ACP insiste en que se permita hablar a los vecinos en el Pleno.

El concejal de ACP de Pontecesures, Luis Sabariz, vuelve a solicitar al gobierno local que permita la intervención de los vecinos en los plenos, estableciento un turno de ruegos y preguntas del público al remate de cada sesión. No es una petición nueva. Sabariz ya la había formulado en noviembre de 2012 y entonces el teniente de alcalde, Ángel Souto Cordo, afirmó que se prepararía para los siguientes plenos ordinarios, en función de su ??carga de traballo?, un reglamento de participación ciudadana. ??Celebráronse os plenos de 2013 e do que vai de 2014, pero do regulamento prometido, nada de nada?, reprocha el edil independiente. ??Non sabemos a carga de traballo do señor Souto, pero a xestión do equipo de goberno está baixo mínimos: non hai orzamentos dende hai tempo, pérdense subvencións por non solcitalas, non hai asuntos que tratar nos plenos e faltan iniciativas?, continúa. Sabariz Rolán da por hecho que, en lo que resta de mandato, el Ejecutivo no elaborará el reglamento de participación ciudadana, ??quedando aquela frase do señor Souto como unha tomadura de pelo?.

El portavoz de ACP insta al alcalde a que acceda a que, a partir del Pleno del 26 de septiembre, los vecinos puedan efectuar preguntal en las sesiones ordinarias, y que lo anuncie a través de un bando. El reglamento de organización y funcionamiento de las entidades locales permite que el alcalde establezca un turno para intervenciones ciudadanas en los plenos, algo que para ACP ??é moi convinte, unha medida importante para fomentar a participación, achegar o Concello aos veciños nestes intres de desconfianza nas adminsitracións e ofrecer unha imaxe de transparencia e claridade?. Por ejemplo, Sabariz es partidario de ??escoitar? a la comisión que está recogiendo firmas entre los vecinos (llevan unas 300) en contra de la creación de pasos de peatones elevados en las calles del centro de la villa.

Diario de Arousa

O goberno local eleva os valores catastrais e confírmase a suba do IBI para os bens de menor valor.

Na ordenanza fiscal do imposto de bens inmobles (IBI) urbanos de Pontecesures, o tipo de gravame está fixado no 0,56 por 100. Para os exercicios 2012 e 2013 houbo un incremento de tipos por normativa estatal que subiron un 6% para os de maior valor catastral. Así, na práctica, os inmobles de valor catastral inferior a 33.160,22 ? seguiron co tipo do 0,56 por 100, mentres os superiores a esa cantidade pasaron a tributar ao tipo do 0,5936 por 100.

A Lei 16/2013 prorrogou esta situación para 2014 e 2015 e así en Pontecesures pagaríase o mesmo de IBI neste anos cos tipos anteditos en función do maior ou menor valor catastral.

Pero o goberno municipal de Pontecesures, para sorpresa de todos, solicitou a actualización dos valores catastrais que se multiplican polo coeficiente do 1,06 segundo o artigo 73 da Lei de Orzamentos Xerais do Estado para 2014 que publica a táboa dos coeficientes previstos no artigo 32.2 da Lei do Catastro Inmobiliario para os concellos que soliciten dita actualizacion en función do ano de entrada en vigor da última ponencia de valores (en Pontecesures foi en 2003). O sexa; elévanse o 6% todos os valores catastrais do municipio e o tipo de gravame para 2014 pasa a ser o 0,56 por 100 para todos os inmobles xa que nos concellos que suban os valores catastrais non se aplica a prórroga dos tipos elevados por normativa estatal, pasando a rexer o que figura na ordenanza fiscal (as dúas medidas son incompatibles). A decisión foi, coma sempre, sen contar coa oposición e sen discutir cos axentes sociais.

Con esta suba dos valores catastrais, os recibos de IBI dos bens de menor valor catastral vanse elevar nun 6%, algo moi prexudicial para as economías familiares nestes tempos.

Considérase negativo para a veciñanza o incremento dos valores catastrais e máis sen explicar o executivo local a decisión a ninguén. Esta suba vai afectar a outros tributos (renda, patrimonio, plusvalías, etc..) e incluso pode ter incidencia en expedientes de axudas, sobre todo de asistencia social (cálculo de prestacións en función de rendas e valores de bens propios, xustiza gratuita, bolsas de estudos, etc..).

Tiña a posibilidade o goberno local de baixar un chisco o tipo de gravame do IBI modificando a ordenanza fiscal para evitar a suba do recibo de 2014, pero permaneceu impasible deixando pasar o tempo e así, «de tapadillo», a suba dos recibos dos bens de menor valor catastral nun 6% é unha realidade para 2014.

En fin; que o BNG e o PSdeG-PSOE de Pontecesures por unha banda apoia as mobilizacións de todo tipo de colectivos opostos aos recortes dos gobernos nacional e autonómico, e por outra súbelle o IBI precisamente as persoas cos bens de valor máis baixo. O mundo ao revés; por un banda «aproveita» a normativa estatal do PP para ter maior recadación co IBI no concello, e por outra critica todo tipo de medida dos populares. Montarían en cólera se estiveran na oposición, pero como gobernan, sempre a recadar (subiron as taxas do auga, do saneamento, dos cemiterios, da gardería, da piscina, agora do IBI) sen eliminar, iso sí que non, as tres exclusivas que perciben os tenentes de alcalde do goberno local.

Pontecesures, 28/02/14

Luis Ángel Sabariz Rolán
Concelleiro da ACP Pontecesures

O dos asfaltados en Pontecesures solicitados á Xunta quédase en nada.

Os concellos de Pontecesures, Caldas de Reis, Moraña e Portas presentaron unha solicitude ao abeiro da Orde de Vicepresidencia e Consellería de Administracións Públicas e Xustiza publicada o 09/08/13 para a execución de infraestruturas de uso público adicadas aos concellos.

O goberno local, a través da concellería de obras e urbanismo, anunciounos a «bombo e platillo» que foran incluídas 12 actuacións de asfaltados en camiños e rúas municipais (rúa Mimosas, pista Cortinallas, o Telleiro, rúa Otero Acevedo, etc..) por importe de 57.500 euros dos que tiña que achegar o concello 11.500 euros.

O goberno local de Pontecesures enviou os planos e os orzamentos das doce actuacións ao Concello de Caldas de Reis, que foi o que se encargou de solicitar a tramitación conxunta logo de agrupar nun proxecto as obras dos catro concellos. Teño que facer unha primeira crítica xa que solicitei consultar o proxecto na Casa do Concello de Pontecesures, e o alcalde, sorprendentemente, contestoume o 7 de outubro pasado que tiña que ir consultalo ao Concello de Caldas, algo insólito pois nesa data o documento xa estaba na nosa casa do concello. Estas son as formas que ten o goberno municipal de tratar aos concelleiros da oposición.

A pesar de que se daba por segura a concesión da subvención por parte da administración autonómica, iso non sucedeu. Pero o grave non é a denegación, o grave foi que a solicitude non foi sequera admitida a trámite pois non se cumpriron os requisitos da convocatoria, xa que os 57.500 euros era a cantidade máxima que se podía solicitar en total, e non 57.500 euros cada un dos catro concellos. Ademais, non se podían incluir asfaltados por considerarse que son ocasionados para reparar fochas en vías públicas (artigo 2 da Orde).

Estamos ante un ridículo espantoso pois sen interpretar ben a orde, (deben consultarse sempre as dúbidas á administración autonómica), tirase para adiante cunha tramitación absurda e perdendo o tempo os traballadores e os gobernantes dos catro concellos. E para isto temos tres concelleiros cobrando una dedicación exclusiva en Pontecesures.

Por se fora pouco convocouse para o pasado día 21 de novembro unha comisión informativa de facenda no Concello de Pontecesures para tratar da modificación orzamentaria co fin de habilitar o crédito de 11.500 euros e afrontar a achega municipal destas obras. A sesión era ás 13:00 horas, pero sobre as 10:30 horas chegou ao concello un fax comunicando a non admisión a trámite da solicitude. En lugar de desconvocar a sesión avisando aos integrantes da suspensión da mesma (non había outros puntos para tratar) e aforrar os cartos pola asistencia á sesión dos concelleiros, celebrouse para dicir que xa non había nada que tratar. E deste xeito gástanse os cartos de dita asistencia á sesión. Unha total descoordinación e desbaraxuste do goberno local. Lamentable.

Pontecesures, 30/11/13

Luis Ángel Sabariz Rolán
Concelleiro da ACP Pontecesures

Nota da ACP sobre o pleno dos orzamentos.

O pleno, celebrouse ás 13:30 horas da mañá, e o documento, prácticamente unha mera liquidación pois xa estamos en decembro, ascende a 1.829.176.97 euros e aprobouse cos seis votos do goberno (BNG/PSOE/TeGa) e os cinco en contra da oposición (PP/IP/ACP).

A ACP desexa facer público o seguinte:

1. Estamos ante un goberno totalmente ineficaz que trae a un pleno extraordinario o documento orzamentario de 2012 en decembro, convocando o pleno sen cumprir os prazos legais, sen consensuar nada, e aínda por enriba con sesión de mañá para que o feito pase desapercibido na veciñanza.

2. Resulta inconcibible que o presidente da corporación non explique nada ao presentar os orzamentos na sesión. Se o debate orzamentario é o debate por excelencia, o alcalde amosa una pasividade total e deixa claro que a súa intención era pasar un mero trámite para votar e punto.

3. Concédense no orzamento as subvencións nominativas aos clubs e asociacións de un xeito totalmente arbitrario con favoritismos provocando o descontento dos integrantes de varios destes colectivos (algún deles presente na sala). Nin se informou a ninguén dos representantes con anterioridade e aínda por enriba trocouse o importe das subvencións nunha reunión urxente do equipo de goberno que tivo lugar onte domingo. Parece que o goberno local cede ante quen máis reclama e actúa con disparate tras disparate.

4. Está preocupado o goberno local coa estabilidade orzamentaria e toma decisións que ninguén entende. Como se lle dixo na sesión este pequeno concello non pode soportar o gasto de tres dedicacións dos tres tenentes de alcalde cun gasto total de máis de 75.000 euros. Hai que comezar o recorte por aquí.

5. Por certo; o concelleiro socialista de educación e deportes, Roque Araújo, nin falou no pleno a pesar da polémica decisión sobre as subvencións aos clubs deportivo e á ANPA. Tampouco o fixo a concelleira nacionalista de cultura, Margarita García Castro, polas subvencións ás asociacións culturais (o habitual pois a xestión desta concelleira é practicamente nula). Mutis polo foron tamén fixo o 1º tenente de alcalde, Ángel Souto (TeGa), tan locuaz noutras ocasións. Notouse ben que PSOE e TeGa tiveron que levantar a man non con moito convencemento.

Pontecesures, 03/12/12

Luis Ángel Sabariz Rolán
Concelleiro ACP Pontecesures

Subvencións do concello para asociacións e clubs de Pontecesures para este 2012.

No proxecto de orzamentos que ses debate o luns 3 no pleno aparecen reflectidas as seguintes subvencións nominativas para o mentemento e promoción de actividades:

-Club Náutico Pontecesures, 11.000 euros
-Club Baloncesto Río Ulla, 1.600 euros
-Ulla Club de Fútbol, 1.600 euros
-ANPA CPI Infesta, 500 euros
-AC Xarandeira, 500 euros
-Asociación A Barcarola, 500 euros
-AC Algueirada, 500 euros
-Club TX RACE, 300 euros
-Agrupación Voluntarios Protección Civil, 300 euros
-Faiado da Memoria, 1.000 euros
-Asociación Mirándolle os Dentes, 10.000 euros
-TOTAL, 27.800 EUROS

-En 2010 e 2011 (este último ano con orzamento prorrogado) as entidades e cantidades foron en cada un destes dous anos:

-Club Náutico, 12.000 euros
-Club Baloncesto Río Ulla, 2.600 euros
-Pontecesures CF, 2.600 euros
-ANPA CPI Infesta, 1.000 euros.
-AC Xarandeira, 1.000 euros
-Asociación A Barcarola, 1.000 euros
-AC Algueirada, 1.000 euros.
-Club TX RACE, 300 euros
-Agrupación de Voluntarios de Protección Civil 300 euros.

TOTAL, 21.800 euros

O luns 3 de decembro pleno extraordinario dos orzamentos 2012 en Pontecesures.

Será ás 13:30 horas coa seguinte Orde do Día:

1. Actas anteriores.
2. Proxecto do Orzamento Municipal 2012

Para ás 11:00 horas do mesmo día está convocada a Comisión Informativa Especial de Contas, Facenda e Patrimonio e despois, de seguido, haberá a reunión do goberno local cos representantes sindicais para analizar o proxecto de orzamento.

Aínda que a hora e complicada para todos, dende a ACP facemos un chamamento aos veciños para que acodan ao pleno. Todo indica que o debate vai ser intenso é interesante e resulta importante coñecer «in situ» as opinións e as posicións dos representantes das forzas políticas.