Programa de balnearios da Deputación de Pontevedra.

O concello de Pontecesures participa no Programa Diurno de carácter lúdico no Balneario Termas de Cuntis-Quenda de Outono, que organiza a Deputación de Pontevedra, poñendo 20 prazas a disposición dos veciños/as que cumpran os requisitos de participación.

O Programa facilita a asistencia ó Balneario de Cuntis durante unha semana (de luns a venres) incluíndo o transporte e a estadía de 2 horas diarias durante as que se poderán utilizar as instalacións do balneario incluídas no programa. A quenda desenvolverase nos meses de setembro, outubro ou novembro.

Os/as participantes teñen que aboar 3,60 �/día, isto é 18 � (inclúe os traslados en autobús e o uso das instalación do balneario).

Requisitos:

* Estar empadroados/as e ter domicilio en Pontecesures.
* Valerse por sí e non padecer alteracións de comportamento nin enfermidade infecto-contaxiosa.
* Cumprir algúns dos seguintes requisitos específicos:
** Seren pensionista, ou
** Seren coidador/a principal dunha persoa dependente, ou
** Teren 50 anos cumpridos.

As solicitudes presentaranse acompañadas do DNI, Certificado de empadroamento, Informe Médico, e outros documentos que acrediten as circunstancias alegadas na solicitude.

O prazo para presentar as solicitudes estará aberto ata o 4 de setembro.

Para máis información poden dirixirse ó Servicio Social de Atención Primaria do Concello de Pontecesures os luns, martes e venres de 9 a 13,30 horas.

ENCE devuelve al Concello de Pontecesures una parcela en Salgueiras-Lagoa después de diez años de propiedad.

El grupo empresarial Ence ha hecho pública su renuncia de los terrenos y de los trabajos de investigación forestal que estaban llevando a cabo en una parcela de cerca de 12 hectáreas de monte municipal de Salgueiras-Lagoa en Pontecesures, según ha explicado el director de Desarrollo e Innovación de la empresa, Joaquín Fernández Ruiz. Con esta cesión se cierren años de disputas entre el gigante empresarial y el Concello.

(más…)

Queixa: Horarios de verán da Biblioteca Municipal

Un veciño mandou fai uns días un correo electrónico a redaccion@pontecesures.net comentando os problemas que existen á hora de acceder á Biblioteca Pública para estudar e preparar os exames de setembro, xa que dende o 22 de xullo só abre polas mañás.

Esto implica que varios veciños fagan uso da biblioteca de Padrón e outros servizos ante o cambio do horario habitual da nosa biblioteca. Este estudante, plantexaba no seu correo electrónico:

«o e que no vran sei que se reforzan outros servicios publicos como o de policia local ou asi, e o da biblioteca… pois solo seria unha persoa ainda que fora a media xornada, que catro horiñas de biblioteca pola tarde si que prestaban.»