Este é o destino das axudas que Pontecesures solicita do plan Máis Provincia

Renovar a web a obras son algunhas das actuacións previstas.

O Concello de Pontecesures vén de facer públicas as actuacións que pretende executar con cargo aos fondos do Plan Máis Provincia da Deputación de Pontevedra: deseño e desenvolvemento da nova páxina web do Concello por importe de 7.139 euros; completar o financiamento para a reordenación do inicio da rúa Carlos Maside, que supón un investimento de 436.387.65 euros; proxecto de reforma da rúa Raimundo García Domínguez Borobó que ascende a 225.452 euros; subministración de material para a escola infantil municipal por valor de 5.000 euros; pago a acredores e gasto corrente para financiar, entre outras, a Festa do Centenario do Concello de Pontecesures, as festas do churro e do Carme e cursos de formación.

Grazas a outra liña de axudas xa concedida no Máis Deputación, o Concello poderá contratar a tres traballadores para obras e limpeza.

Dentro da liña 4 do plan, o Concello de Pontecesures solicitou 10.568 euros destinados ao financiamento da redacción do proxecto denominado «Mellora da mobilidade peonil no ámbito da rúa Pousa Antelo».

La Voz de Galicia

Lembran a Avelino Pousa Antelo no décimo aniversario do seu pasamento.

O 19 de agosto, coincidindo con décimo aniversario do seu pasamento, Teo recordará a Avelino Pousa Antelo. O acto inclúe a entrega do Caxato de Avelino a Xaime Félix Arlindo, persoa moi vinculada ao galeguista, así como ao alumno deste Valentín Arias. O mantedor do acto será este ano Baldomero Iglesias Dobarro, Mero.
Logo da entrega do caxato, haberá unha ofrenda floral no monólito dedicado a Pousa Antelo na urbanización de Os Verxeis.

La Voz de Galicia

OBRAS NA INTERSECCIÓN RÚA AVELINO POUSA ANTELO – RÚA ULLÁN E NA PO-214 TRAMO RÚA ULLÁN.

O próximo luns 30 de maio de 2022 a empresa Marconsa comezará as obras de colocación dus semáforos que regulen a saida dos vehículos do Colexio de Infesta entre as Rúas Avelino Pousa Antelo e a Rúa Ullán.

Tamén se levantará o paso de peóns na entrada de Infesta e se colocaran unha serie de reductores de velocidade na PO-214, Pontecesures-Baloira, no tramo de Rúa Ullán.

Esta obra vai ser executada pola Consellería de Infraestruturas e Mobilidade da Xunta de Galicia para dar solución ás queixas dos veciños desta zona pola peligrosidade vial deste tramo.

Libro e placa para Pousa Antelo, novo fillo predilecto bañés.

 

Nora e Xela Pousa, as fillas do homenaxeado, co edil Ramos, 3º esqu., e o alcalde.

A Corporación da Baña aprobou, o día do seu aniversario e por unanimidade, nomear fillo predilecto a Avelino Pousa Antelo, un veciño nado hai 108 anos que, segundo as súas propias palabras, dedicou toda a súa vida “a desenvolver a conciencia galeguista e a traballar por unha terra máis libre, máis culta e máis dona do seu destino”.

Considerado un dos intelectuais máis activos na Galicia do s XX, é o segundo fillo predilecto que se nomea despois de que en 1998 tamén lle concedese esta distinción a García Barros.

Antes do xantar de confraternidade, e despois do pleno, celebrouse cas súas fillas Nora e Xela Pousa outro acto diante da casa da cultura, descubríndose unha placa na honra de Avelino Pousa, na que se lembra o seu nomeamento como fillo predilecto da Baña e resaltándose as múltiples facetas deste galeguista. E pra rematar, presentou o libro As paroladas de Avelino Pousa Antelo na Radio Galega

PROGRAMA DE EDUCACIÓN PARA PERSOAS ADULTAS do Concello de Pontecesures: Programa de formación educativa gratuíto.

PROGRAMA DE EDUCACIÓN PARA PERSOAS ADULTAS do Concello de Pontecesures: Programa de formación educativa gratuíto.

Infórmase que está aberto o prazo de inscrición para as actividades formativas para adult@s consistentes en clases de preparación para a obtención do título oficial de Educación Secundaria para persoas adultas (ESO).

As clases son totalmente gratuítas e poderán incorporarse todas aquelas persoas que queiran concorrer ás probas oficiais libres de maio e setembro que permiten obter o título de Graduado en Secundaria nun único exame tipo test e sexan maiores de 18 anos (16 anos no caso de contar con contrato de traballo ou outras circunstancias excepcionais).

As actividades realízanse en coordinación coa Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional da Xunta de Galicia.

Para solicitar praza, as persoas interesadas deberán dirixirse ás oficinas centrais do concello en horario de atención ao público, onde lles facilitarán o modelo de solicitude a cumprimentar, que tamén está dispoñible para a súa descarga na páxina web do concello www.pontecesures.org

Máis información na Aula de Educación para persoas Adultas no CPI Infesta (Rúa Avelino Pousa Antelo nº 2) de luns a xoves de 19 a 21 horas.

 ANEXO I SOLICITUDE EDUCACIÓN DE ADULTOS 2019

CABALGATA DE REIS 2019, SÁBADO 5 DE XANEIRO.

As persoas participantes e colaboradoras na cabalgata deberán estar na nave de obras do Concello de Pontecesures (Rúa Avelino Pousa Antelo) entre ás 17.00 e 17.30 horas. Posteriormente, ás 18.00 h. a carroza real cos paxes e demáis colaboradores desprazaráse ata o peirao para recoller ás SS. MM. os Reis Magos.

A recepción dos Reis Magos no peirao, logo de que estos chegen a Pontecesures por vía fluvial, será ás 18.30 horas. Logo a carroza real -xa cos Reis Magos- fará un percorrido* polas rúas do centro urbán ata a Plazuela, con horario estimado de chegada ás 19.00 horas.

*PERCORRIDO: (Rúas) Travesía do Muelle, R. Estación, Rosalía de Castro, Sagasta, Víctor García, Novo Núñez (N-550), Avda. de Vigo (N-550), Ullán, San Lois e chegada na Plazuela.