Pontecesures celebra o domingo a Festa do Churro por San Xulián.

Publicado por Redacción en

A partir das seis servirase gratuitamente o produto na Prazuela, acompañado de chocolate quente

OConcello de Pontecesures celebra este domingo o día do patrón, San Xulián, coa Festa do Churro como principal reclamo. Antes celebrábase no verán pero «o goberno local ve máis acaída esta data para o produto, co frío do inverno no canto do calor veraniego de xullo», segundo explica a través dunha nota de prensa. «É unha forma ademais de poñer en valor e darlle contido a esta data, e non deixala pasar coma un simple día festivo. Decidiuse de forma consensuada co gremio churreiro, moi numeroso na vila, e contando co seu visto bo, trasladouse a data».

O día comezará coa alborada a partir das 9 da mañá, cos grupos folclóricos Algueirada e Xarandeira polos distintos lugares da vila. Estes grupos, actuarán posteriormente na Prazuela; Algueirada sobre as 11.15 e, Xarandeira, ao remate da misa, que terá lugar ás 11.30 da mañá na igrexa parroquial acompañada da Coral Polifónica A Barcarola.

A Festa do Churro arrincará ás seis da tarde. Os presentes poderán desfrutar do produto acompañado de chocolate quente, nas inmediacións da Prazuela, de forma gratuíta. Ademais, o Dúo Nueva Era aportará a nota musical coa súa actuación para pechar esta xornada festiva en Pontecesures.

La Voz de Galicia


0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.