Miradas personales sobre los concellos acercan a Tierras de Santiago al fenómeno blog.

Diálogos virtuales entre ??opinadores?? – Miradas personales sobre los concellos acercan a Tierras el fenómeno blog

Al menos una decena de ayuntamientos de la comarca tienen bitácoras en Internet creadas por autores locales ·· La web estradense Ruxe Ruxe cita otras ocho páginas del área de Terra de Montes, una de las más activas

(más…)

Pontecesures rende honores á Virxe do Carme

Os veciños de Pontecesures celebraron esta fin de semana as Festas do Carme, o primeiro gran evento do novo Goberno tripartito. Asuntos políticos fóra, o mal tempo desluciu as celebracións. O sábado 30, o primeiro día, a choiva obrigou a aprazar o concerto de rock previsto para a noite, cos grupos 96 Grados, Riff Raff e Coda. Barállase o vindeiro venres como data definitiva´. O domingo tampouco fixo día de praia, pero as nubes deron unha tregua e así foi que a multitude acudiu ó tradicional desfile valeiro, á misa cantada pola coral A Barcarola e á procesión que levou a música da Banda Cultural de Arcade.

(más…)

O BNG denuncia na Garda Civil que Sabariz persegue ao alcalde

A controversia política en Pontecesures deu lugar a moitos capítulos, a cada cal máis rocambolesco e polémico, pero aínda non entrara no cuartel. Esta situación mudou hai uns días cando o Bloque Nacionalista Galego decidiu poñer en coñecemento da Garda Civil os «comportamentos persecutorios» do líder da Agrupación Cidadá de Pontecesures, Luis Ángel Sabariz, contra o alcalde Manuel Luís Álvarez Angueira.
(más…)

O Día da Bandeira

Por María Segunda Llerena

Moitas veces os humanos necesitamos amosar públicamente que descendemos dunhas persoas das que nos podemos sentir orgullosos por formar parte da nosa historia persoal e colectiva e que temos unhas raíces. ? por todo eso que quixera expresar a través destas poucas liñas o simbolismo desta bandeira, cousa que eu non chegaba a entender de todo debido á miña curta idade, pero que co paso dos anos sei valorar doutro xeito. E agora, que estamos a piques de que se cumpran os cincuenta anos da publicación do artigo xornalístico que dá pé a este relato, é polo que eu me decidín a contar o que ven a continuación.

(más…)

Juan Pazos Sierra

 

Fecha de nacemento: 9 de agosto de 1943
Lugar de nacemento: Pontecesures (Pontevedra)
CURRÍCULUM:
? doutor en Informática e catedrático de Enxeñería do Coñecemento (en ámbolos dous casos o primeiro de España). Foi director do primeiro laboratorio de intelixencia artificial de España, profesor visitante en distintos lugares: Sunderland Polytechnic (GB), Joint Research Center (UE), Universidade Carnegie-Mellon (EUA)… e relator invitado en distintos congresos, entre eles: SEID’2000, Internatinal Conference Software Engineering and Knowledge Engineering (SEKE’97).

OBRAS REALIZADAS:
Ten máis de cen publicacións, entre libros e capítulos, destacando:

Ingeniería del Conocimiento, CEURA, 1997;

«Knowledge Engineering in Spain: Research Development and Demonstration (R&D2) Through Time» en Worldwide Expert Systems: Activities & Trends. Cognizant Comm. (1994)

«Towards a Joint Life Cycle for Software and Knowledge Engineering» en Knowledge Oriented Software Design, IFIP, 1993 e «An University Course Advisor System» en Artificial Intelligence Technology: Applications and Management, Tata McGraw-Hill, 1993.

OUTROS DATOS DE INTERESE:
Foi o creador do Laboratorio de Intelixencia Artificial da Facultade de Informática da Universidade Politécnica de Madrid e o deseñador da Metodoloxía para a Xestión do Coñecemento. Traballou, tamén, en Computación con ADN e desenvolveu máis de 15 Sistemas Expertos, tanto para catástrofes, medicina ou empresa. Foi campión galego de natación, deporte que sigue practicando na actualidade.