Mañá selección do profesor/a para o reforzo da escola de adultos.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán en

Mañá día 9 de outubro, ás 10,00 horas, terá lugar a entrevista para a selección dun diplomado/a en maxisterio para impartir clases de inglés, galego e castelán na escola de adultos de Pontecesures e para outros servizos administrativos (subvención da Delegación de Traballo para un contrato de un ano, dentro dos Programas de Cooperación 2007). O tribunal estará formado por Ricardo Campos, por José Rodríguez Fructuoso e por Mª Fernanda Cimadevila.
Os candidatos/as son envíados pola Oficina de Emprego de Vilagarcía, logo de facer a oferta de emprego no seu día. Hai que facer constar que o día 24 de setembro houbo un primeiro intento de selección pero dos catro aspirantes enviados, 3 non se presentaron e a restante non se adaptaba ó perfil requerido pois só tiña coñecementos de francés. Deste xeito houbo que solicitar ó envío de máis aspirantes á oficina de Vilagarcía.

Categorías: ConcelloEducación

0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.