Festas de Porto 2010.

Sábado, 14 de agosto.

-Ás 10:30 h. Busca do Tesouro.
-Ás 18:30 h. Ximcana de xogos.
Haberá unha colchoneta para os nenos todo o fin de semana gratis.
Os xogos son patrocinados por: Pub Audrey, La Tentación de Bes, Maty, Estación Norte, N’Black e Radio Valga.

Luns, 16 de agosto.

-Ás 21:00 h. na Praza dos Valeiros. Teatro «O enfermo imaxinario» de A Barcarola.

Martes, 17 de agosto.

-Ás 21:00 h. na Praza dos Valeiros. Titeres Viiravolta. Monicreques. «O horroroso crime de Xan Miñoca». Acto sufragado pola Xunta de Galicia e polo Concello de Pontecesures (Circuitos culturais).

Mércores, 18 de agosto.

-Ás 18:30 h. no peirao. VIII Regata de Dragóns «Trofeo Electrónica Couselo».
-Ás 22:30 h.. Actuación dun gran grupo musical.

Xoves, 19 de agosto.

-Pola tardiña despois do traslado da imaxe de San Roque dende a Iglesia Parroquial a Porto, actuación dos grupos folclóricos «Algueirada» e «Xarandeira».
-Ás 22 horas, XXI Gran Mexillonada na que se repartirán de balde 2.200 quilos de mexillóns e 575 litros de viño de Barrrantes, cervexa e pan.
-A continuación gran verbena coas orquestras SUPERFAMA E TR?BOL.

Venres, 20 de agosto.

-Ás 10:00 h. alborada pola Banda de Música Cultural de Arcade, patrocinada polo Concello de Pontecesures y pola Deputación de Pontevedra).
-Ás 12:00 h. Procesión de San Roque.
-?s 12:30 h. Misa Solemne cantada polo coro da Barcarola.
-De seguido, Gran Poxa de Ramos na Praza dos Valeiros.
-Ás 20:00 h. Concerto da Banda de Música Cultural de Arcade.
-Pola noite, gran verbena coas orquestras «Capitol» e «Trovadores»

B?SQUEDA DO TESOURO SAN ROQUE DE PORTO

Con motivo das Festas de Porto 2010, estase a organizar o xogo da ??Búsqueda do Tesouro?, que consiste en poñer pistas por todo o concello e para descubrir donde se encontra o tesouro teranse que resolver todas as pistas.

Forma un grupo de 4 a 6 persoas e apúntate.

Inscripcions: Bar Choco

Premio: Un vale por unha cea valorada en 200 ? para o equipo gañador.

Data: Sábado 14 de agosto.

Marcha xacobea dende Porto o 1 de maio.

A A.C. San Roque de Porto organiza unha marcha a pe ata Santiago o 1 de maio para gañar o Xubileo. A saída será ás 4:00 horas da madrugada e a expedición regresará despois de asistir ás 12:00 á Misa do Peregrino na Catedral de Santiago. As persoas interesadas deben anotarse no Bar Choco chamando ao 986/556640.
O prezo é de 10 euros e inclúe o regreso no autobús e os cafés e bocadillos que se repartirán durante o camiño.