O deputado provincial Bello Maneiro presentou en Pontecesures o curso de monitores de tempo de lecer da Deputación.

Este curso de formación básica para monitores de temmpo de lecer foi concedido ao goberno anterior en marzo de 2011 e o prazo de inscrición rematou o 29 de xuño pasado. Na semana que ven vaise poñer en marcha e onte ás 17 horas na Casa do Concello tivo lugar, coa peresenza do deputado Bello Maneiro, o acto de presentación coa presenza duns 15 alumnos.
Ademais do deputado provincial da zona, estivo tamén o voceiro do PP na corporación, Juan Manuel Vidal Seage e os tenentes de alcalde, Cecilia Tarela e Roque Araújo.

O goberno local solicita colaboración para preparar as carrozas da cabalgata.

O goberno local convocou, mediante anuncios nos taboleiros e na prensa a toda a veciñanaza e escritos ás asociacións de Pontecesures, unha reunión que tivo lugar na noite de onte, 18 de outubro na Casa do Concello. Oito foron as persoas que asistiron, e por parte do equipo de goberno estivo presente a concelleira de cultura, Margarita García Castro e os tenentes de alcalde, Cecilia Tarela e Roque Araújo.
O goberno local expuso que para esta edición de 2012 ten a idea de que se constrúan na nave de obras do concello, cos tres remolques de titularidade municipal, tres carrozas, unha para cada un dos reis magos, mostrando algún modelo a modo de indicación orientativa. Tamén manifestouse o desexo de que as estructuras poidan quedar xa para futuras edicións, e solicitouse a colaboración de todas as persoas para a elaboración das carrozas estimando que sería positiva esta participación conxunta de diferentes persoas (cada unha en función do seu tempo e habilidades) e que así as tres carrozas levarían unha certa uniformidade no deseño. Despois dun breve debate, quedouse en que a data de inicio da elaboración e o ofrecemento da participación sería anunciada oportunamente polo concello.

Ampliación do horario na oficina técnica municipal de Pontecesures.

Á Xunta de Goberno Local de Pontecesures, integrada polo alcalde Manuel Luis Álvarez Angueira e polos tres tenentes de alcalde, Cecilia Tarela Barreiro, Ángel Manuel Souto Cordo e Roque Luis Araújo Rey, en sesión do 5 de agosto de 2011 (que coñecemos agora), adoptou o seguinte acordo:

«»AMPLIACI?N HORARIO OFICINA T?CNICA MUNICIPAL. Atendida a acumulación de tarefas que se están a producir na Oficina Técnica Municipal, sendo necesario continuar cos cometidos porpios da mesma, principalmente: dirección e control das obras municipais, elaboración de informes urbanísticos e de licenzas, redacción de orzamentos e a atención do público, entre outras, e que agora só está cuberta por un técnico durante dosu días á semana, a Xunta de Goberno Local, por unanimidade, acorda aumentar o horario da oficina técnica municipal, en evitación de atrasos nos cometidos que lle son propios, mediante o aumento dun día máis pasando a tres cun total de 21 horas semanais, modificando o contrato do técnico municipal neste senso e nas retribucións, fixándose en mil cincocentos euros brutos mensuais por todos os conceptos, en proporción ó aumento do horario.»»

O día 6 de setembro, comisión de asuntos xerais en Pontecesures.

Á sesión foi convocada polo presidente da comisión informativa, Roque Luis Araújo Rey para ás 13:30 horas e nela tratarase ademais da acta anterior, da proposta de cesión ao concello da titularidade da estrada EP-8601 (Rúa Deputación), e da proposta das festas locais 2012.
Ademáis do presidente Roque Luis Araújo Rey (PSOE), forman a comisión, Ceclia Tarela Barreiro e Margarita Carolina García Castro (BNG), Juan Manuel Vidal Seage (PP) e María Flora Ferreirós Lema (IP).

Nota íntegra sobre o «Ponlle a pilas ao teu bocata».

Unha vez máis se critica a nula difusión que fixo o goberno local desta actividade da Consellería do Mar organizada en colaboración co Concello de Pontecesures e que se celebrou hoxe na Plazuela de Pontecesures ás 10:30 horas. Nin un bando, nin un anuncio, nin publicidade algunha. Tan só na mañá de hoxe algúns pais/nais que leron o periódico antes das 10:30 horas, (como este concelleiro), atopamos unha breve nota de prensa, reaccionando con sorpresa ante a inminente celebración do acto. Por suposto o concello xa tiña información do día e hora dende hai tempo.

A pobre asistencia á actividade acto (pouco máis de 15 nenos/as, cando estaba previsto segundo os datos facilitados polo concello que chegaran a ir 50), foi o resultado do desinterese do goberno local por difundir esta nova.

Parece que ser que o acto estaba dirixido só aos nenos/as que participan na ludoteca do verán do Centro Social que ten lugar polas mañás, algo realmente censurable. Todos os nenos/as de Pontecesures (acudan ou non á ludoteca) deben ter a posibilidade de participar neste tipo de actividades e para iso hai que difundilas con todos os medios posibles. Por certo; a actividade estaba dirixida a nenos/as de entre 5 e 16 anos.

En fín; un acto moi interesante de fomento das conservas de mariscos e peixes que pasa practicamente desapercibido, despachándose apenas en tres cuartos de hora, quedando mal ademais o concello coa Consellería do Mar pola nula difusión e a escasa asistencia de nenos/as.

Estiveron eso sí na actividade o concelleiro de Educación, Servizos Sociais e Deportes, Roque Araújo, e a concelleira de Muller, Xuventude e Medio Ambiente Urbano, Cecilia Tarela que deron un agradable paseo nunha mañá de bo tempo, tratando de xustificar así a retribución que perciben ámbolos dous pola dedicación exclusiva e que pagamos todos.

Pontecesures, 24/08/11

Luis Ángel Sabariz Rolán
Concelleiro da ACP de Pontecesures

El gobierno dice que Sabariz miente cuando critica la función de los títeres.

Ni desastre organizativo ni dejadez del Concello. El gobierno de Pontecesures negó ayer las acusaciones vertidas el día anterior por el concejal de la ACP, Luis Ángel Sabariz, en relación a la actuación de una compañía de títeres en Carreiras el pasado viernes. Dice el gobierno local que Sabariz «minte» cuando habla de que no se dio difusión al acto, cuando afirma que los operarios municipales no llegaron a tiempo para el montaje y cuando dice que ningún miembro del gobierno local se acercó al lugar.
«A propia concelleira Cecilia Tarela estivo no lugar desde que comenzou a obra ata o seu remate. Ela en persoa lle pediu desculpas ao grupo teatral polas molestias causadas», explica el gobierno local en relación al incidente que obligó a suspender la función debido a que un vecino se empeñó en cruzar en tractor el recinto donde tenía lugar la actuación. Para el tripartito cesureño no pasa de ser «algo anecdótico» pero Sabariz incidía ayer en que supuso un «ridículo espantoso». Y añade que, aun habiendo estado Cecilia Tarela en la actuación, «poco o nada solucionó».
Así las cosas, desde el Concello pedían ayer a Sabariz que «que deixe traballar» y este solicitó que «no se repita esta desidia en el futuro».

LA VOZ DE GALICIA, 03/08/11