Por fin se procede á retirada do andamio do edificio «Villa Pombal»

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán en

Na mañá de hoxe, traballadores do promotor Constantino Taibo Tojo, están procedendo á retirada deste andamio, que leva máis de ano e medio colocado impedindo o paso de peóns pola beirarrúa de Víctor García, coas corespondentes queixas de varios veciños.
Este edificio en ruína, foi adquirido recentemente por unha empresa de Caldas de Reis que pretende rehabilitalo (está protexido por Patrimonio). Fixéronse xestión cos novos propietarios para que, ata que comecen as obras, se protexa o andar segundo cunha marquesina fixa, para evitar riscos de desprendementos.

Categorías: ConcelloSociedade

0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.