O BNG de Pontecesures solicita a consulta de varios expedientes de contratación de persoal.

No día de hoxe tivo entrada no Rexistro Xeral do Concello de Pontecesures o seguinte escrito:

«»Dna. Margarita García Castro, Dna. Cecilia Tarela Barreiro e D. Manuel Luis Álvarez Angueira membros do Grupo Municipal do BNG de Pontecesures,

SOLICITAN

Os expedientes completos dos seguintes procesos de selección de persoal:

1-Selección de 1 posto de educadora familiar do 8 de outubro.
2-Selección de 1 posto de limpadora do 15 de outubro.
3-Selección de 2 postos de peón xeral do 20 de outubro.

Tanto a documentación dos traballadores/as seleccionados/as como a de aqueles que non o foron, que inclúa:

-Os criterios de selección
-Documentación aportada polos aspirantes
-Baremación
-Puntacións
-Valoración das entrevistas
-Calquera outra documentación que inclúa o expediente

Pontecesures, 29 de outubro de 2008″»»»

Vaise conceder autorización do concello, para que a comprobación se poida realizar o luns día 2 de novembro de 10:00 a 14:00 horas na oficina do técnico de emprego, que foi membro do tribunal. Ten o Sr. Rodríguez Fructuoso instruccións para informar de todo o que dsessexen os concelleiros/as nacionalistas.

O BNG de Pontecesures solicita o expediente completo da contratación de dúas auxiliares administrativos.

Mediante escrito asinado polos concelleiros, Margarita García Castro, Cecilia Tarela Barreiro e Manuel Luis Álvarez Ángueira solicitan á alcaldesa o expediente completo do proceso de selección de dous postos de auxiliar administrativo (ó abeiro dos Programas de Cooperación 2008) levado a cabo polo Concello de Pontecesures o 19 de agosto e o 4 de setembro; tanto a documentación das traballadoras seleccionadas como a de aqueles/as que non o foron e que inclúa:

-Os criterios de selección.
-Documentación aportada polos aspirantes.
-Baremación.
-Puntuacións.
-Valoración de entrevistas.
-Calquera outra documentación que inclúa o expediente.

Lémbrase que as persoas seleccionadas foron María Dolores Gerpe Jamardo e Silvia Romero Fabeiro.
O goberno local vaille comunicar ós solicitantes que o expediente poden examinalo xa ó luns día 29 de setembro de 11:00 a 14:30 horas na oficina do técnico de emprego, José Francisco Rodríguez Fructuoso. Será este traballador, que foi membro do tribunal, o encargado de mostrar toda a documentación que desexen os concelleiros nacionalistas.