Maside, do debuxo á viñeta.

A Fundación Laxeiro expón o traballo do artista como caricaturista satírico na prensa.

A esquerda. o debuxo preparatorio da viñeta rematada.

Carlos Maside (Pontecesures, 1897-Santiago, 1958) é un dos artistas galegos máis recoñecidos da primeira metade do século pasado, cunha traxectoria na que conviviron as vangardas, a renovación do realismo e o popular máis alá do folclorismo. Pero, como ocorre cos creadores singulares, Maside cultivou diversas facetas, como, no seu caso, as colaboracións en prensa, que se constitúen en eidos de interese propio. Ocorre así coas corenta pezas que forman a mostra Carlos Maside e o debuxo satírico, que manterá aberta a Fundación Laxeiro na súa sede viguesa entre este venres e o 19 de xaneiro.

A proposta baséase na escolma de corenta bosquexos e debuxos preparatorios das viñetas que Maside publicou entre os anos 1927 e 1936 no xornal vigués El Pueblo Gallego, procedentes dos fondos do museo que leva o seu nome en Sada. A formulación da mostra ofrece un dobre interese: dunha banda, o espectador pode pescudar no proceso creativo de Maside, do debuxo á viñeta rematada; doutra, o contexto social e político no que se insire o traballo do artista, xa que a exposición reproduce as páxinas nas que se publicaron as achegas gráficas de Maside.

Ademais, a montaxe documenta a versatilidade do artista dentro das limitacións de espazo e os condicionantes impostos polos formatos xornalísticos. Así, Maside desenvolvíase tanto na viñeta, na que facía crítica política e social, como na caricatura -políticos ou personalidades culturais que estaban de actualidade- e na estampa popular, case sempre centrada en mulleres e oficios.

Outra evolución que permite seguir a mostra é a das influencias patentes na viñeta xornalística no primeiro terzo do século XX, onde eran notables as pegadas de Castelao e Bagaría. Maside vaise desprendendo do modernismo dominante nos inicios, achegándose máis á sinxeleza e precisión que xa formaban parte do seu repertorio como artista. Da súa estadía como bolseiro en París, entre 1926 e 1927, trae novas técnicas, aprendidas dos vangardistas, como o raiado para acentuar volumes ou o contraste lumínico, así como outras que incorpora do gravado.

A mostra compleméntase cun vídeo realizado pola comisaria, Rosalía Pazo Maside, cunha escolma doutras viñetas, tamén de prensa, pero distintas ás que forman a exposición. Maside tamén colaborou con El Sol, Libertad ou Galicia, entre outros.

Cúmprese o desexo de Maside e o seu legado exhíbese en Santiago

Máis de sesenta anos despois cumpriuse o desexo de Carlos Maside de que a súa obra ficase en Compostela. A emoción encheu por momentos o Comedor do pazo de Fonseca na inauguración da exposición coas vinte e unha obras que forman o legado Maside, que foi adquirido o pasado ano polo Consorcio da Cidade de Santiago e que agora se exhibe ao público.

As palabras de agradecemento a todos aqueles que fixeron posible o cumprimento do desexo do artista foron constantes nas intervencións, destacando que non fora tarefa doada culminar o proceso para que trece óleos sobre lenzo, tres gouache e catro debuxos a lapis que Maside pintou entre os anos 30 e 50, se convertesen en patrimonio da cidade compostelá. «É un día dunha gran satisfacción. Por unha parte, porque Maside forma parte do patrimonio cultural de todos os galegos, e, por outra, porque é a culminación dun proceso que comezou no ano 1958 con Antonio Baltar ao fronte como testamenteiro de Maside para que a súa obra ficara en Santiago», asegurou Asunción Leiceaga, en representación da Plataforma Maside, que foi unha das entidades que estivo traballando para o cumprimento deste desexo. Nese sentido, agradeceu á familia do artista «polo criterio que seguiron da venta do legado, que foi primar a vontade do pintor de permanecer en Compostela». 

Xulio Maside Rodríguez, que falou en nome da familia do artista, incidiu en que «foron moitas as portas que houbo que abrir para que a vontade de Carlos se materializase». Ademais, lembrou que o artista era un galeguista e «o que se ve na súa obra é Galicia. Quixo elevar á máxima expresión o que consideraba fermoso do seu país».

O legado Maside, que durante os últimos anos estivo depositado na Fundación Granell despois de que a familia o sacase de Vigo no 2014, foi adquirido polo Consorcio de Santiago -integrado polo Goberno Central, A Xunta e o Concello- por algo máis de 430.000 euros, cunha achega da Deputación da Coruña por importe do 50 %. Precisamente, esta colaboración entre diferentes administracións e entidades foi un dos feitos nos que fixo fincapé o alcalde, Martiño Noriega, ademais de engadir que «damos por ben investido todo o esforzos». Pola súa parte, a vicepresidenta da Deputación, Goretti Sanmartín, afirmou que «non se podía permitir que estes 21 cadros acabaran repartidos por diferentes puntos». O reitor da USC, Antonio López, asegurou que a Universidade síntese «honrada de colaborar neste proxecto de país».

Nas vinte e unha obras do legado hai algunhas moi destacadas, como a das Tendeiras ou a da Costureira. Poderán verse de martes a sábado de 10.00 a 14.00 e de 17.00 a 21.00 horas.

La Voz de Galicia

Xuntanza padronesa con recuerdos y homenajes.

Algo más de una veintena de alumnos de la primera promoción que en 1974 se graduó en lo que ahora llaman Instituto Camilo José Cela de Padrón volvieron a reunirse el primer sábado de octubre. Se consolida una tradición que se inició cuando celebraron la xuntanza para conmemorar los 50 años de la inauguración del centro que empezó siendo Colegio Libre Adoptado. En esa ocasión, y por diversos motivos personales, solo pudo comparecer una profesora, Concepción Pose, la entrañable Conchita para todos sus alumnos, que a pesar de los años transcurridos sigue conservándose en forma, como se puede comprobar en la foto fue la única de las chicas capaz de ponerse en cuclillas. La reunión volvió a juntarlos en el restaurante Scala de Pazos y en ella hubo un emotivo recuerdo para dos exalumnos que fallecieron este año prácticamente el mismo día, Césareo Barreiro, miembro de esta promoción y Carmiña Núñez, hermana de uno de los asistentes. También fue homenajeado el doctor Alfonso Solar, Medalla de Oro del Colegio Médico de A Coruña, y elegidos secretaria y tesorero (a perpetuidad) Marisel Llerena y Moncho Abuín, que son los encargados de reactivar al grupo cada día. Y todos ellos, y el resto de compañeros, ya quedaron citados para el próximo año.

El Correo Gallego   

La madre del asesino de Valga: «O meu fillo non se merece estar onde está, é un santo»

Hundidas, desconcertadas, confusas. Así se mostraron esta mañana, en una entrevista en El Programa de Ana Rosa, la madre y la hermana de José Luis Abet, el asesino confeso de Valga. Es difícil digerir que alguien tan próximo, alguien que «sempre estuvo do meu lado, facendo paiasadas para facerme rir» según lo describía su hermana, haya sido capaz de asesinar a su exmujer, su ex cuñada y a su ex suegra. Solo eso explica las declaraciones de la madre de Abet, que perdió a su marido hace unos meses, cuando afirma que «o meu fillo fixo un daño moi grande. Pero o meu fillo non se merece estar onde está; é un santo».

La madre de Abet hacía esas declaraciones mientras en Valga se velaba por las tres fallecidas, en un auditorio municipal rebosante de dolor e indignación. A la familia de las asesinadas pidió la madre de su verdugo perdón y les dio el pésame a través de la pantalla, de espaldas a la cámara.

Pero insistía la mujer, y también su hija, en que a José Luis «tivo que darlle algo na cabeza» para cometer un acto tan atroz y para hacerlo, además, delante de sus hijos, dos menores que han perdido de un golpe a sus referentes familiares más próximos.

Concentración de repulsa al triple crimen de Valga, en el instituto del concello

«A estos niños solo les puede salvar el amor»

JORGE CASANOVA

«Eran os meus nenos, sempre querían vir onda min, sempre me dicían ‘abueliña, eu quero vir onda vós, eu quero vir onda o meu papá…’ Mira que malo era seu pai», dijo, alimentando de paso la idea de que Sandra «non llos deixaba ver» a su progenitor, a quien «lle tocaban o sábado».

Un mes con el asesino de Valga

JORGE CASANOVA

La hermana del asesino confeso de Valga también se mostraba desorientada. Relata que, cuando su hermano volvió a casa tras los crímenes, «botou as mans á cabeza e eu pensei, este home tivo que facer algo, porque eu nunca o vira así. Pero non imaxinaba esto». «El dixo que foi el. Neste momento dixo que se lle nublou a vista».

Su hijo mayor: «Se me cae la cara de vergüenza»

El hijo mayor del asesino confeso de Valga, fruto de su primer matrimonio, ha concedido una entrevista a El programa de Ana Rosa en la que ha contado como se siente tras el crimen cometido por su padre. «Se me cae la cara de vergüenza solo de pensar lo que ha hecho» asegura el joven, de unos veinte años.

Investigadores policiales en la casa donde se produjo el crimen

Triple crimen de Valga

El asesino de Valga a la Guardia Civil: «Nunca diré dónde compré el arma»

JAVIER ROMERO

Se lamenta también de cómo será su vida a partir de ahora, ya que no quiere que se le vincule con el José Luis Abet: «No teníamos relación alguna desde hace ya años», zanja. «Que a él le caiga todo lo que le tenga que caer», continúa el chico a la hora de hablar de la posible condena que va a recaer sobre su progenitor. En la entrevista cuenta que estaba trabajando cuando recibió la noticia: «Me dijeron que mi abuela estaba en el hospital, y yo ´¡hostia! ¿qué pasó?´», hasta que finalmente le confirmaban los motivos por los que su abuela se encontraba bajo atención médica.

Un mes con el asesino de Valga

JORGE CASANOVA

El joven ha recalcado que no tienen ningún tipo de relación con su padre, ya que se ha criado con sus abuelos. «Para mi, mis abuelos son mis padres», declaraba.

La Voz de Galicia