Pontecesures rende honores á Virxe do Carme

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán en

Os veciños de Pontecesures celebraron esta fin de semana as Festas do Carme, o primeiro gran evento do novo Goberno tripartito. Asuntos políticos fóra, o mal tempo desluciu as celebracións. O sábado 30, o primeiro día, a choiva obrigou a aprazar o concerto de rock previsto para a noite, cos grupos 96 Grados, Riff Raff e Coda. Barállase o vindeiro venres como data definitiva´. O domingo tampouco fixo día de praia, pero as nubes deron unha tregua e así foi que a multitude acudiu ó tradicional desfile valeiro, á misa cantada pola coral A Barcarola e á procesión que levou a música da Banda Cultural de Arcade.

Non faltaron os veciños, os políticos e unha representación da Escola Naval de Marín. Tamén estivo o máximo mando da Comandancia de Vilagarcía, Tomás Nodar.

A comitiva pasou pola Travesía da Bandeira, entre o paso de Portarraxoi e o lugar ó que se dirixe o desfile mariñeiro. ¿E por qué se chama así? Pois deu a pista definitiva un artigo publicado en 1956 no xornal La Noche, «Historia de una bandera, la regalada a los cesureños de La Habana a la LIga de Amigos del Carmen». Conta o relato que en 1912 apareceu na procesión un novo estandarte: unha magnífica bandeira branca cunha franxa azul. A bandeira fora traída a España polo presidente da Sociedad Hijos de Puentecesures en La Habana. Saía desde a entrada do Rial, recollida por un grupo de mariñeiros uniformados e, acompañada por unha banda de música, chegaba ata a igrexa parroquial logo de percorrer o peirao xunto coa imaxe da Virxe mentres os valeiros lle randían homenaxe disparando bombas de palenque.

DIARIO DE PONTEVEDRA, 04/07/07


0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.