O día 12 de setembro en infantil e primaria, e o día 19 en secundaria comeza o curso escolar no CPI Pontecesures.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán en

mochilaO mércores día 12 de setembro comeza o curso en infantil e primaria cun horario de 9,05 a 14,05 horas. Este horario permanecerá así en todo o curso. En primaria haberá só un recreo que será de 11,35 a 12,05 horas.

O mércores día 19 comeza o curso en secundaria cun horario, no mes de setembro, tamén de 9.05 a 14,05 horas xa que a xornada neste mes redúcese en secundaria en tódolos centros por mor do transporte escolar.

De outubro a maio en secundaria o horario será de luns a venres de 9,05 a 14,45 horas e o mércores ademáis de 16,45 a 18,25 horas. En secundaria haberá dous recreos pola mañá que non coincidirán, en horario, co de primaria.

O día 19 en secundaria, só terá lugar a presentación. A de alumnos/as do 1º ciclo será ás 11 horas, mentres que a dos do 2º ciclo será ás 12 horas.

Categorías: Educación

0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.