A selección deste traballador, incluído no plan de emprego 2013 da Xunta de Galicia, foi realizada onte polo Concello de Pontecesures por entrevista diante do tribunal formado por Rafael Randulfe Vieites (presidente), Xurxo Gerpe Jamardo (vogal) e José Francisco Rodríguez Fructuoso (vogal e secretario).
As puntuacións dos presentados foron as seguintes:
-Agapito Sánchez Otero, 3,50 puntos.
-Olga Lestido Gerpe, 2,80 puntos.
-Santiago Longo Piñeiro, 0,50 puntos.
-José Luis Vázquez Blanco, 0,50 puntos.
Só había un posto a elixir e foi asxudicado ao aspirante de mellor puntuacción.
O contrato é por un ano, co 75% da xornada laboral.