Derbi asnal en Padrón previo a la romería del Santiaguiño.

La localidad coruñesa de Padrón disfruta estos días de los conciertos incluidos en la programación del Santiaguiño do Monte y recibirá este domingo y el lunes a miles de visitantes que no se quieren perder el vistoso Gran Derbi Asnal y la procesión y subida al monte para rendir honores al santo y vivir una jornada campestre en compañía de familiares y amigos.

En los días previos a la jornada central del Santiaguiño do Monte, que se celebra el lunes, padroneses y visitantes han podido disfrutar de los conciertos del Santiaguiño Fest Week, un festival en el que ya han actuado Rapants, Marcos Magán, Vella Escola y Esperanza Mara, que han hecho gozar a los asistentes con sus propuestas.

Este domingo llega una de las actividades más atractivas: la celebración del Gran Derbi Asnal y el Ascot, en el que concursan los mejores asnos de la zona, que deberán dar cuatro vueltas a un circuito circular diseñado por las calles del casco histórico de la villa rosaliana. Será a partir de las 20.30 horas. Los tres primeros ganadores recibirán 100, 80 y 60 euros y un trofeo, respectivamente.

Ya por la noche seguirán los conciertos del Fest Week en el Espolón, a partir de las 22.00 horas, con las actuaciones de los grupos Os Deteriorados & Company, Pablo Balseiro & Los Cascarillas, Astray y DJ Matrek Show.

En cuanto a el lunes 25, a las 10.00 se oficiará la misa en la iglesia parroquial, seguida de procesión por las calles de la villa. A las 12.00 y 13.00 horas se celebrarán misas en la Capilla del Santiaguiño.

A las 19.45 horas se producirá la bajada de la procesión.

También el Fest Week se traslada al monte de San Gregorio, donde a partir de las 15.00 horas actuarán los Festicultores Troupe. Habrá música con DJ, una Fiesta de la Espuma y baño de colores.

En el apartado musical cerrará las fiestas del Santiaguiño el concierto de Roi Casal, previsto para las 22.30 horas en el Fondo de Vila.

El Ayuntamiento padronés pondrá autobuses para que las personas con movilidad reducida puedan subir al Santiaguiño do Monte. Los autobuses saldrán cada media hora desde la Praza de Souto.

PUNTO LILA. Indicar, finalmente, que el Concello de Padrón ha instalado un Punto Lila de información y asistencia para actuar contra la violencia sexual durante la celebración del Santiaguiño Fest Week y del Asnot.

El Correo Gallego

O Concello anuncia a Carreira Popular de Pontecesures o día 16 pese á escalada de contaxios

Onte eran xa un cento os inscritos na proba, que volve permitir optar entre correr 4 ou 8 quilómetros de xuvenís en diante

O goberno local encabezado por Juan Manuel Vidal Seage decidiu celebrar o día 16 do presente mes, domingo, a edición número 21 da Carreira Popular de Pontecesures. Unha proba que o executivo cesureño tivo que cancelar un ano atrás a causa dunha nova vaga de contaxios desatada tras as celebracións do Nadal. A repetición 365 días despois dun panorama de infeccións disparadas, con Galicia preto dos 50.000 casos activos e co municipio do Baixo Ulla cunha incidencia por cada 100.000 habitantes a 14 días superior a 500, non ten feito cambiar de opinión o executivo local logo de facer pública hai unha semana a disputa da cita e a apertura do seu prazo de inscrición.

A concelleira de Deportes de Pontecesures, Laura Villar, confirmaba onte que a proba «está anunciada, e polo momento vaise manter, a non ser que a cousa se poña moi seria». De feito, aos sete días de abrir o rexistro de participantes, a páxina web na que se tramitan as inscricións superaba xa lixeiramente o cento de atletas apuntados, nunha listaxe que inclúe as dez categorías de idade que contempla a cita deportiva.

Así, de non poñerse moi seria a situación sanitaria, a XXI Carreira Popular Run For Them de Pontecesures verá saír desde a Praza do Coche de Pedra ás once da mañá do domingo 16 de xaneiro os corredores das catro categorías absolutas, isto é, a júnior (Sub 18), a sénior e ás master A e B. Cos atletas podendo optar por unha das dúas opcións do circuíto urbano, a de 4 quilómetros ou a de 8. Posteriormente, os cadetes (Sub 16) e os infantís (Sub 14) cubrirán un trazado de 1,8 quilómetros con saída ás 11.45 horas, de 1.000 metros os alevíns (Sub 12) desde as 12, para continuar coa saída dos benxamíns (Sub 10) ás 12.15, tamén cun quilómetro por diante. Os pitufos (nados nos anos 2015 e 2016) correrán 500 metros ás 12.30 horas e os biberóns (nados no 2017 e anos posteriores) 200 ás 12.40. 

Haberá medalla para os tres primeiros clasificados de cada categoría de idade agás para os biberóns e pitufos, con presea para todos os participantes. Tamén trofeos para os tres máis rápidos dos circuítos 4K e 8K, independentemente da súa categoría, e á persoa de máis idade que consiga rematar a proba polos seus propios medios. E por equipos, repartiránse 300, 200 e 100 euros entre os tres mellores a partir da suma dos oito primeiros clasificados de cada club, que deberá competir en Pontecesures con ese número mínimo de deportistas para poder optar aos premios en metálico.

Requisitos para poder participar

As normas da Carreira Popular de Pontecesures subliñan que «a organización —a cargo do Concello— poderá suspender ou adiar a proba dependendo da situación sanitaria». De seguir a carreira adiante, como pretende o goberno local, faráse co correspondente protocolo covid-19 fixado para este tipo de eventos polas autoridades sanitarias e federativas. Para participar, os atletas de 12 anos e maiores deberán presentar na recollida do seu dorsal ben o certificado de vacinación covid-19, ben un test de antíxenos ou PCR negativo cunha antelación máxima de 72 horas á proba ou ben un certificado médico de ter superado a enfermidade entre 11 e 180 días antes da carreira.

O diñeiro das inscricións irá aos afectados polo volcán da Palma

Hai dous anos, na última edición disputada antes da aparición da pandemia, o goberno local quixo sumar á natureza deportiva da Carreira Popular de Pontecesures unha vertente solidaria. En xaneiro do 2020, a vixésima edición da proba destinou 1 euro de cada unha das inscricións —participaron 640 persoas— aos dous nenos que quedaran orfos tras o triplo crime machista de Valga uns meses atrás. Desta volta, explica o Concello, «tras o éxito da anterior edición, na que puidemos amosar o noso perfil máis solidario na loita contra a violencia de xénero, non queremos deixar de comprometernos coas persoas que peor o están a pasar e a Carreira Popular Run For Them servirá nesta ocasión para recadar fondos, en colaboración con Cruz Vermella, que serán destinados a axudar as persoas damnificadas polo volcán de La Palma».

O executivo cesureño vai máis aló do feito no 2020, e doará os 6 euros íntegros de cada inscrición das categorías absolutas —as de cadetes e inferiores son gratuítas, inda que é obrigado apuntarse en tempo e forma, a través da web emesports.es antes das 23.59 horas do día 13—. Ademais, no momento de formalizar a inscrición dáse a opción de facer unha doazón persoal para elevar a recadación.

La Voz de Galicia

III PLAN DE IGUALDADE DO CONCELLO DE PONTECESURES 2022/2026.

O Concello de Pontecesures ven de elaborar o seu 3º Plan de Igualdade para o periodo 2022-2026. Ademáis da elaboración deste terceiro plan levouse a cabo previamente a avaliación do II Plan de Igualdade 2016-2021.

A redacción definitiva deste III Plan de Igualdade 2022-2026 do Concello de Pontecesures foi aprobada na sesión do pleno da corporación municipal de data do 23/12/2021.

O custo destas dúas actuacións -tanto da avaliación do 2º plan como da elaboración do 3º- supuxo un importe de 5.989,50 €, dos cales 5.199,30 están subvencionados pola Deputación de Pontevedra ao abeiro da convocatoria de subvencións dirixidas aos concellos da provincia de Pontevedra de menos de 20.000 habitantes para o fomento da igualdade de oportunidades e a prevención da violencia de xénero para o ano 2021.

XXI CARREIRA POPULAR DE PONTECESURES_RUN FOR THEM.

O Concello de Pontecesures organiza a “XXI Carreira Popular de Pontecesures” que se celebrará o Domingo 16 de xaneiro de 2022 a partir das 11:00 horas.

Tras o éxito da anterior edición, na que puidemos mostrar o noso perfil máis solidario na loita contra a violencia de xénero, non queremos deixar de comprometernos coas persoas que peor o están a pasar e, polo tanto, A “XXI CARREIRA POPULAR_RUN FOR THEM”, nesta ocasión, servirá para recadar fondos, en colaboración con Cruz Vermella, que serán destinados a axudar ás persoas damnificadas polo volcán de La Palma, que está a deixar tras de sí perdas incalculables.

No momento de formalizar a inscrición, todas as persoas participantes terán a opción de facer un donativo a título persoal para contribuir a incrementar a recadación. Os que non poidan participar, poden facer a súa aportación solidaria a través do dorsal solidario.


REGULAMENTO XXI CARREIRA POPULAR DE PONTECESURES
DECLARACIÓN RESPONSABLE COVID MENORES DE 12 ANOS

ACCESO DIRECTO Á INSCRICIÓN premendo AQUÍ

 

Loli Costa, vecina de Padrón que fue víctima de violencia machista: «Dade o paso e denunciade; é mellor contalo coma min que estar mortas».

Narra su experiencia, arropada por su abogada y su psicóloga, en el vídeo editado por el Centro de Información Á Muller Terras de Iria con motivo del 25N

El Centro de Información á Muller (CIM) Terras de Iria, que da servicio a los municipios de Padrón, Rois y Dodro, editó un vídeo para conmemorar el 25 de noviembre, Día Internacional de Eliminación de la Violencia contra las Mujeres. En el vídeo, la vecina de Padrón Loli Costa, víctima de violencia de género, narra su experiencia y anima a otras mujeres a dejar atrás el maltrato, motivo por el que ella ha decidido hacer público su caso.

«Eu ben sei que parece fácil dicilo e, se o fose, eu non tería aturado catro anos de maltrato. Pero, por favor, dade o paso e denunciade, é mellor estar aquí contándoo coma min que mortas. Non estades solas», afirma Loli Costa en el vídeo. Narrando su propia experiencia, la mujer relata un proceso gradual en el que el maltratador va destruyendo su autoestima hasta que «logra sometela á súa vontade con castigos e ameazas», según recoge la nota de prensa con la que se dio a conocer el vídeo. «Aguantaba porque non era eu, estaba ameazada, dicíame: calquera día mátote. E eu non podía contarllo a ningúen. Chegaba a crer, porque el mo dicía, que me pegaba porque me quería», explica Loli Costa.

En su caso, decidió denunciar al agresor porque temió por su vida tras el enésimo episodio de violencia machista. Puso el caso en manos de un abogado y, a raíz de la denuncia, recibió información del CIM Terras de Iria. Aquí, señala la vecina de Padrón, encontró «todo o apoio do mundo» para salir adelante. Insiste en que, pese a que otras personas quieran ayudar, las profesionales son las que mejor entienden por lo que están a pasar las mujeres maltratadas. «No CIM teño a mellor letrada e a mellor psicóloga», declara Loli Costa en el vídeo, producido por la empresa de comunicación Alicentis y grabado en el pazo de Arretén.

Su abogada es Isabel Ramos, también directora del Centro de Información á Muller, y la psicóloga es Mercedes Regos. Desde la sede del CIM Terras de Iria, situada en Padrón, que funciona sin interrupción desde el año 1995, se le presta atención psicológica y asesoramiento jurídico de modo totalmente gratuito a las mujeres que sufren cualquier tipo de violencia de género en los concellos de Padrón, Rois y Dodro. También pueden recurrir al centro en busca de ayuda los familiares y amigos de la víctima. 

«Eu estou encantada. Non me sinto soa para nada, van alá case tres anos e aínda estou a tratamento, pero xa cada vez teño menos citas porque estou mellor. Dou por bo estar aquí dando a cara se a miña testemuña fai que algunha muller que me estea vendo colla o valor de dar o paso e denunciar», concluye Loli, arropada en el vídeo por su abogada y su psicóloga. En su caso existe una sentencia, que condena a su ex pareja por maltratador. 

El vídeo se proyectará el viernes a las ocho y media de la tarde en el auditorio de Padrón.

La Voz de Galicia