Petición: «impactos» na prensa

Unha das funcións de esta web é que calquera veciño poda solicitar información, anunciar calquera cousa, a outros veciños. E vou a empregar esa función:

A miña moza ven de levar a comunicación da inauguración dunha tenda da franquicia galega Nanos, de roupa para nenos, en Sevilla, apadriñada esta inauguración pola modelo Laura Sanchez e o seu home, o futbolista Aitor Ocio.O seguemento por medios rexionais (televisión, prensa, radio) aquí en Andalucía foi moi grande. Como o comunicado de prensa foi enviado tamén a medios galegos, ela necesita saber en que medios galegos publicouse a nova.

Dende aquí non temos acceso ós xornais galegos en papel, polo que a miña petición e sinxela: Si alguén ve estos días unha nova nalgún xornal sobre este evento pode indicarnos O xornal e a data de publicación.

Sin más agradecendo calquera axuda, despidome cun saudiño.

Antonio Cortés

P.D.: Calquera petición/anuncio/comunicado podese enviar, coma sempre, a redaccion@pontecesures.net. As respostas a este directamente á miña dirección antonio@pontecesures.net ou coma un comentario nesta páxina.

Catro gaiteiros de Algueirada participan no concurso «Xiradela».

NOTA DA ANPA DO CPI PONTECESURES

Os gaiteiros do Grupo Folclórica ??Algueirada?, pertencente a ANPA do CPI Pontecesures, Adriana Rivas Seijo, Lorenzo Rivas Seijo, Eric Torres Naveira e Miguel Castaño (este último é o monitor) participarán o domingo 1 de abril no VIII Concurso de Música tradicional ??Xiradela 2007? que se celebra no Centro Cívico Cultural do Concello de Arteixo
No concurso de cuartetos, os integrantes citados interpretarán ??Vals tradicional? e ??Muñeira de Maio?
No concurso de solistas, Adriana Rivas Seijo interpretará ??Lixeiriña? e ??Muiñeira de Maio?, mentres que Eric Torres Naveira interpretará ??Muiñeira de Teixeira de Bao? e ??Xota de San Clodio?.
Dente a Xunta Directiva da ANPA desexámoslle moita sorte aos nosos gaiteiros neste prestixioso concurso de música tradicional.

Pontecesures, 30 de marzo de 2007

Luis Angel Sabariz Rolán

A Deputación de Pontevedra contrata dous peóns para traballar ás ordes do concello de Pontecesures.

deputacion.jpgDentro do Plan de Actuacións Diversas 2007 da Deputación de Pontevedra este organismo contratou aos peóns Natalia Potel Saborido e José María Martínez Caamaño por tres meses para realizar tarefas nos servizos municipais (a Deputación aporta o 75% do custo, mentres o concello o 25%). O propio órgano provincial presentou unha oferta de emprego na oficina de emprego de Vilagarcía e logo as persoas preseleccionada despois da sondaxe foron entrevistadas para decidir as dúas persoas elixidas

El Valedor do Pobo advierte al alcalde de Cesures de que podría declararlo «hostil e entorpecedor».

El Valedor do Pobo acaba de hacerle una advertencia al alcalde de Pontecesures, Manuel Luis Álvarez Angueira: «Que se no prazo máximo de quince días a contar desde a data deste escrito (22 de marzo) non se recibe nesta institución o informe, que unha vez máis lle requerimos, o Valedor do Pobo procederá a facerlle a declaración de hostil e entorpecedor das súas funcións en canto se refire á tramitación da presente queixa».
(más…)