Nota da ACP sobre o pleno dos orzamentos.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán en

O pleno, celebrouse ás 13:30 horas da mañá, e o documento, prácticamente unha mera liquidación pois xa estamos en decembro, ascende a 1.829.176.97 euros e aprobouse cos seis votos do goberno (BNG/PSOE/TeGa) e os cinco en contra da oposición (PP/IP/ACP).

A ACP desexa facer público o seguinte:

1. Estamos ante un goberno totalmente ineficaz que trae a un pleno extraordinario o documento orzamentario de 2012 en decembro, convocando o pleno sen cumprir os prazos legais, sen consensuar nada, e aínda por enriba con sesión de mañá para que o feito pase desapercibido na veciñanza.

2. Resulta inconcibible que o presidente da corporación non explique nada ao presentar os orzamentos na sesión. Se o debate orzamentario é o debate por excelencia, o alcalde amosa una pasividade total e deixa claro que a súa intención era pasar un mero trámite para votar e punto.

3. Concédense no orzamento as subvencións nominativas aos clubs e asociacións de un xeito totalmente arbitrario con favoritismos provocando o descontento dos integrantes de varios destes colectivos (algún deles presente na sala). Nin se informou a ninguén dos representantes con anterioridade e aínda por enriba trocouse o importe das subvencións nunha reunión urxente do equipo de goberno que tivo lugar onte domingo. Parece que o goberno local cede ante quen máis reclama e actúa con disparate tras disparate.

4. Está preocupado o goberno local coa estabilidade orzamentaria e toma decisións que ninguén entende. Como se lle dixo na sesión este pequeno concello non pode soportar o gasto de tres dedicacións dos tres tenentes de alcalde cun gasto total de máis de 75.000 euros. Hai que comezar o recorte por aquí.

5. Por certo; o concelleiro socialista de educación e deportes, Roque Araújo, nin falou no pleno a pesar da polémica decisión sobre as subvencións aos clubs deportivo e á ANPA. Tampouco o fixo a concelleira nacionalista de cultura, Margarita García Castro, polas subvencións ás asociacións culturais (o habitual pois a xestión desta concelleira é practicamente nula). Mutis polo foron tamén fixo o 1º tenente de alcalde, Ángel Souto (TeGa), tan locuaz noutras ocasións. Notouse ben que PSOE e TeGa tiveron que levantar a man non con moito convencemento.

Pontecesures, 03/12/12

Luis Ángel Sabariz Rolán
Concelleiro ACP Pontecesures


0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.