Pontecesures celebra o domingo a Festa do Churro por San Xulián.

A partir das seis servirase gratuitamente o produto na Prazuela, acompañado de chocolate quente

OConcello de Pontecesures celebra este domingo o día do patrón, San Xulián, coa Festa do Churro como principal reclamo. Antes celebrábase no verán pero «o goberno local ve máis acaída esta data para o produto, co frío do inverno no canto do calor veraniego de xullo», segundo explica a través dunha nota de prensa. «É unha forma ademais de poñer en valor e darlle contido a esta data, e non deixala pasar coma un simple día festivo. Decidiuse de forma consensuada co gremio churreiro, moi numeroso na vila, e contando co seu visto bo, trasladouse a data».

O día comezará coa alborada a partir das 9 da mañá, cos grupos folclóricos Algueirada e Xarandeira polos distintos lugares da vila. Estes grupos, actuarán posteriormente na Prazuela; Algueirada sobre as 11.15 e, Xarandeira, ao remate da misa, que terá lugar ás 11.30 da mañá na igrexa parroquial acompañada da Coral Polifónica A Barcarola.

A Festa do Churro arrincará ás seis da tarde. Os presentes poderán desfrutar do produto acompañado de chocolate quente, nas inmediacións da Prazuela, de forma gratuíta. Ademais, o Dúo Nueva Era aportará a nota musical coa súa actuación para pechar esta xornada festiva en Pontecesures.

La Voz de Galicia

Pontecesures rendirá homenaje a San Xulián con la tradicional Festa do Churro.

Pontecesures rendirá homenaje a San Xulián con la tradicional Festa do Churro
Imagen de archivo de la Festa do Churro de Cesures.

El Concello de Pontecesures celebra este domingo su particular Día do Patrón en honor a San Xulián, que este año contará como novedad con la tradicional Festa do Churro, antes celebrada en temporada estival. El nuevo gobierno local considera esta nueva fecha como la más idónea para el producto, así como poner en valor y dar mayor contenido a estos festejos. Así, tras consensuar la decisión con el numeroso gremio churrero, el ejecutivo tomó la decisión de aplazar la tradicional cita.
La programación arrancará por a las nueve de la mañana a cargo de los grupos Algueirada y Xarandeira, que también ofrecerán un concierto en A Prazuela tras la misa solemne, que será oficiada por el arzobispo emérito de Santiago de Compostela, Julián Barrio Barrio, a partir de las 11:30 horas. La Festa do Churro, amenizada por el Dúo Nueva Era, será a partir de las 18 horas, cuando el público podrá disfrutar del popular producto acompañado de chocolate caliente, de forma gratuita.

Diario de Arousa

La aventura china de Ana Solla, una cesureña en la corte musical de Strauss.

Participará en 18 conciertos en el gigante asiático con una orquesta de Viena

La gaita fue el primer instrumento que aprendió a tocar Ana Solla. Como tanta otra rapazada cesureña, cuando era niña invirtió parte de su tiempo de ocio en el grupo de música y baile tradicional Xarandeira. Fue allí cuando, siendo bien cativa, aprendió a tocar. Y allí también —ya iba para los 16 años— donde recibió un consejo que iba a marcar el rumbo de su vida: «O meu profesor díxome que debería aprender solfeo, que ler partituras era importante». Seguramente aquel profesor de gaita había visto el talento que guardaba en su interior su joven pupila y que, quince años después, brillará en el marco de la Vienna Johann Strauss Orchestra. Con ella realizará Ana Solla una gira navideña por China18 conciertos en al menos media docena de ciudades.

 Ana Solla hará el viaje acompañada por su contrabajo, el instrumento que eligió como compañero cuando entró en la escuela de música de Valga. Fue allí, en el auditorio de Cordeiro, donde comenzó a tomarse más en serio su pasión por la música, donde decidió ampliar sus horizontes estudiando en el conservatorio de Santiago, y donde soñó por primera vez con hacer estudios superiores en Salamanca, que transcurrieron entre larguísimas horas de ensayo —una media de seis diarias—. La escuela de música de Valga, una auténtica cantera de talentos, es también el lugar en el que esta cesureña enseña, desde hace ya unos años, contrabajo a quienes como ella disfrutan de los tonos graves que este instrumento es capaz de emitir.

En el mismo edificio en el que está la escuela de música opera, desde hace unos años, el Centro Superior de Música de Galicia. Fue en uno de los seminarios internacionales que organiza este centro donde a Ana Solla le llegó su oportunidad: «Unha persoa veume tocar naquel encontro. E debín de gustarlle, porque un tempo despois chamoume para dicirme que había unha baixa no proxecto desta xira, e que lle gustaría contar comigo», explica Solla. De repente, se encontró envuelta «nun proxecto moi grande», articulado bajo el grupo Johann Strauss Operette Wien, integrado por un total de cincuenta músicos y dos cantantes, y dirigido por Claudio Alano Cohen.

La aventura de Ana Solla arrancará el próximo jueves, cuando coja un avión con destino a Viena. Allí comenzará a ensayar con el equipo en el que está llamada a integrarse, y del que, de momento, no conoce «máis que a unha persoa». «Hai xente de moitos lugares distintos, vai ser unha experiencia moi enriquecedora», cuenta.

La gira por China arrancará el 22 de diciembre y finalizará el 7 de enero. Durante la Navidad, el grupo del que forma parte Ana Solla recorrerá cinco ciudades del gigante asiático, ofreciendo la friolera de 18 conciertos. El repertorio de estos recitales gira alrededor de música vienesa. «A maioria de obras son de Strauss, pai e fillo, pero tamén hai algunha obertura de Suppé» y piezas de Mozart, Leham, Kalman…

«Estou acostumada a pasar o Nadal na casa, pero creo que vai ser unha experiencia que paga a pena; vai ser un Nadal diferente», explica.

La Voz de Galicia

Recepción no concello ao grupo que participou en Festideira.

O alcalde en funcións, Roque Luis Araújo, e o concelleiro de Educación, Deportes e Mocidade, Alberto Rivas, recibiron na casa do Concello ao grupo Coros Danzas Sherezade (Toledo), que participou este sábado no Festideira, organizado pola AC Xarandeira en colaboración co Concello de Pontecesures.

Moitas grazas aos dous grupos pola súa magnífica actuación.
Por moitos anos máis de Festideira!

O grupo Xarandeira saíndo o xoves pasado para Porto coa imaxe de San Roque.

A.C. Xarandeira

Nota do goberno local sobre as Festas do Carme.

O Concello de Pontecesures vén de dar a coñecer o programa das Festas na Honra á Virxe do Carme, que terán lugar do venres 30 de xuño ao luns 3 de xullo. Catro días de festexos con pasarrúas, concertos, actividades infantís e o tradicional Desfile Valeiro do domingo 2 de xullo.

A alcaldesa de Pontecesures, María Teresa Tocino Barreiro, asegura que “sacar unhas festas coma estas en menos de oito días foi algo moi difícil, sobre todo porque non había nada programado con anterioridade pero penso que fomos quen de conseguir unhas festas moi dignas que de seguro desfrutarán os veciños e veciñas de Pontecesures”.

Acordo para o traslado da Festa do Churro

Neste sentido, a alcaldesa sinala que “por cuestións de tempo non se podía organizar a Festa do Churro, xa que non había nada previsto por parte do Goberno anterior. Por iso, onte mantiven unha reunión co colectivo, expliqueilles a situación e acordamos seguir adiante coa Festa do Churro pero cambiándoa de data: ao 7 de xaneiro”. Desta forma, a Festa do Churro terá lugar o Día do Patrón, “unha proposta que xa tiñamos en mente, porque pensamos que o inverno é unha mellor época para este produto e que entra mellor uns churros en inverno que roldando os trinta grados como imos estar o vindeiro luns 3 de xullo”, explica María Teresa Tocino.

De feito, a alcaldesa amosa a súa satisfacción xa que “o colectivo non so entendeu a imposibilidade de celebrar a Festa do Churro en xullo, senón que ademais pareceulles unha idea moi boa a da trasladala a xaneiro canda o Día do Patrón”, polo que agradeceu o apoio e colaboración do sector do churro cesureño.

Programación para todos os gustos e idades

A programación das Festas na Honra á Virxe do Carmen de Pontecesures inclúe actividades para todos os gustos e idades. O programa dará comezo o venres 30 de xuño coa actuación musical de Wöyza & The Galician Messengers, un grupo liderado pola artista de hip hop e soul Sofía Trigo e que interpreta cancións populares do patrimonio histórico-cultural galego en clave de música urbana. Unha fusión de xéneros e expresións contemporáneas como o soul, o gospel, o hip hop ou a danza urbana co patrimonio musical galego que poderá desfrutarse a partir das 21:00 horas na Plazuela.

A Asociación Cultural Xarandeira será a encargada de abrir a xornada do sábado 1 de xullo, cun pasarrúas matutino e unha actuación na Prazuela ás 12:00 horas. Xa pola noite, a partir das 22:00 horas, gran concerto a cargo de A banda da loba, un grupo de música galega integrado por cinco mulleres que decidiron unir as súas traxectorias individuais para crear un proxecto colectivo. Mesturando pop, blues, folk, rock e sons tradicionais, A banda da loba foi quen de crear un estilo musical heteroxéneo, singular e moi prezado polo público.

domingo 2 de xullo amencerá cun gran disparo de bombas, un pasarrúas a cargo da Banda de Música de Lantaño e un concerto a cargo da Coral Polifónica Cultural A Barcarola. Ás 18:00 horas terá lugar o tradicional Desfile Valeiro e ás 18:30 horas está programada a misa solemne, tras a cal terá lugar unha procesión co acompañamento da Banda de Música de Lantaño. Pola noite, gran verbena coas orquestras La Ola ADN e América SL.

O Concello de Pontecesures lembra que as persoas que queiran participar na procesión das Festas na honra da Virxe do Carme poden inscribirse nas oficinas municipais ata as 14:00 horas do xoves 29 de xuño. A roupa para a procesión poderá recollerse o venres 30 de xuño, entre as 10:00 e 14:00 horas, na propia casa consistorial.

Finalmente, o luns 3 de xullo estará especialmente dedicado ao público infantil. Pola mañá, a Asociación Cultural Algueirada encargarase do pasarrúas, seguida ás 12:30 dunha misa a San Antón cantada pola Coral Polifónica Cultural de Pontecesures. Pola tarde, a partir das 17:00 horas, gran Festa Infantil con inchables, espuma, colchonetas… nas rúas San Lois e San Lázaro, así como na Plazuela. O grupo de animación infantil Las Pamisuky encargarase de poñer o punto e final ás festas cun divertido espectáculo lúdico-musical que inclúe unha gran variedade de cancións infantís e actuais nas que é precisa unha activa participación da rapazada a través de xogos e bailes.