Pontecesures adxudica a o obra de reparación de servizos na rúa dos Mariñeiros de Porto.

Na Xunta de Goberno Local, que tivo lugar o luns, 19 de outubro, e logo de seguirse o procedemento de contratación, con consultas a varias empresas, adxudicouse a Restauración del Hábitat Caamaño SL a obra «Saneamento e Abastecemento da Rúa dos Mariñeiros de Porto», que ten un importe de 41.358,67 ? (16.543,46 son achegados polo M.A.P., 12.407,60 pola Deputación Provincial de Pontevedra e outros 12.407,61 polo propio Concello), dentro do Plan Provincial de Cooperación 2009.

Con esta actuación vanse arranxar as redes de saneamento e de subministro e auga potable nun tramo de 152 m. lineais na Rúa dos Mariñeiros de Porto, partindo do paso a nivel de ferrocarril da Praza dos Valeiros. Na actualidade, os servizos desta zona están moi deteriorados, con continuas avarías de auga, que ocasionaron problemas no pavimento, con numerosos baches no vial.

Espérase que a obra sexa executada nun prazo de 2 meses.

Curso de atención a personas dependientes en Valga.

El Concello de Valga informa que ya está abierto el plazo para inscribirse en el curso de gerocultores o atención sociosanitaria a personas dependientes en instituciones sociales, impartido por el Instituto de Psicoxerontología, de la Universidade de A Coruña.
El curso tiene 450 horas de duración y las personas interesadas pueden informarse en el Servizo de Formación, Orientación e Emprego, en el departamento de Servizos Sociais o en el Auditorio de Cordeiro (teléfono 986 556769) según publica la web municipal www.valga.es

DIARIO DE PONTEVEDRA, 21/10/09

Póñense a disposición do BNG de Pontecesures as contas das Festas do Carme 2009

Logo de solicitarse onte por escrito, no día de hoxe se lle enviou dende o Concello a Cecilia Tarela Barreiro un documento resumo das contas de ditas festas.
No documento reflíctese que os ingresos foron de 25.041,90 euros (22.041,90 achegados por particulares e establecementos, e 3.000 de subvención da Deputación de Pontevedra) e os gastos de 40.487,55 euros (detállase o custo do alumeado, orquestras, banda, inchables, fogo, etc… cos datos da facturas).
Se lle comunicou á responsable local do BNG, que ten á súa disposición na Casa do Concello todos os documentos soporte dos ingresos e dos gastos para súa comprobación, os días 21, 22 e 23 de octubro, de 9:00 a 14:00 horas.

Alerta laranxa por chuvia.

A trevés da Axencia Estatal de Meteoroloxía informa dun episodio de adverso de nivel laranxa (risco alto) por chuvia, para as provincias de Ourense e Pontevedra.
A partir das últimas horas de hoxe 19/10/09, primeiras de mañá 20/10/09, espérase que a intensidade da precipitación vaia en aumento, podendo acadar puntualmente 30 l/m2 nunha hora. Ben e certo, que as zonas más afectadas na provincia de Pontevedra serán as orientadas ao sur

Louzán negocia a volata ao PP de Pontevedra de listas independentes nas locais.

O presidente provincial do PP de Pontevedra, Rafael Louzán, e único candidato á reelección no XV congreso provincial do próximo 28 de novembro asegurou que está a manter conversacións con responsables de listas independentes escindidas do PPdeG, para lograr a súa reincorporación ao partido de cara ás próximas eleccións municipais de 2011.
Nunha rolda de prensa na que estivo acompañado polos vicepresidentes provinciais do PP de Pontevedra, José Manuel Figueroa e José Crespo, convocada para anunciar a súa condición de único aspirante a encabezar o comité executivo do partido, Louzán insistiu en que as portas do PPdeG están ??abertas de par en par para quen queira volver?, en alusión a formacións independentes como as existentes no Porriño e outros concellos.

Co obxectivo de ??evitar escisións e lograr maioría absoluta? cos votos que reciben esas listas, Louzán apelou ás persoas ??que puideron militar no PPdeG e nalgún momento tomaron a decisión de irse e non obstante volveron, e cada día van volver máis?, argumentando que o seu partido é ??a opción política da maioría?.

Figueroa apuntou á recuperación de ??moitas alcaldías? en municipios onde o PP ten unha ??maioría aplastante? e que non chegou a dirixir ??polos pactos dun bigobierno que non funciona e que o único obxectivo que persegue é que o PP non goberne?.

Aínda que se mostrou ??convencido? de manter ??ao cen por cen? as actuais alcaldías e recuperar o goberno en concellos ??pequenos?, Figueroa avogou por ??dar a batalla? nas cidades de Vigo, Pontevedra e Vilagarcía, nas que o PP sitúa o seu ??obxectivo claro? para as próximas eleccións locais.

Pola súa banda, Crespo destacou o ??liderado? de Louzán á fronte do partido en Pontevedra.

DIARIO DE AROUSA, 18/10/09