Los socialistas de Ulla-Umia denuncian el «caos» que sufren los centros de salud

El candidato al Senado, Daniel Chenlo, se reúne con los secretarios generales locales.

Los socialistas de la comarca de Ulla-Umia critican el abandono de un territorio, a caballo entre Pontevedra y el Salnés, que padece la marginación por parte de la Xunta de Galicia, sometido a una total falta de inversiones y a la dejadez más absoluta en el ejercicio de las competencias autonómicas. El candidato del PSdeG-PSOE al Senado, Daniel Chenlo, mantuvo una reunión en Caldas de Reis con los secretarios generales locales de esta localidad, además de los de Barro, Valga, Catoira, Cuntis, Moraña, A Estrada, Puertas y Pontecesures. Del encuentro salió un diagnóstico que conformará la agenda de reivindicaciones de este territorio no solo de cara a las próximas elecciones del 10 de noviembre , sino también a las autonómicas de 2020.

El caos en la atención sanitaria en la comarca centró buena parte del encuentro, pues los problemas en los centros de salud son comunes y especialmente graves en Caldas de Reis, Cuntis, Caldas, Moraña y Barro. El Concello de Caldas de Reis se ve maltratado por la Xunta, que tardó 7 años en rechazar la parcela ofrecida en la Tafona para la construcción del nuevo Centro de Salud. Tras esta decisión llegó a ofrecer cuatro parcelas distintas, sin que la Consellería de Sanidad diera una respuesta definitiva, lo que suponen un desprecio al vecindario. En Cuntis, Caldas y Moraña critican que solo disponen de un médico, cuando debían tener dos, y que el pediatra es, en realidad, un médico de familia que carece de la experiencia necesaria. Son habituales los episodios de centros que quedan desatendidos porque surge una urgencia que obliga a desplazarse al único médico.

Faro de Vigo

Seage intenta allanar el camino para que la fábrica de Nestlé pueda ampliarse.

El alcalde de Pontecesures trasladó al presidente de la Xunta la intención de la empresa de aumentar su producción.

El alcalde de Pontecesures, Juan Manuel Vidal Seage, mantuvo esta semana una reunión de trabajo con el presidente de la Xunta, Alberto Núñez Feijoo. «Temos varios asuntos no Concello que queremos activar e que dependen dalgún xeito da Administración autonómica», explicaba ayer Seage. Uno de las cuestiones que trasladó al presidente de la Xunta fue la necesidad de allanar el camino ante la más que posible ampliación de la fábrica de Nestlé. «A curto-medio prazo, a empresa quere ampliar a súa produción. Iso implica máis traballo, pero implica tamén máis espazo», argumenta el regidor. Por eso, considera que es necesario arbitrar cambios urbanísticos que permitan a la factoría aumentar sus dimensiones en su actual emplazamiento.

Pero la reunión con el presidente de la Xunta, que se comprometió a «estudiar a posta en marcha das xestións necesarias», dio para mucho más. El asunto que consumió más tiempo del encuentro fue la necesidad de activar un plan de choque para acabar con los vertidos al Ulla. Explica el alcalde que él mismo ha trasladado a Augas de Galicia un informe sobre los principales puntos en los que se registran problemas de contaminación. El más importante de ellos es el que desagua bajo el Ponte Rateiro. Allí desemboca un riachuelo al que vierten directamente edificios y viviendas del casco urbano, ya que «non están rematados os separativos».

Asegura el alcalde que ese vertido tiene muy mala solución para un concello como Pontecesures, donde los recursos son contados. «O primeiro que precisaríamos sería ter unha auditoría da situación actual», explica el regidor, que trasladó al presidente de la Xunta su interés por la puesta en marcha de una empresa pública que se encargue de la gestión del ciclo del agua. «Para concellos coma o noso, iso sería un balón de osíxeno moi importante», asegura el regidor popular.

Seage también trasladó al titular del Gobierno gallego la importancia de acometer cuanto antes la colocación del nuevo pantalán para pasajeros en el Ulla, «xa que nos daría un espaldarazo en materia turística». También recalcó la importancia de ampliar el que ya existe y que utilizan los usuarios del Club Náutico. La necesidad de ampliar las instalaciones de este -a fin de cuentas es el club con más licencias federativas de Galicia- fue otra de las cuestiones a tratar. Esa actuación está pendiente de la autorización de Portos al uso de una parcela, y de la colaboración de la Secretaría Xeral para o Deporte en la redacción del proyecto.

La Voz de Galicia

RECEPCIÓN DUN GRUPO DE AXENTES DE VIAXES RUSOS NO CONCELLO DE PONTECESURES PARA A PROMOCIÓN DO CAMIÑO DE SANTIAGO.

O Concello de Pontecesures acolleu onte a un grupo de axentes de viaxes procedentes de Rusia. O obxectivo da visita é o de promocionar o Camiño de Santiago e dar apertura a novos mercados poñendo en valor as diferentes vertentes do Camiño.

Pontecesures, dentro do programa cofinanciado pola Xunta de Galicia, “O Teu Xacobeo”, foi escollido como punto de interese dado que aquí é donde conflúen o Camiño Portugués,  a Ruta da Costa e a Variante Espiritual por mar ademáis de polo atractivo da súa gastronomía e polo seu patrimonio etnográfico e cultural.   

Agentes de viaje rusos visitarán Pontecesures.

Una veintena de agentes de viaje procedentes de Rusia iniciaron ayer en Sanxenxo un Fam Trip –si quieren saber lo que es, mírenlo en un libro gordo– que les llevará a lo largo de esta semana por mucho recunchos de Galicia para conocer todos los valores do Camiño de Santiago y sus principales rutas. Esta acción, cofinanciada por la Xunta dentro del programa O Teu Xacobeo, pretende promover la comercialización exterior del Año Santo y cuenta con la organización y dirección de la mayorista Viajes InterRías, compañía gallega líder en España en los mercados de grupos y circuitos turísticos. Durante cuatro días, los profesionales rusos visitarán O Cebreiro, Lugo, Ourense, A Ribeira Sacra, San Cristovo de Cea y el mosteiro de Oseira, A Coruña, Fisterra y Pontecesures. También cubrirán un tramo de la Ruta Jacobea para entrar en el Obradoiro como unos peregrinos más. La presentación de esta campaña tuvo lugar ayer en el Gran Talaso Hotel Sanxenxo, donde los especialistas de Viajes InterRías –en la foto– explicaron a la delegación rusa, con apoyo audiovisual, las particularidades del mercado turístico gallego.

El Correo Gallego

Maside, do debuxo á viñeta.

A Fundación Laxeiro expón o traballo do artista como caricaturista satírico na prensa.

A esquerda. o debuxo preparatorio da viñeta rematada.

Carlos Maside (Pontecesures, 1897-Santiago, 1958) é un dos artistas galegos máis recoñecidos da primeira metade do século pasado, cunha traxectoria na que conviviron as vangardas, a renovación do realismo e o popular máis alá do folclorismo. Pero, como ocorre cos creadores singulares, Maside cultivou diversas facetas, como, no seu caso, as colaboracións en prensa, que se constitúen en eidos de interese propio. Ocorre así coas corenta pezas que forman a mostra Carlos Maside e o debuxo satírico, que manterá aberta a Fundación Laxeiro na súa sede viguesa entre este venres e o 19 de xaneiro.

A proposta baséase na escolma de corenta bosquexos e debuxos preparatorios das viñetas que Maside publicou entre os anos 1927 e 1936 no xornal vigués El Pueblo Gallego, procedentes dos fondos do museo que leva o seu nome en Sada. A formulación da mostra ofrece un dobre interese: dunha banda, o espectador pode pescudar no proceso creativo de Maside, do debuxo á viñeta rematada; doutra, o contexto social e político no que se insire o traballo do artista, xa que a exposición reproduce as páxinas nas que se publicaron as achegas gráficas de Maside.

Ademais, a montaxe documenta a versatilidade do artista dentro das limitacións de espazo e os condicionantes impostos polos formatos xornalísticos. Así, Maside desenvolvíase tanto na viñeta, na que facía crítica política e social, como na caricatura -políticos ou personalidades culturais que estaban de actualidade- e na estampa popular, case sempre centrada en mulleres e oficios.

Outra evolución que permite seguir a mostra é a das influencias patentes na viñeta xornalística no primeiro terzo do século XX, onde eran notables as pegadas de Castelao e Bagaría. Maside vaise desprendendo do modernismo dominante nos inicios, achegándose máis á sinxeleza e precisión que xa formaban parte do seu repertorio como artista. Da súa estadía como bolseiro en París, entre 1926 e 1927, trae novas técnicas, aprendidas dos vangardistas, como o raiado para acentuar volumes ou o contraste lumínico, así como outras que incorpora do gravado.

A mostra compleméntase cun vídeo realizado pola comisaria, Rosalía Pazo Maside, cunha escolma doutras viñetas, tamén de prensa, pero distintas ás que forman a exposición. Maside tamén colaborou con El Sol, Libertad ou Galicia, entre outros.

Cúmprese o desexo de Maside e o seu legado exhíbese en Santiago

Máis de sesenta anos despois cumpriuse o desexo de Carlos Maside de que a súa obra ficase en Compostela. A emoción encheu por momentos o Comedor do pazo de Fonseca na inauguración da exposición coas vinte e unha obras que forman o legado Maside, que foi adquirido o pasado ano polo Consorcio da Cidade de Santiago e que agora se exhibe ao público.

As palabras de agradecemento a todos aqueles que fixeron posible o cumprimento do desexo do artista foron constantes nas intervencións, destacando que non fora tarefa doada culminar o proceso para que trece óleos sobre lenzo, tres gouache e catro debuxos a lapis que Maside pintou entre os anos 30 e 50, se convertesen en patrimonio da cidade compostelá. «É un día dunha gran satisfacción. Por unha parte, porque Maside forma parte do patrimonio cultural de todos os galegos, e, por outra, porque é a culminación dun proceso que comezou no ano 1958 con Antonio Baltar ao fronte como testamenteiro de Maside para que a súa obra ficara en Santiago», asegurou Asunción Leiceaga, en representación da Plataforma Maside, que foi unha das entidades que estivo traballando para o cumprimento deste desexo. Nese sentido, agradeceu á familia do artista «polo criterio que seguiron da venta do legado, que foi primar a vontade do pintor de permanecer en Compostela». 

Xulio Maside Rodríguez, que falou en nome da familia do artista, incidiu en que «foron moitas as portas que houbo que abrir para que a vontade de Carlos se materializase». Ademais, lembrou que o artista era un galeguista e «o que se ve na súa obra é Galicia. Quixo elevar á máxima expresión o que consideraba fermoso do seu país».

O legado Maside, que durante os últimos anos estivo depositado na Fundación Granell despois de que a familia o sacase de Vigo no 2014, foi adquirido polo Consorcio de Santiago -integrado polo Goberno Central, A Xunta e o Concello- por algo máis de 430.000 euros, cunha achega da Deputación da Coruña por importe do 50 %. Precisamente, esta colaboración entre diferentes administracións e entidades foi un dos feitos nos que fixo fincapé o alcalde, Martiño Noriega, ademais de engadir que «damos por ben investido todo o esforzos». Pola súa parte, a vicepresidenta da Deputación, Goretti Sanmartín, afirmou que «non se podía permitir que estes 21 cadros acabaran repartidos por diferentes puntos». O reitor da USC, Antonio López, asegurou que a Universidade síntese «honrada de colaborar neste proxecto de país».

Nas vinte e unha obras do legado hai algunhas moi destacadas, como a das Tendeiras ou a da Costureira. Poderán verse de martes a sábado de 10.00 a 14.00 e de 17.00 a 21.00 horas.

La Voz de Galicia