O «Ghaitellón» encherá Pontecesures do son da gaita.

Día 1 de xullo ? 16 horas ? Peirao de Pontecesures ? A asociación cultural Xarandeira, de Pontecesures, xa está traballando na organización dunha nova edición do Ghaitellón, ese serán co que cada ano a vila que se estende ao carón do Ulla se enche do son das gaitas, de bailes e de animación. O Ghaitellón preséntase como un encontro de músicas tradicionais, ao que cada ano se suma un bo feixe de grupos e músicos individuais. De calquera xeito, para participar nesta festa, que mestura tradición e modernidade, non fai falla ter un talento musical especial: abonda con ser quen de cantar e dar as palmas. E, sobre todo, hai que ter corpo de festa, de celebración, e moitas ganas de pasalo ben.

La Voz de Galicia

O socialistas dous días antes do Festival das Letras Galegas criticaron a falla de información sobre o mesmo.

Parece ser que o sábado se desenvolverá en Pontecesures o tradicional Festival do Día das Letras Galegas; parece ser que nel participarán os grupos locais Algueirada e Xarandeira; parece ser que haberá otros dous grupos invitados; parece ser que antes da actuación na Plazuela haberá un pasarrúas… Dicimos parece ser, porque hoxe, só dous días antes, nin hai cartel nas rúas do pobo nin anuncio na web oficial do Concello.

Socialistas de Pontecesures

ACTIVIDADES 17 DE MAIO DE 2017: DÍA DAS LETRAS GALEGAS EN PONTECESURES.

 

Pola manán: ??LETRAS NA R?A?

A partir das 11.00 da mañá na Plazuela procederáse á acción literaria ??LETRAS NA R?A?: Lectura de anacos de Carlos Casares ??autor homenaxeado este ano no día das Letras Galegas-, nesta lectura participarán os rapaces/as do Clube de Lectura do CPI de Pontecesures, pero dende o concello anímase á participación de todos os veciños/as lendo calquer anaco da obra deste autor; repartiranse agasallos a tódolos lectores que participen.

Neste acto estarán representadas tanto a Biblioteca Municipal como a Biblioteca do CPI de Pontecesures.

Tamén a partir das 11.00 h. levaráse a cabo un obradoiro de creatividade para os máis cativos de manualidades, pintura, etc.; actividades que xirarán arredor do día das Letras Galegas e o autor homenaxeado.

Pola tarde: ??I ENCONTRO DE M?SICA DAS LETRAS GALEGAS?

A partir das 19.00 horas na Plazuela:

  • Coral polifónica Pontecesures.
  • Cantareiros ??Os chispas de Lérez?.
  • Asociación Cultural Xarandeira.

MA?A SABADO, A PARTIR DAS 16.30 H A TVG EMITE O PROGRAMA «AQUI GALICIA» DENDE A PLAZUELA, COS SEGUINTES CONTIDOS:

CONTIDOS:

  1. Orquesta Charleston Big Band.
  2. Mar Davila. ??La tumbadora? e ??Olvídame y pega la vuelta?.
  3. Grupo de bailes tradicionais da Asociación Cultural Algueirada.
  4. Grupo de bailes tradicionais da Asociación Cultural Xarandeira.
  5. Banda de música de Padrón.
  6. No apartado gastronómico, e dado que estamos na XXII Festa da Lamprea, imos ter:
    1. Os gañadores do concurso Tapea Lamprea, un concurso de petiscos a base de lamprea.
    2. Lamprea á Bordelesa, a cargo das cociñeiras responsables da festa.
    3. E, de sobremesa, teremos churros preparados de moi diversas formas.
  7. Para coñecer máis sobre Pontecesures, o seu concello e a súa comarca, veremos uns vídeos dedicados a:

??Turismo?. Visitamos os lugares máis turísticos do concello, como a ponte romana, igrexas e prazas.

??Ruta xacobea do mar de Arousa?. Coñecemos máis sobre este Camiño de Santiago que ten o seu punto álxido en Pontecesures.

??Deportes?. Co seu porto deportivo, Pontecesures é toda unha potencia en piragüismo.  Tamén son todos uns campións os membros do Ulla Club de Fútbol e do Baloncesto Río Ulla, a quen visitamos durante un dos seus adestramentos.

??Natural?. Descubrimos fermosa paraxes naturais que fan desta zona todo un paraíso.

??Situación?.

??Lamprea?.  Co presidente da Asociación de Valeiros aprendemos todo o necesario para a pesca do produto rei da festa, a lamprea.

??Coches históricos?. En Pontecesures tivo lugar un dos primeiros salóns do automóbil de toda España. Lembraremos ese pasado glorioso.

  1. Estaremos tamén na ??Mostra de Robots. Pitufolandia? e coa Asociación Cultural Estornela que nos redescubrirá algúns xogos populares xa medio esquecidos.

O son tradicional invade mañá a parroquia estradense de Ouzande.

O campo da festa acolle a novena edición da Fervenza de Músicas, que conta coa participación de dous grupos locais e agrupacións de Santiago, Dumbría e Pontecesures // A foliada, organizada con fondos propios da asociación, inclúese no programa das festas do Socorro.

A parroquia estradense de Ouzande enchese mañá, venres, de son tradicional coa celebración da novena edición da foliada Fervenza das Músicas, que reúne a centos de artistas vinculados coa música popular galega. O certame, organizado pola asociación Fervenza de Ouzande e incluído no programa das festas do Socorro, foi creado como unha actividade dirixida a promocionar e divulgar a musica galega ??tal como o facía, ata a súa desaparición en 2007, o festival Músicas da Terra?, explican os seus promotores.
Nesta nova edición participan cinco agrupacións de música tradicional e popular, dúas da localidade estradense e as outras tres de Pontecesures, Santiago e Dumbría. ??A iniciativa cumpre o obxectivo fundamental de posibilitar o intercambio cultural e musical con outras iniciativas e grupos semellantes, achegando agrupacións da comarca e de zonas próximas?, dín os membros de Ouzande.
As actuacións dos grupos convidados serán todas «a pe de campo», explican, «mesturándose entre o público, tratando así de recuperar o sabor e ambiente das fooliadas tradicionais, e procurando a maior participación posible dos asistentes».
A IX Foliada terá lugar mañá venres no campo da festa de Ouzande a partires das 22 horas.
No lugar haberá postos de polbo e churrasco, así como servizo de bar. A asociación terá un stand no que porá á venda as camisetas oficiais 2016, deseñadas pola ouzandesa Rosa de Cabanas.
En canto aos grupos abre as actuacións AC Xarandeira de Pontecesures. A agrupación, que ten 50 integrantes de todas as idades, naceu en 2003 no concello pontevedrés por iniciativa dun grupo de personas con inquedanzas polos costumes e o folk galego.

El Correo Gallego

Xarandeira actuará en Ouzande (A Estrada).

La novena edición de la foliada de música tradicional Fervenza de Músicas reunirá este viernes en la parroquia de Ouzande (A Estrada) a más de medio centenar de músicos.

La cita será a partir de las 22.00 horas en el campo de la fiesta de Ouzande, donde habrá servicio de bar, puestos de pulpo y churrasco y uno de venta de las camisetas oficiales del certamen. En el cartel figuran los grupos de la Asociación Cultural Xarandeira (Pontecesures), Pana Raiada (Santiago), Gaiteiros de Buxantes (Dumbría), Retrouso (Ouzande) y Recanto (Ouzande).

El colectivo Xarandeira está formado por 50 personas de todas las edades repartidas entre las escuelas de baile, gaita y pandereta. Su objetivo es recopilar, fomentar y difundir el folclore tradicional gallego.

Pana Raiada, por su parte, es un grupo de trayectoria reconocida, con actuaciones en Galicia, Francia y Portugal y un primer disco, O Tarabelo, publicado en el 2009. El colectivo trabaja ya en la edición del segundo.

Los Gaiteiros de Buxantes centran sus actuaciones en la zona de la Costa da Morte, pero también han actuado en ocasiones en la TVG y dos veces acompañando a la gaiteira Susana Seivane.

Los otros dos grupos en cartel son los anfitriones. Retrouso se fundó en Ouzande en el 2005. En el 2012 presentó su primer disco, OU, y este año vio la luz el segundo, Dous. Recanto agrupa a una veintena de vecinos aficionados a las canciones tradicionales. Nació a raíz de las clases de canto tradicional y es habitual en los certámenes gallegos de cantos de taberna.

La Voz de Galicia