Maribel Castro: “Estou encantada coas pintadas”.
La alcaldesa de Pontecesures, Maribel Castro, se mostró ayer “encantada” con las pintadas aparecidas el domingo en la villa con el texto “Dimite Maribel”.
La regidora aseguró que “non mandei borralas. É a maneira de que me coñezan, que pregunten quen é Maribel”.
DIARIO DE PONTEVEDRA, 05/02/08
29 Respuestas a “Maribel Castro: “Estou encantada coas pintadas”.”
Esto era o que nos faltaba por oir.Pareceme patetico que alguen poida decir que esta encantada coas pintadas.Esta muller a metade das veces non sabe nin o que di.Pasalle como Alfredo Landa na entrega dos Goyas que se lle foi a pinza.Pois a el a pasalle outro tanto do mesmo.
Ademais de prepotente eu chamarialle sinvergonza.
E para rematala ainda pon que asi a xente coñecea e pregunta por ela.
Bueno a min persoalmente non me gustaria que me coñeceran por unhas pintadas onde piden a miña dimisión.
Pero bueno temos xente con gustos moi raros como a alcaldesa.
Tranquilidade, home, tranquilidade. ¿Non entendes que esta sendo irónica? Tes un problema.
Non creo que a ninguén lle gusten este tipo de “actos” ou de mamarrachadas. A prepotencia ou desfachatez é simplemente de quen fai as pintadas. Unha vergonza.
Con respeto a “situación política de este pueblo” si estas tan en desacordo co sistema electoral en español. Xa sabes, voto en branco. So se vota a unha lista non a unha persoa en pacticular. Isto non é un presidencialismo.
Reitero que a algúns non lle sentou ben o sábado de entroido. Tamén houbo outra pintada na galería do Taboga co mesmo cor verde. Os covardes aquí subiron o listón da intolerancia. Ademáis do texto “Dimite Maribel” engadiron o de “puta”. Que tristura, e non lle podemos botar a culpa ós de fóra. Os artistas do spray penso que están entre nós.
Todo o mundo de Pontecesures e dos arredores sabe quen é Maribel, sabe que é unha persoa sen negunha catadura moral, que con apenas 200 votos e por vinganzas doutros está onde o pobo non a quixo. A sabendas que o pobo a prefiríu de última como alcaldesa e a considerable diferencia dos outros candidatos, tivo a ousadía de representar e dirixir un concello para o que non tivo apoio, e sen embargo os 2300 € ao mes e o mando poden máis que a ética; e dirá ¿que é iso? Non tivo escrúpulos en darse un premio de 400 € para a organización que preside, importándolle un bledo o que diga ou opine a xente. Maribel, sabes porque non te votaron ou te votaron de última? Porque todo o pobo te coñece, por iso. Non teñen que preguntar quen é a Maribel das pintadas.
Un saúdo para todos.
Unha deducción moi “intelixente” pola túa banda, Sabariz: se che parece as pintadas as fixo un de Vina do Bolo… Non tiñas prezo de detective privado. Normal que non lle parezan mal as pintadas a Su Excelencia Maribel I de Castro. Ante os cartos para ela todo vale, todo se acepta. Que pena, que lástima, que vergonza.
Que fagan pintadas alusivas a unha persoa non é agradable nunca. Eu lembro as da miña casa e os insultos na porta fastidian, “adiosrios”, a toda a familia. E aínda por enriba, tes que asumir o custo de borralas. Presentei a denuncia pero nunca se soubo nada sobre os autores.
Hai que condenar sempre este tipo de feitos. Ogallá se descubra algún día ós responsables.
Estoume reindo todos os días, porque os do bloque vanlle a degüello a Sacapieles, hasta lle choran 400 euros do premio., manda carallo, eso o despachaba angueira nun plis, plas..Decían na de Goméz que alí con angueira iba a comer moitos da peña do bloque de balde…os da barcarola polo menos iban disfrazados pero os amigos de angueira ian de carotas…Pero Sabariz quens íban a ser esos acompañantes que decías…a peña, home a peña. preguntádelle a Miguel o de Gómez que antes estaba caladiño pero agora xa larga de medo…e lei de vida acábase ó poder e apuñálante.
Os grafitis non son a mellor opción,sobre todo cando destruen o patrimonio,para iso as institucións deberian practicar co exemplo!!!....Todos os dias vemos non medios como se destruen patrimonios naturais e logo criticanse actos de illados de bandalismo.Non defendo uns nin outros,pero o que non se poden criticar certas atitudes e actuar do mesmo xeito noutra,como exemplo temos os anuncios e bandos que se colocan en farolas e postes da luz,en paredes,en mobiliario urbano diverso….”ANTES QUE ESIXIR PRACTCAR CO EXEMPLO”
Home, “laranxa”, só faltaría que non poidera citicar que pinten insultos na miña propia casa. Comparar iso coa colocación de bandos ou anuncios nas farolas por parte de persoal do concello, é unha auténtica barbaridade. ¡Vaia vara de medir tes!.
Por suposto, a min tampouco me gustou iso de pegar os anuncios nos elementos urbanos. Xa houba unha queixa nacionalista nun pleno e vaise deixar de facer este tipo de prácticas por parte do concello. Incluso vaise proceder á retirada dos que permanecen pegados ás farolas.
Señor Sabariz
lo a usted parecelle normal que goberne unha persoa que casi non recibiu votos,
esto parece unha dictadura, xa que goberna porque
a ti e a outro mais lle dou a gana,
eso non e normal,
aqui cada un fai o que quere e despois queixanse de que lle fagan pintadas,
normal con xente coma vos que sodes os que representades o pobo e non valedes para nada
representaba mellor o pobo un mono ca vos,
e debe de pintar as paredes habia que pintarbos a ti e a Maribel.
Gracias graffitero,
pero para pintar a estes non vale a pena gastar cartos en sprays,xente como esta e a que fai que un pueblo como Pontecesures que antes era coñecido,
perda interes por parte da xente,
señor Sabariz,se abandonara a politica gañaria mais, e o de gañar mais refirome que o valorarian mais xa que economicamente gañaria menos,
e deixe mepaz a este pueblo que non fai mais que levalo a pique.
Dende logo teño que soportar de todo. Agora “veyron” ata me comparas cun mono, felicitas ós artistas das pintadas, e animas a que continúen estes actos.
Pois é unha mágoa que teñamos xente que opine así nestes tempos que vivimos. Imos mal, se queremos impoñer que goberne a nosa forza política por enriba de todo.
Erras “veyron”, ó dicir que se deixo ó concello gañaría menos. Gañaría ó mesmo: Nada.
Mellor dito; sí gañaría algo menos: 24,04 € por cada sesión do pleno, xunta de goberno ou comisión informativa nas que estou presente.
Pois logo “veyron”, terás que queixarte aos que fan as leis e regulamentos electorais. O sistema electoral actual é a xustificación que ti dis que non hai. E de momento ningún dos “grandes” partidos aparenta ter intención de cambiala, así que moi mal non lles debe de ir.
Por outra banda, non goberna unha persoa sóa. Gobernan unha seria de persoas que entre todos xuntan mais apoios que os que non gobernan. Eche o que hai, para ben ou para mal. Pasa en moitos sitios.
Con respecto aos grafiteros, hainos que efectivamente fan arte na rúa e outros que obviamente non a fan. Se algún destes últimos é desos que está movendo o mundo faría mellor en telo quietiño.
Deja una Respuesta
Debes estar conectad@ para enviar un comentario.

(6 votes, average: 4.33 out of 5)
