, de 34.

Participante más veterano: Xosé Neira Hermida, de 76 anos de idade.

Radio Valga organizou o concurso «Aldea máis intelixente» no que os oíntes acertaron preguntas de cultura xeral.

O Lestido recolle o premio da man de Gándara, que cede o título, e o director, Héctor Bermúdez.

Radio Valga, e máis concretamente o veterano programa ??Moito máis que música?, celebrou unha nova edición do concurso cultural ??A Aldea máis intelixente?, e desta volta, o gañador foi o lugar do Lestido, do concello de Padrón.
Durante toda unha semana veciños de varios lugares da zona estiveron participando activamente no concurso que, un ano máis, mantivo atentos á emisora non só aos participantes senón tamén aos oíntes que gozaban escoitando as respostas acertadas, pero tamén as meteduras de pata, que daban os ousados participantes.

O lugar de Gándara, na parroquia valguesa de Cordeiro, foi o gañador da edición do pasado ano, pero desta volta non puido ser, e a aldea non tivo a sorte que a acompañara noutras edicións, posto que coa victoria de 2007 xa era a segunda vez que se facían co tan prezado título.

Cambio de gañador > Na edición deste ano, o concurso estivo bastante apretado, sobre todo os dous últimos días, xa que a mediados do mes de outubro, data na que tivo lugar o concurso, O Lestido, de Padrón, e O Sixto, de Valga, loitaban polo primeiro posto.

Finalmente, foi a localidade da capital do Sar a que saiu victoriosa desta batalla telefónica aínda que dun xeito bastante axustado, xa que tan só catro puntos foron os que lle deron o galardón final.

Preguntas de cultura xeral pero tamén relacionadas coa historia da emisora, realizadas polo director e presentador do programa, Héctor Bermúdez, eran as que os concursantes tiveron que atinar.

Moitos foron os que o intentaron, sobre todo os últimos días, pero finalmente, O Lestido, O Sixto e Barcia foron os gañadores dun concurso que sempre ten lugar a mediados do mes de outubro, un mes antes da festa anual.

DIARIO DE AROUSA, 25/11/08

Barreras en Lestido 20 años después.

l.jpg

Lestido logra al fin barreras para el peligroso paso a nivel
Adif inauguró las medidas de protección en el paso a nivel de la localidad padronesa

Veinte años de lucha vecinal y una tragedia que costó la vida a un conductor en 2005 han hecho falta para que se imponga la razón en el paso a nivel de Lestido. Desde el pasado miércoles, la confluencia de la vía del tren y la carretera por la que transitan vecinos y vehículos a diario en el corazón de la aldea padronesa cuenta con las medidas de seguridad adecuadas: barreras semiautomáticas y avisos acústicos y luminosos.

El pasado miércoles, el Administrador de Infraestructuras Ferroviarias (Adif) inauguraba las barreras y la señalización. «Tecnología punta», aseguraban, que vendrá a sustituir al tradicional «coidado co tren», con el que los vecinos alertaban del paso del ferrocarril que cruza su aldea más de 30 veces por día.

Atrás quedan numerosos sustos, algunos accidentes y el error de Adif que hasta 2006 no consideraba necesarias estas medidas

SEGURIDAD COMPLETA.
Sustituir el suelo de tablilla por caucho, el último compromiso
Pese a que los vecinos recibían con plena satisfacción la entrada en funcionamiento de las medidas de seguridad que durante 20 años reclamaron para el paso a nivel de Lestido, también recordaban la pasada semana que todavía queda un último compromiso por cumplir. Se trata de la sustitución del actual suelo de tablilla por uno de caucho. Hasta ahora, el suelo del paso a nivel está compuesto por varias tablillas de madera, algunas de las cuales están sueltas. Además, el hueco que queda entre ellas supone un peligro porque puede atrapar a peatones o vehículos. El Concello ha anunciado ya que se sustituirá pronto por caucho.

TIERRAS DE SANTIAGO, 04/11/08