O goberno de Pontecesures «corrixe o erro» na data de remate do contrato da monitora de ximnasia de adultos.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán en

Mediante resolución da alcaldía de 11/04/12 arguméntase que a data prevista de remate do contrato de Sandra Atanes Bouzón era o 19/06/12, para que as clases concluiran a finais de maio (hai que ter en conta os días de vacacións da traballadora), e non o 19/05/12 como por erro se reflicte no documento. Acorda a alcaldía modificar o contrato para substituir 19/05/12 por 19/06/12.

Lémbrase que como nun principio as clases remataban a finais de abril, unha representación das afectadas comunicou as súas queixas ao concelleiro de deportes. Roque Araújo nunha xuntanza na Casa do Concello. A ACP, que criticou hai uns días a improvisación e falla de planificación da actividade precisamente neste ano no que se cobrou un prezo público, celebra que as clases sigan un mes máis aínda que lle sorprende que se fale agora dun erro. Sexa como sexa, o importante e que pola demanda das interesadas o goberno local se percatase de dito erro.

Categorías: Concello

0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.