Tres feridos leves en accidente de tráfico na N/550.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán en

Sobre ás 16:45 horas de hoxe, 19 de setembro, o Mercedes 300 8355-BTP foi alcanzado na parte traseira polo camión 7851-FKM de Beade (Rois) que transportaba troncos de madeira. A colisión por alcance tivo lugar no cruce da Estrada (Avda. de Vigo) cando o turismo atopábase detido na espera de que que a luz do semáforo se puxera verde e o camión arrastrouno varios metros logo do contacto. Ámbolos dous vehículos circulaban con dirección a Valga.
Unha ambulancia evacuou aos tres ocupantes do Mercedes (un home, unha muller e unha nena) con lesións aparentemente leves.
Os danos materiais, sobre todo no turismo, foron considerables.

Categorías: Sin Categoria

2 comentarios

Rainbow · 20-09-2012 a las 16:49

Enton o camion non parou no semáforo¿? Sábese a que foi debido?

porco bravo · 20-09-2012 a las 18:43

Seique a culpa foi de Sabariz por pedir que se arranxaran os semáforos a sabendas de que o goberno local actúa a toque de cornetín.

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.