Radio Valga pone el retrovisor en Internet.

D Seijas

Daniel Seijas es el responsable de «Palco de Estrelas,» uno de los espacios estrella de Radio Valga.

Ni la Cadena SER, ni la Cope, ni Radio Marca. Ni siquiera Radio Nacional de España. Ninguna de estas históricas emisoras, referencias todas ellas a nivel nacional, pueden con Radio Valga, en lo que a escuchar por Internet se refiere.

Según datos publicados por la pagina web Raddios.com, la plataforma del Ulla se convirtió durante los meses de julio, agosto y septiembre en la emisora más escuchada de España a través de este portal. El mérito es incuestionable, máxime cuando a día de hoy conviven ahí muchas transmisiones. La página web de Radio Valga recibió una media de 2.000 visitas durante esos períodos. Solo la Cadena Ser-Madrid, con 1.789, de la acercó mínimamente.

Dirigida por Héctor Bermúdez, la emisora de Valga comenzó su andadura a través de Internet hace apenas dos años. Poco podían imaginar entonces sus responsables que, 24 meses después, se convertirían en una referencia en el mundo virtual. Adriana González, presentadora de «Moito máis que música»; Veracruz Montoto («Meigas na leira»), y Daniel Seijas son los responsables del éxito. Mención  especial merece este último, cuyo programa «Palco de Estrelas», es el más escuchado en su franja horaria.

Es precisamente este espacio, dedicado a informar sobre las novedades relacionadas con los diferentes grupos de música que existen en Galicia, uno de los grandes referentes de Radio Valga. Su responsable recuerda que el programa vio la luz «porque moita xente o pedía. As orquestras en Galicia teñen moita importancia e nós fomos os primeiros en emitir ukn espazo destas características. Despois seguiron o noso exemplo outras emisora, pero nós somos os pioneiros».

A Seijas, natural de Redondo (Pontecesures), se le nota a la legua que su trabajo en Radio Valga le encanta. «Palco de Estrelas» se emite en riguroso directo todos los jueves, entre las 20 horas y las 4 de la madrugada. Toda la responsabilidad de la emisión recae sobre él. «Fago o programa eu só; nunca se deixou de emitir, nin sequera se para por vacacións», enfatiza. El éxito de este espacio, uno de los grandes «culpables» de que Radio Valga triunfe a través de Internet, es su variedad de contenidos. «Damos información sobre as orquestras: actuacións, contratacións de músicos e cantantes…Tamén poñemos música, emítense entrevistas e animamos á xente a que faga dedicacións musicais, entre outras cousas» enumera Daniel Seijas.

El joven dio sus primeros pasos en la radio a finales de los años 90. «Tiña 16 anos, aínda estaba no instituto» rememora. Ahora celebra que la emisora de la comarca del Ulla, que también se puede sintonizar a través del 107.9 de la FM, tenga tanto seguimiento a través de Internet. «Ten moito mérito que unha plataforma municipal, de carácter comarcal, que conta con moi poucos medios, poida sumar máis ouíntes que a todopoderosa Cadena Ser», señala con orgullo.

Pero las escuchas a través de la Red no se limitan solo al ámbito nacional. Los responsables de Radio Valga cuentan con un gran número de seguidores en el extranjero. «Sabemos que nos escoitan dende Brasil, Argentina, suiza ou Alemaña. Moitos deles son emigrantes galegos, pero temos constancia de que tamén nos seguen xente que naceron neses países», indica Seijas, que explica el secreto para que «Palco de Estrelas» consiga mantener la atención del oyente, a pesar de su extensa duración. «non só se fala de música. Ademais de dar a información sobre as orquestras e poñer música, tamén estou moi pendente do que sucede no mundo. De feito, nós avisamos da tregua definitiva por parte da banda terrorista ETA».

Y así, por logros como este, Radio Valga es toda una referencia macional.

Diario de Pontevedra

?xito de Radio Valga a pesar de la crisis económica.

Radio Valga sobrevive en una época en la que la crisis económica está causando estragos en el sector de la comunicación. La plataforma comarcal no es ajena a esta situación, pero, de momento, está saliendo adelante. A día de hoy cuenta con una persona empleada, además de otros dos trabajadores contratados gracias a una subvención otorgada por la Deputación de Pontevedra. Por su parte, Daniel Seijas es colaborador.

La programación de Radio Valga es muy variada. En ella se pueden encontrar programas de música en los que suenan temas que no son fáciles de encontar en la radiofórmula de las grandes cadenas. Además, también se realizan entrevistas a políticos locales.

Diario de Pontevedra

Accidente de tráfico na rúa José Novo Núñez de Pontecesures.

Esta noite houbo unha colisión de dous vehículos na intersección da rúaVíctor García coa rúa Novo Núñez de Pontecesures (N-550). Un saía á nacional dende a primeira das rúas e o outro circulaba pola nacional en dirección a Pontevedra que ademáis bateu contra a casa situada no número 5 da rúa Novo Núñez causando danos nunha ventá e na pedra da fachada.

O conductor dun dos coches foi evacuado en ambulancia. Personáronse no lugar efectivos do GES de Valga e da Garda Civil de Tráfico

«Nunca collería unha Alcaldía cun só edil, pero hai quen o fai e é legal e democrático».

Lorena Castro

Luis Álvarez Angueira (Pontecesures, 1962) anunciou hai unha semana a súa intención de non volver presentarse como candidato á Alcaldía despois de 24 anos na Corporación, doce deles como primeiro edil co BNG.

Liberado? Aliviado? Igual?

? unha decisión meditada de hai meses, os meus compañeiros xa o sabían e só foi facelo público.

Os veciños comentáronle algo?

Algúns dinme que me debía volver presentar, outros que fixen ben porque son moitos anos… Hai un pouco de todo. Creo que entenden e respetan a decisión persoal. Vintecatro anos xa pesan.

E entre os compañeiros da Corporación que reacción houbo?

Boa. ? entendible. Teño dificultades. Ir dar clase, vir… Pasa factura no sentido persoal e non tes a motivación inicial. Hai que dar paso á xente nova, con ganas. Foron etapas moi distintas. O BNG nunca gobernou con maioría (agora faino con PSOE e TeGa) e en cada mandato tivo apoios diferentes.

De cal ten mellor e peor recordo?
Presenteime por primeira vez en 1991 e estiven dous mandatos na oposición. No primeiro estaba de alcalde Piñeiro Ares (PP). O BNG e unha lista independente formamos parte da historia transformadora de Pontecesures porque foi a posibilidade de que houbera un alcalde diferente. Gobernaban os independentes de Victoriano Trenco, que pouco despois se pasaron ao PP, algo que sospeitabamos. En 1999 accedín á Alcaldía e desde entón -agás os anos na oposición entre 2007 e 2011- quizáis desde o punto de vista da tranquilidade persoal, sen agobios, este é o mandato máis tranquilo. Noutros sempre había tensións, tiranteces, momentos difíciles. Incluso a Corporación en xeral é máis sensata.

Inflúe neste aspecto que non teña a dedicación exclusiva?

Só tiven cinco meses de dedicación exclusiva en doce anos. Pero si inflúe. Antes tiña que ir a Vilalonga (Sanxenxo), agora dou clase en Noia, vivo en Taragoña (Rianxo)… Os horarios dificultan estar aquí. Non é igual vir de oito a dúas que cando podo. Iso tamén pesa. Con dedicación implicaríame máis. ? o momento ideal para relevar.

Cal foi o peor momento?

Cando os plenos se convertían en verdadeiros circos. Pásalo mal, persoalmente, pola familia… Teño que recoñecer que este mandato é máis tranquilo e é de agradecer.

Que lle quedou por facer?

Moitas cousas. Desde o parque empresarial, o centro de día, un pequeno local para actividades e para o asociacionismo, unha ordenación axeitada do monte para sacarlle uha rendibilidade que nunca miramos, adquirir os terreos de Valga situados no peirao, a recuperación da ponte vella ao lado da vía, os antiguos pilares da vía férrea e facer un sendeiro fluvial ata Padrón… Pero ao estar cogobernando sempre tes máis dificultades para acordar. Nestes momentos é máis problema económico. Non podemos afrontar infraestruturas destas caracteríticas nun concello cun presuposto limitado.

Pode ser que o apoio doutras administracións con Pontecesures non fora igual que con outros concellos?

? certo que se es doutro partido posiblemente che axudaran máis, pero tampouco creo que sexa absolutamente así. Inflúe, pero é unha cuestión da achega que ten que poñer o Concello, que a Pontecesures a confinanciación lle resulta elevada en proxectos grandes. Nunca se endebedou o Concello, que puido terse feito habendo superávit. Non sei por que, porque creo que os cartos están para gastar e servir aos veciños.

O BNG contou con apoio de distintos grupos. Como explica que haxa formacións políticas ou concelleiros que pasen de ser socios nun momento determinado a ser…?

Inimigos.

Máis ben rivais políticos

Non sei ata hoxe en día as razóns polas que se chegou a esa situación. Eu laméntoo, porque á fin e ó cabo somos veciños e chegar a situacións enfrontadas non é bo para as familias, nin para o pobo nin para niguén. Deuse e contra iso non se pode loitar. Non teño unha explicación. Se soubera eu que causou este detonante… Tamén hai persoas que están en distintas opcións políticas ao longo da súa traxectoria política. Por desencanto, porque as direccións dos partidos provinciais toman decisións erradas, que causan mosqueos na agrupación local… Iso xera o que pasou en Cesures: oito listas. E iso está ben, porque é un síntoma democrático, pero non tanto porque estamos falando de 106 candidatos en 2011. Tamén é certo que en 1996, cando Piñeiro Ares deixou de ser alcalde, só había tres listas (PSOE, BNG e PP) e a partir de aí houbo unha proliferación de listas. O que dá que pensar que había medo a enfrontarse a aquel alcalde. No BNG fomos coherentes na nosa traxectoria e as loitas de poder que poida haber nalgunha agrupación, algún tipo de oportunismo político, fixeron que algúns cambiaran. Ou simplemente por estar disconformes coas direccións provinciais. No noso caso sempre fomos o que somos e o seguiremos sendo.

Hai moitos casos distintos. Referíame a IP, ACP, grupos cos que nun momento gobernou o BNG e que noutro os tivo en fronte.

Iso habería que preguntarllo máis que nada a ela -en alusión a Maribel Castro, candidata de Independentes de Pontecesures (IP), quen lle arrebatou a Alcaldía en 2007, despois de catro anos como socia de goberno, co apoio do PP e de ACP, o terceiro do tripartito-.Pesou máis ter unha Alcaldía. Democraticamente é posible e fíxoo, non hai nada que reprochar. Eu persoalmente nunca collería unha Alcaldía tendo un só concelleiro, pero hai xente que o fai. En 1996, cando Victoriano foi alcalde (como independente, antes de pasar un ano despois ao PP), tiñamos dous edís e podiamos esixir a Alcaldía, pero non se nos ocurriu baixo ningún concepto. O máis normal é que goberne quen teña catro concelleiros. Nós daquela axudamos a votar a Victoriano como alcalde e que non fora Piñeiro Ares.

Como pode ser que Pontecesures, con pouco máis de 3.000 habitantes, teña sempre tantísimas candidaturas?

Hai pouca poboación, pero moita densidade. Ten pouca extensión. Creo que inflúe que é un pobo pequeño, todos nos coñecemos, hai moito asociacionismo, moita implicación a nivel deportivo, cultural… Iso fai que haxa un revulsivo de participación cidadá e iso pode animar a alguén a presentarse en política para formar parte da solución dos problemas dos cidadáns. Outros poden ir por revanchas, por conseguir certa capacidade de manobra para obter un cargo ou algo. Pero iso non é a maioría. O malo é que hai moitas candidaturas.

E dificulta un pouco a gobernabilidade. Non é fácil lograr unha maioría…

Non é fácil porque estamos acostumados a que como quero utilizar o meu cargo para presionar ou me das isto ou non che apoio. Se se utiliza a política como un instrumento para beneficio persoal, iso é malo. Se nun principio a utilizamos en beneficio colectivo, está ben, pero se é para ter unha Alcaldía, unha dedicación exclusiva, uns beneficios é cando se convirte en perniciosa. A política é boa en si, pero pódese converter en mala porque está feita polos homes. Eu sei cal é a miña, pero non as intencións das outras persoas que se presentan. A miña é mellorar a situación dos veciños do pobo. Outras veces é por cabreos. No PP houbo dúas listas porque non gustou como se elixiu o candidato, pero iso crea mala imaxe. A política ten que estar por riba dos intereses persoais, de amiguis- mos e dos conflictos internos dos partidos.

Cre que nas próximas eleccións se volverá dar esta situación?

Descoñézoo. A situación, tal e como está, non é para botar moi- tas flores. Os alcaldes non temos moi poder, estamos limitados, son crebadeiros de cabeza. Sempre digo que os veciños teñen que elixir os máis aptos para gobernar o pobo. Pode haber dificultades de gobernabilidade? Claro, porque entón estamos falando do de antes. Cando a xente se pon de acordo para resolver os problemas dos veciños é doado, pero cando hai intereses escuros por detrás é máis difícil.

«A política estase a converter nun proceso xudicial constante»

Cal foi o mellor momento como alcalde?

Quizais cando se lle dedicou a rúa a Avelino Pousa Antelo, o nomeamento de Fillo Predilecto a Borobó, a rúa de Carlos Bóveda, a María Magariños ??a Cuca??… Non son grandes obras, pero foron cousas emotivas. Tamén, como satisfacción persoal, a reforma do Club Náutico, aínda que puido facerse mellor, a escola infantil… Dáme pena que non se fixera un centro de día.

O peor?

O que dixen. Cando os plenos se convertían en circos. Unha cousa moi tensa, agobiante e moi desagradable. Penso que quedaron na historia. Podo recibir críticas, pero non veño facer o pallaso nin son un animal de feira. Ninguén o somos. Creo que esa imaxe non é positiva para o pobo.

Está pendente de xuízo no proceso polo caso do gasoil, acusado de malversación de fondos públicos. Dixo que es¬taba tranquilo, pero influíulle nestes anos?

Para nada, se non, non me tería presentado en 2011. Levo oito anos con ese tema, está nos xulgados, vai para adiante. Non me vou por iso.

Agora xa parece raro que non haxa un alcalde imputado.

Toda persoa que comete un delito ten que cumprir, pero a denuncia alegre e imputación… Primeiro hai que presupoñer a inocencia ata que se demostre o contrario. Ás veces a política convértese nun proceso xudicial constante. Hai que ser transparente, pero agora calquera é sospeitoso. Non todos os políticos son iguais, pero nos medios de comunicación fanse xuízos paralelos e a xente ten esa impresión. Quen lle resarce a súa vida a esas persoas que xa quedaron sinaladas.

Diario de Pontevedra

La ACP pide al gobierno local que escuche a los vecinos en el tema de los badenes elevados.

Presentadas 582 firmas de vecinos y 45 de, prácticamente, todos los titulares de establecimientos comerciales del centro de Pontecesures, está muy claro que es un clamor la oposición de la ciudadanía al proyecto de elevar los pasos de peatones en las calles Portarraxoi, San Lois y Sagasta. El gobierno local no puede hacer oídos sordos a esta petición y debe reconsiderar su postura.
La ACP considera que debe solicitarse con urgencia a la Diputación de Pontevedra (la obra está incluída en un programa de dicho organismo) el cambio de destino de la subvención. No deben gastarse más de 20.000 euros en un proyecto que no convence a nadie cuando hay otras necesidades. No puede ocasionar un problema el gobierno local donde no lo hay. En estos temas de tanto interés no se puede ser terco y prepotente y no consensuar las decisiones.
Aunque el alcalde anunció que no iba a aspirar a la reelección en los comicios del próximo año, le pedimos un esfuerzo (pocos hizo en estos tres años y pico en los que prácticamente no gestionó nada). Le rogamos que lidere de una vez al grupo, le haga recapacitar sobre este tema de los badenes elevados, imponga su autoridad como presidente de la corporación dando un «golpe sobre la mesa»  y se abandone este proyecto que no convence a nadie . No se necesitan los pasos elevados y él lo sabe a pesar de su posición titubeante.
Luis Ángel Sabariz Rolán
Concejal de ACP Pontecesures