O 23 de Xullo do 2005 naceu Pontecesures.net, ainda que a primeira entrada foi en Agosto cun pequeno texto:

Pronto teremos os cesureños un médio sinxelo para comunicarnos e amosar todo tipo de novas e información sobor de Pontecesures

Co mesmo espiritu segue esta páxina na que, tras só 3 anos, xa hai 3.794 entradas e 8.311 comentarios, que fan deste pequeno sitio unha fonte de información e opinión sobre o que acontece no noso concello e o entorno.

Non podo máis que agradecer a todos: redactores, colaboradores, comentaristas e visitantes que gracias a todos, este medio segue vivo.

Tras estes tres anos, nin o deseño nin o formato mudou, é posible que necesite un cambio (ou moitos) para que vaia evolucionando cara o seu cuarto cumpleanos. Tódalas suxerencias serán comentadas e estamos abertos a calquera cambio que veña dado por vos e co simple obxetivo de facer este sitio máis interesante e rico en contidos e información.

Un saudiño dende Sevilla,

Antonio Cortés.