• Ir a navegación principal
  • Ir al contenido principal
  • Ir a la barra lateral primaria

Pontecesures

Web non oficial de Pontecesures

  • Inicio
  • Como Colaborar
  • O Concello
  • Cómo Chegar
  • Normas de Uso
  • Legal
  • Entrar
Usted está aquí: Inicio / Archivos paraPraza de Abastos

Praza de Abastos

VISITA DO DELEGADO DA XUNTA EN PONTEVEDRA

15-04-2021 por CONCELLO DE PONTECESURES Dejar un comentario

Na mañá de onte recibimos a visita do Delegado da Xunta en Pontevedra, Luís López Dieguez, e o delegado de Infraestructuras da Xunta, para falar das subvencións aos concellos destinadas á execución de obras de abastecemento, saneamento e depuración.Entre outros asuntos comentamos a problemática que xa vimos arrastrando durante tanto tempo no que se refire as canalizacións de saneamento que verten directamente ao río Ulla e que agardamos poder empezar a dar pasos en firme a fin de mellorar a imaxe do noso río e en definitiva da nosa fachada portuaria no marco das inversións que se están levando a cabo para visibilizar o potencial turístico da nosa vila.Tamén aproveitamos para amosarlle a Praza de Abastos e a Casa da Lamprea, da que confesou ser un gran apaixonado…

Archivado en:Sin Categoria Etiquetado con:lamprea, obras, Pontevedra, Praza de Abastos, río ulla, Ulla, xunta

Proxecto “O CAMIÑO SOSTIBLE”: Xornada inaugural deste proxecto en Pontecesures [PRAZA DE ABASTOS – SÁBADO 3 DE OUTUBRO – 16.00 A 20.00 HORAS].

1-10-2020 por CONCELLO DE PONTECESURES Dejar un comentario

 + INFO. DESTE PROXECTO
 PROGRAMA DESTE PROXECTO DO 3 DE OUTUBRO EN PONTECESURES.

Páxina web deste proxecto:

www.ocaminosostible.com

Archivado en:Sin Categoria Etiquetado con:Pontecesures, Praza de Abastos

Rivas propón en Padrón medidas para incentivar o comercio de proximidade.

13-06-2020 por Redacción Dejar un comentario

O candidato do BNG, terceiro pola esquerda, na praza de abastos.

O cabeza de lista do BNG pola provincia da Coruña, Xosé Luís Rivas, defendeu en Padrón medidas para incentivar o comercio deproximidade e impulsar o consumo de produtos locais para reactivar a economía das cidades e vilas galegas.

Acompañado da concelleira nacionalista en Padrón, Bea Rei, o concelleiro en Dodro,Xoán Bautista, e membros do BNG da comarca; o candidato nacionalista visitou apraza de abastos e comercios da vila onde mantivo encontros cos propietarios epropietarias dos negocios .

Rivas destacou as vantaxes do pequeno comercio, as prazas e os mercados, praza de abastos e comercios da vila onde mantivo encontros cos propietarios epropietarias dos negocios .

Rivas destacou as vantaxes do pequeno comercio, as prazas e os mercados“con produtos frescos e galegos”. Mercados, dixo, que precisan apoio e incentivos. Insistiu na necesidade de seguir poñendo en marcha a rehabilitación dos mercados e a peatonalización de espazos públicos que favorezan a actividad comercial.

El Correo Gallego

Archivado en:Sin Categoria Etiquetado con:BNG, correo gallego, dodro, el correo gallego, padrón, Praza de Abastos

O BNG de Pontecesures solicitou o luns pasado máscaras para os rapaces.

25-04-2020 por Redacción Dejar un comentario

O pasado luns 20 de abril, o BNG propuxo na comisión de seguimento do COVID-19 as seguintes medidas:

– Proporcionar mascararillas reutilizables para os rapaces.
– Ubicar nas entradas á praza de abastos dous dispensadores de xel desinfectante.

Hoxe, o alcalde, ven de publicar que adoptará ambas medidas en breve. Dende o BNG, sentímonos moi satisfeitos pola posta en marcha destas aportacións que redundan no beneficio de tod@s.

BNG Pontecesures

Archivado en:Sin Categoria Etiquetado con:BNG, Pontecesures, Praza de Abastos

MAXIA EN PONTECESURES: MAGO DEIMI.

31-10-2019 por CONCELLO DE PONTECESURES Dejar un comentario

MAXIA EN PONTECESURES: MAGO DEIMI

06NOV2019 ás 19.30 horas na Praza de Abastos

Espectáculo promovido pola Asociación Española Contra o Cancro de Ourense (AECC Ourense) no programa de actividades “Camiño de superación”, enmarcado nunha serie de accións no Camiño de Santiago e subvencionado pola Xunta de Galicia a través da Convocatoria “O teu Xacobeo” encamiñadas á paulatina recuperación psicosocial e de saúde de persoas que están no proceso de superar o cancro.

O mago Deimi está a acompañar nestas datas a un grupo de persoas desta asociación (50 aprox.) no Camiño Portugués, dende  A Guarda ate Santiago de Compostela,baixo a acción denominada “Unha ruta ao alcance de todas e todos”. O percorrido, nos días 5, 6 e 7 de novembro de 2019, atravesará os municipios de Oia, Soutomaior, Vilaboa, Pontevedra, Pontecesures e Ames, incluíndo visitas de interese cultural, artístico e natural.

O día 6 de novembro a ruta chega a Pontecesures donde pernoctará o grupo. Na Praza de Abastos daraselle a benvida ás persoas que fan o Camiño, este acto incluirá a actuación do mago Deimi e unha mesa redonda de experiencias de 4-5 participantes no Camiño. Esta actividade vai ser aberta ao público xeral, para que a vecindade da zona poida acudir e participar connosco; e tamén para achegar ao resto da poboación unha mensaxe de superación e de concienciación do cancro, á vez que transmitimos á sociedade unha visión esperanzadora na que grazas aos progresos na ciencia, á prevención e aos coidados, cada vez hai un maior número de persoas que curan a enfermidade.

Archivado en:Sin Categoria Etiquetado con:Camiño Portugués, Pontecesures, Pontevedra, Praza de Abastos, santiago, xacobeo, xunta

PRESENTACIÓN DA EXPOSICIÓN “O CAMIÑO POR MAR” NA PRAZA DE ABASTOS DE PONTECESURES (10, 11 E 12 DE OUTUBRO NA PRAZA DE ABASTOS DE PONTECESURES).

9-10-2019 por CONCELLO DE PONTECESURES Dejar un comentario

Exposición “O CAMIÑO POR MAR” sobre a viaxe do barco “NAOMH GOBNAIT”, a historia duns amigos que fixeron a travesía a remo entre IRLANDA e GALICIA. 10, 11 e 12 de outubro na Praza de Abastos de Pontecesures.

Presentación e apertura da exposición:

Xoves 10 de outubro ás 10.00 horas na Praza de Abastos.

Neste acto de presentación estarán presentes:

  • Juan Manuel Vidal Seage, Alcalde de Pontecesures.
  • Manuel Lara Coira, Presidente de BUXA (Asociación Galega do Patrimonio Industrial).
  • Anxo Angueira, Presidente da Fundación Rosalía de Castro e membro da Asociación Cultural DORNA DA ILLA DE AROUSA.
  • Raimundo Vázquez Iglesias, Concelleiro de Cultura de Pontecesures.

Cabe destacar que tamén se expoñerá unha embarcación tradicional dorna (de nome “Roxiña”), que foi cedida para este evento pola Asociación Cultural DORNA DA ILLA DE AROUSA.

Archivado en:Sin Categoria Etiquetado con:Angueira, exposición, Historia, Pontecesures, Praza de Abastos, Rosalía de Castro

  • Ir a la página 1
  • Ir a la página 2
  • Ir a la página 3
  • Páginas intermedias omitidas …
  • Ir a la página 14
  • Ir a la página siguiente »

Barra lateral primaria

Entradas recientes

  • O CLUB NÁUTICO PONTECESURES OURO E PRATA NO CAMPIONATO DE ESPAÑA DE XÓVENES PROMESAS
  • LIÑA DE BUS PONTECESURES – A ESTRADA 2019/2029
  • ARRANXOS NO EDIFICIO DA ESCOLA INFANTIL
  • RESOLUCION LISTA PROVISIONAL DE ADMITIDOS/AS EXCLUIDOS/AS NA ESCOLA INFANTIL MUNICIPAL DO CONCELLO DE PONTECESURES
  • ESTUDO TOPOGRÁFICO EN REDONDO E NA TARROEIRA POR PARTE DE XESTUR GALICIA.

Comentarios recientes

  • María Isabel Alvariño Cousiño en CURSOS DE FORMACION DA DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA «LABORA 2020».
  • Niño de raza loba en FINALIZACION DA OBRA «CARA A RIA»
  • Antonio en «¡Que nos levanten este arresto!», grito unánime en Pontecesures.
  • O AMANTE BILINJUE en «¡Que nos levanten este arresto!», grito unánime en Pontecesures.
  • José María en DATOS COVID EN PONTECESURES PUBLICADOS HOXE LUNS 8 DE MARZO

Ligazóns

  • A. C. Xarandeira
  • Adriana Ghaiteira
  • Apuntes de Modelismo
  • BNG Pontecesures
  • Desarrollo empresarial en el medio rural de la comarca de caldas.
  • Dr Zippie
  • El show de los payasos
  • Federación Galega de Dardos (FEGADE)
  • FEGACLASIC
  • Foro da Ponte
  • Furia Athletic Club
  • Horarios Renfe
  • Hotel a Casa do Río
  • Manuel Doce
  • Parroquia de San Xulián de Pontecesures
  • paxina blog do CB Rio Ulla
  • Porto en Pontecesures
  • PP de Pontecesures
  • Pub Komplo
  • Socialistas de Pontecesures
  • Web do concello

Nube de etiquetas

festa sar padrón correo gallego concurso tren sábado la voz de galicia lamprea faro de vigo Vigo Caldas plaza tripartito fiesta río ulla xunta Diario de Arousa Historia Porto pp Angueira Vilagarcía santiago protección civil Ulla Catoira pleno n-550 ACP Campaña psoe sabariz valga fútbol Maneiro curso obras Concello fin de semana BNG Pontevedra a ponte iglesia Pontecesures

© 2021 · Desde 2005 manteniendo informados a los cesureños