Maneiro abarrota el Auditorio.

El Partido Popular hizo ayer en Valga una demostración de podería llenando el Auditorio Municipal de afiliados, simpatizantes y vecinos en el acto de presentación de José María Bello Maneiro como candidato a la Alcaldía. El actual regidor, que lleva en el cargo desde 1991 y gobierna con una aplastante mayoría absoluta, se mostró convencido de reeditar triunfo electoral el día 22 porque ??PSOE e BNG pouco teñen que aportar ao futuro de Valga?. Un futuro que para Maneiro pasa, en estos momentos de crisis, por seguir ??a senda do crecemento e o emprego. Todo o contrario do que pretenden as candidaturas do PSOE e do Bloque coa súa oposición ao polígono industrial?. Para el alcaldable popular resulta fundamental la creación de suelo empresarial a través del nuevo Plan Xeral ­que está aprobado pero pendiente de la resolución de un recurso contencioso-administrativo admitido por el Tribunal Superior de Xustiza de Galicia­.
Y es que, para Bello, ??non existen receitas milagreiras? contra la crisis, pero sí ??podemos realizar o maior esforzo posible? apostando por la creación de empleo, la promoción económica y la juventud. ??A xeración máis preparada da nosa historia vivirá en peores condicións que os seus pais. Se non reaccionamos, será unha xeración perdida?, alerta. Frente a esto, el PP apuesta por potenciar la oferta educativa y la formación integral como ??elemento xerador de oportunidades para a mellora do tecido laboral e empresarial?. Maneiro quiere poner en marcha, si los vecinos confían en él el 22-M, un plan de empleo diseñado en colaboración con los colectivos sociales y los empresarios, además de impulsar Escuelas Taller y un servicio de orientación para ayudar a los demandantes de empleo.

Pero para generar puestos de trabajo son fundamentales los empresarios y Maneiro quiere facilitar que nuevas industrias puedan asentarse en el municipio. Aludió aquí de nuevo al nuevo Plan Xeral ­??que non recolle todo o que queríamos pero é o menos malo dentro do imperativo legal?­, en el que se recoge la construcción del polígono.

La riqueza natural de Valga, la cultura y la puesta en valor del patrimonio histórico son, para el candidato popular, instrumentos a través de los que generar también empleo, de manera que quiere desarrollar un plan de dinamización turístico centrado en el Ecomuseo y en el Museo Histórico Local. La diversificación llegaría de la mana del Turismo de Salud.

DIARIO DE AROUSA, 8/05/11

La legislatura del «non por sistema».

Si es reelegido como alcalde, Bello Maneiro profetiza que la próxima será para la oposición la legislatura del «non por sistema, máis radical e opoñéndose a todo sen pararse a pensar si é ou non é beneficioso para Valga». Cree también que durante la campaña PSOE y BNG «seguirán insultando a este candidato e convocando manifestacións, pero non entraremos neste xogo.»

DIARIO DE AROUSA, 08/05/11

La presentación de Maneiro contará con la presencia de Louzán.

La presentación de la candidatura del PP de Valga, que lidera José María Bello Maneiro y se celebra hoy a las 21 horas en el Auditorio de Cordeiro, contará con la presencia del presidente del PP en Pontevedra y máximo representante de la Diputación, Rafael Louzán. El mitin servirá a Maneiro para dar a conocer el programa que pretende llevar a cabo durante la próxima legislatura.

DIARIO DE AROUSA, 07/05/11

Bello Maneiro: «No meu partido non se valora o esforzo que facemos en Valga».

Bello sostén que todos os políticos deberían pasar pola xestión municipal

José María Bello Maneiro
2 de maio de 1949 en Cordeiro
Contable
Casado, ten dous fillos e unha filla
Alcalde de Valga dende 1991
O despacho de José María Bello Maneiro é un espazo, non cabe dúbida, habitado. Os seus vinte anos na alcaldía de Valga encárnanse nunha morea de obxectos e recordos dominados por un televisor de bo tamaño. ? coma unha extensión do propio rexedor, quen accedeu ao cargo cunha candidatura independente que desembocou no PP.
-¿Cantos anos tiña vostede cando entrou neste despacho?
-Tiña 41 anos. Agora estou a piques de cumprir 61.
-¿Non é moito tempo?
-Pois a verdade é que entrei en política de casualidade e, en principio, sen interese ningún, debo recoñecelo. Teño unha experiencia persoal de asistir a un pleno, no primeiro mandato democrático, como público, moi desagradable, con discusións permanentes, insultos e faltas de respecto. Díxenme que nunca estaría en política, e a vida levoume a que non fose así.
-A xente vén falar con vostede e agarda o momento que lle toque. Agora mesmo hai catro persoas esperando. Non parece este un traballo tranquilo…
-Nun Concello a verdade é que nunca se está tranquilo, sempre hai demandas. E máis nestes momentos, non que non se poden levar adiante tantas cousas pola situación económica. O máis preocupante é o paro, a cantidade de familias que pasan polo Concello. ? inquietante ver familias que non teñen ingresos de ningún tipo e non poder facer nada porque un non ten unha variña máxica.

-¿Que pode facer un Concello para crear emprego?
-Nós, por exemplo, fixemos que as empresas que contrataron obras co Concello contratasen persoal de Valga. Nestes anos creáronse así moitos postos de traballo; provisionais, claro, pero polo menos distribuíron ingresos entre as familias. Unha das razóns de que o Concello nos convenios reducise eses empregos a media xornada é, precisamente, unha mellor distribución en época de necesidade.

-¿Lembra a Albino Ferreirós?
-¿Como non o vou lembrar se foi alcalde antes ca min? Supoño que ides polo dos dous peches que se fixeron, un con nós en minoría e outro a partir de 1995. Nun deles botou un cordel pola fiestra para que lle pasasen os bocadillos… Miren, a lectura que fixo de todo iso o pobo quedou ben clara cando lle tocou falar. Aqueles, podo dicilo, foron os peores momentos que eu lembro como alcalde. Ver a mesa do salón de plenos chea de empanadas, coma se fose isto unha romaría. O representante do PSOE, que tiña dous concelleiros, nas seguintes eleccións non quitou ningún.

-A oposición acúsalle de funcionar coma se o Concello de Valga fose seu.
-Foi un mandato de debate, de discusión, pero dun alto nivel no sentido do respecto, coas lóxicas discrepancias, quitando á voceira do PSOE. Ela, simplemente, dedicouse a facer política no canto de tentar colaborar e resolver as demandas dos veciños. Houbo oposición primeiro nas obras da recta de Vilagarcía, un proxecto que se contratou co bipartito na Xunta. O que liderou as mobilizacións vai hoxe de número 2 do PSOE. Tamén co plan xeral pola creación do novo parque empresarial. O BNG votou a favor e foi coherente co que dicía a súa xente na Xunta. Pero o PSOE opúxose. O que liderou a oposición vai no número 3 da súa lista. Eles foron coma aves de rapiña.

-Mais agora muda tamén o candidato do BNG e pode mudar o seu discurso. ¿Vai botar en falla a Rodríguez Touceda?
-Antonio é unha persoa dialogante, moi meticulosa na parte económica. Todo o miraba ao céntimo. E iso a min gústame.
-¿Que opina do seu sucesor?
-Xa foi concelleiro. ? unha persoa moito máis radical.

-A acusación de ser político é curiosa cando a fai unha persoa que leva 20 anos na alcaldía.
-De entrada non me considero político. Estou en política, pero intento non facela nese sentido, esa é a mentalidade do goberno que temos. Nós dedicámonos dende o primeiro momento a coordinar un grupo, que isto fose un equipo e xestionar.

-Por certo, algunha vez ten criticado ao seu propio partido por descoidar Valga.
-No meu partido non se valora o traballo que se fai en Valga. Sígoo mantendo. O noso esforzo non está valorado. Os políticos chegan aos cargos e esquecen que os concellos somos os que facemos o día a día, os que vemos as familias en paro. Terían que pasar pola xestión municipal.

LA VOZ DE GALICIA, 27/04/11

«Non sei por que o alcalde lle ten medo á palabra política».

Carmen Coto candidata do PSOE en Valga.

A aspirante socialista asegura que Bello só pensa xa en «manter o seu trono»

Carmen Coto non se anda con chiquitas á hora de valorar o prolongado labor de Bello.
-Valga é, de partida, unha praza moi complicada para o PSOE.
-Ben, nós temos un equipo moi renovado, especialmente nos primeiros postos. con xente que encabezou plataformas veciñais, no problema da estrada, no problema do polígono, para defender os intereses dos veciños porque o alcalde non o fixo. No caso da estrada de Campaña levaba tres meses co proxecto no caixón e mentíalles aos veciños, dicíalles que non sabía nada, que non tiña o proxecto. Nós negociamos coa delegada, entón Isabel Domínguez, e conseguimos reducir as afeccións, e sobre todo un prezo xusto por metro cadrado. Iso é o que os socialistas fixemos e faremos, defender aos veciños de Valga.
-O alcalde acúsalles a vostedes de facer política.
-Ten graza, ¿e el que é o que fai? Non sei por que lle ten tanto medo á palabra política, pero si sei que Maneiro leva demasiado tempo no poder, perdeu a perspectiva das necesidades de Valga e só pensa nos seus intereses e en manter o seu trono. Non hai máis que ver o xeito no que emprega a radio municipal, ao máis puro estilo de Venezuela. Ten un afán excesivo por controlalo todo, anulando ao resto do persoal do Concello, empezando polos seus propios concelleiros, que sempre son convidados de pedra.
-¿Que sucede coa radio?
-El fala na radio e todo isto semella unha panacea. Maneiro faino todo ben, e a oposición penosamente mal. Pero sucede que nós e o BNG pedimos só media hora para a oposición e se nos nega completamente porque di que queremos facer política. ? unha tomadura de pelo. Se houbese unha democracia real neste concello, a Maneiro non lle debería importar.
-Pero as contas, asegura Bello, indican un Concello saneado.
-El é moito de construír obras no aire, algúns veciños falan de movemento de ladrillo. Esa é unha frase moi significativa. No 2010 aprobou un préstamo de 300.000 euros co informe en contra da interventora. Meses despois pediu outros 400.000 euros, solicitamos tamén o informe da interventora, e ese, sinxelamente, xa non o fixo. ¿Como é posible que diga que é un Concello saneado cando só os préstamos da Deputación andan no millón de euros?
-¿Que pasa co polígono? ¿Non o ven necesario?
-Nós estamos totalmente a favor de que haxa un polígono e de que se ordene a industria dunha vez. Pero as grandes empresas non se van mover, e para as novas temos que buscar un sitio menos prexudicial tanto a nivel económico como paisaxístico, porque no espazo escollido hai xente á que mesmo lle levan a horta por diante, o val de Magariños vai quedar esnaquizado, e os veciños van sufrir nas súas vidas e nas súas propiedades. En Valga hai zona de monte, apartada, que se podería negociar. Iso é o que hai que facer.

-O alcalde di que as obras do Concello crearon emprego.
-Son de dominio público algunhas cuestións pouco explicables. Obras que paga a Xunta, que licita Maneiro e fai sempre a mesma empresa, mesmo fronte a prestixiosas construtoras.

Carmen Coto Lois
10 de setembro de 1962, en Cimadevila
Licenciada en Dereito e Graduado Social. Funcionaria do corpo técnico de Xestión da Administración de Xustiza.
Separada, ten un fillo de 15 anos
Voceira municipal do PSOE. Lidera a candidatura dos socialistas en Valga por segunda vez consecutiva.

LA VOZ DE GALICIA, 27/04/11

«Valga é un réxime caciquil no que todo se dá e se fai á dedo».

Xosé M. Martínez candidato BNG en Valga.

Peque sostén que o Concello funciona coma un feudo estancado hai dez anos.

Xosé Manuel Martínez, Peque, substitúe a Antonio Rodríguez Touceda na cabeza da candidatura do BNG. Non é alleo ao labor municipal, xa que exerceu como concelleiro no anterior mandato en Valga.
-¿A que obedece esta mudanza na cabeza de lista?
-Houbo algunhas diferenzas que foron resoltas dentro da organización. Os compañeiros decidiron que fose eu.
-¿Vai mudar tamén a liña do BNG en Valga?
-As perspectivas, evidentemente, cambian porque Antonio e máis eu somos diferentes de carácter. Pero as ideas básicas non mudan, son moi semellantes. Cremos que Valga se estanca, non hai unha política seria e levamos cando menos dez anos así. Quitando o absoluto control, porque Valga é un réxime caciquil no que todo se dá e se fai a dedo, non hai nada, non hai políticas de emprego, non hai iniciativas culturais, só parches. Mesmo as subvencións pídense sen facer falla, para gastar por gastar. Non é lóxico, por exemplo, que para facer unhas vaquillas para a mocidade se gaste unha morea de pasta. Fálase incluso dun funicular ata O Barreiro. Deben de pensar que van vir os alemáns para ver os galeguiños sachando.
-¿Que é o primeiro que vostede faría se acadase a alcaldía?
-Tentar que o Concello fose realmente de todos. Facerlle ver á xente que o tipo que estivese na alcaldía traballa de alcalde, que non é o señor alcalde, que non hai que lle render pleitesía, que o alcalde ten que traballar pola xente porque Valga funciona como unha monarquía absoluta na que os veciños van falar con Maneiro como ían na Idade Media falar co señor feudal.

-O BNG votou a favor do polígono. ¿Vai manter ese voto?
-Cando se deu aquela polémica produciuse un malentendido. Nós, en asemblea, tiñamos unha decisión tomada. Pero o voceiro, chegada a hora do pleno, votou noutro sentido. Evidentemente hai que mudar as cousas nese proxecto. Pero non é só o polígono, estamos a falar dun plan xeral que, por exemplo, esixe á xente do rural un mínimo de 1.000 metros para construír, cando coa lei de vivenda anterior só eran 500 ou 600. ¿Quen pode ter esa superficie neste paraíso minifundista?

-¿Foi esa a razón do cambio na candidatura do BNG.
-Non. Todos quedamos abraiados cando Antonio votou que si, pero non foi máis aló. As cousas decídense democraticamente e non hai problema. As relacións son perfectas, en serio. El vén ás reunións e segue traballando.

-¿Que pasa coa radio que tantos problemas está a dar?
-Está demasiado condicionada por Maneiro, en plan Aló Presidente de Hugo Chávez. As preguntas, controladas, se hai algún problema sempre é culpa dos técnicos. Nós, a oposición, propuxemos uns debates. E de non ser así, unha entrevista a cada candidato. Que os membros da oposición, sexan quen sexan, teñan a posibilidade de expresar as súas opinións media hora, unha vez ao mes.

-¿E?.
-E nada. Seica facemos política. El inaugura o seu negocio e ven a secretaria de Comercio. Iso, claro, non é política.

Xosé Manuel Martínez, «Peque»
7 de outubro de 1971, en Cordeiro
Mestre particular
Concelleiro do BNG entre o 2003 e o 2007. ? a primeira vez que se presenta como cabeza de lista.

LA VOZ DE GALICIA, 27/04/11