A los 80 años de edad, falleció hoy Eduardo Paz Barreiro, esposo de «Teresuca» Fajardo Castaño. Ámbos regentaron el emblemático restaurante Casa Castaño durante muchos años.
El cadáver está siendo velado en la Sala 3 del Tanatorio Iria Flavia de Padrón, y mañana lunes, día 9 de junio, a las 19:30, se celebrará el funeral en la Iglesia Parroquial de Pontecesures. Posteriormente se le dará sepultura en el cementerio de San Xulián. Descanse en paz.
Concello
O BB3 gañou o campionato de dardos «Concello de Pontecesures» en equipos femininos.
Disputóuse onte no Polideportivo Municipal de Pontecesures este campionato feminino. A entrega de Premios foi esta tarde xunto, coa entrega dos premios ós equipos mixtos e ós competidores individuais.
Gañou o BB3, 2º foi o Bouzón 3, 3º o Casa Pérez, 4º o Abadía, 5º o Dimensión, 6º o Bouzón, 7º o Onice, 8º o Choco, 9º o Baltasar e 10º La Noche.
Entregaron os premios dos tres concursos, a alcaldesa de Pontecesures, Maribel Castro, o concelleiro de deportes, Javier Quintá, o 2º tenente de alcalde, Luis Sabariz e a concelleira nacionalista, Cecilia Tarela.
Concello
O Dimensión, en categoría mixta, gañou o campionato de dardos «Concello de Pontecesures»
O segundo clasificado foi o Dimensión 2 e o terceiro foi o Bouzón.
Dende o posto 4º ata o lugar 32º clasificáronse os seguintes equipos: Miniño, Faiscas, Casa Pérez, Onice Padrón, La Noche, Abadía, Carabela, Anubis, Máscara 2, Bouzón 2, Nu 2, La Noche 2, Pedras Millo, Baltasar, Baltasar 2, Chenlo, Máscara, Máscara 3, La Noche 3, Rancho CA 2, Exceso, Frenazo, Empalme, Escola, Campiño, Rancho, Tentación, Sedami e Rock Star.
Concello
Cándido López, do Dimensión, gaña o torneo individual de dardos «Concello de Pontecesures»
Hai uns minutos rematou a competición de dardos no Polideportivo de Pontecesures que foi gañada por Cándido López do Dimensión. Subcampión foi Juan «Lula» tamén do Dimensión, mentres que Luis Bouzón do Baltasar foi o 3º clasificado.
Clasificáronse dende o 4º posto e ata o lugar 50º, por este orde: Santi Bouzas (Baltasar), Javier Fuentes (Rancho Extra), Ángel Souto (Nu 2), Rodrigo Rey (Onice), Santi Santos (Máscara), Neno Bouzón (Bouzón), Bea Loureiro (Bouzón), Fran Paz (Casa Pérez), Manuel Villaverde (Casa Përez), Simón Iglesias (Baltasar), Vanesa (Abadía), Ángel Rey (Onice), Carlos Blanco (Dimensión), Manuel Campos (Casa Pérez), Cruz del Oro (Baltasar), Salva (Casa Pérez), Marco Ces (Bouzón), Junior Tarrío (Faiscas), Raúl Mariño (La Noche), Suso (Casa Pérez), Sonia Bustelo (Máscara), Pablo Muñiz (Choco), Maika (Abadía), Yoli Vieites (Carabela), José Luis Valiño (La Noche), Marta Beiró (Máscara), David Mosquera (Máscara), Víctor (Casa Pérez), Alex García (Máscara), Christian Barreiro (Abadía), Casandra Sánchez (Casa Pérez), Diego Bouzón (Choco), Juanjo Fontoba (Faiscas), J. Alberto Pimpi (Bouzón), Ángela Padermo (Baltasar), Laura Laíño (Casa Pérez), Ángel Otero (Máscara), Pablo Xavou (Nu 2), Plácido Rodríguez (Máscara), Víctor Fungueiriño (Faiscas), Rocío Angueira (Onice), Marisol Pedreira (La Noche), Javier Losas (Máscara), Carlos Pana (Baltasar), Héctor González (Máscara), Fermín Choco (Choco) e José Catalán (La Noche)
Sociedade
A parroquia informa, de novo, sobre a recadación para abonar a calefacción do templo.
Na revista «Pueblo de Dios» da Parroquia de Pontecesures, distribuído nesta data, infórmase que o recadado ata agora en donativos de particulares para a instalación da calefacción de gas natural do templo ascende a 4.730 ?.
Concello
Remata a tempada de ximnasia de adultos en Pontecesures.
A pasada semana remataron estas clases que tiveron lugar no Polideportivo de Pontecesures dende outubro de 2007.
Houbo o venres día 6, na «Parrillada Criollo» unha cea de despedida das alumnas (arredor de 18 mulleres) co monitor Antonio Sande. As alumnas entregaron na cea a este monitor padronés, un agasallo como agradecemento ó seu labor, e polo seu próximo casamento o vindeiro 2 de agosto.
A ximnasia para adultos reanudarase en setembro-outubro próximo.