Nestlé Pontecesures ??La lechera?, concede unha canoa de máxima calidade ó palista do Club Náutico Pontecesures Campión de España de Inverno e integrante da Selección Nacional Junior.

Publicado por Antonio Cortés en

A Dirección do Club Náutico Pontecesures, cá satisfación de contar entre os seus palistas con un Campeón de España de Inverno e actual integrante da Selección Nacional Junior, convocado e concentrado no Centro Galego de Tecnificación Deportiva de Galicia, inicia contactos ca Directora da Fábrica Nestle ??La Lechera? de Pontecesures, que gracias ó seu interese polo traballo e resultados que se estan a conseguir neste Club, xestiona a través da Dirección Xeral de Nestlé España, que se rindan ó esforzo deste palista e recoñezan o traballo realizado polo palista e polo Club para conseguir uns resultados tan importartes. Os resultados desta xestión permiten a Dirección Xeral de Nestlé, mercar unha Canoa da máxima calidade para utilización de este palista nas competicións de máximo nivel que disputará por todo o territorio naciónal e campeonatos internacionais.

Esta embarcación levará inscrita na súa superficie os logotipos de ??Nestlé? e de ??La Lechera?, nova simboloxía da Fábrica de Pontecesures.

De esquerda a dereita:
Javier Bouzas[1] – María do Carmo Pinto Ferreira[2] –
André Oliveira[3] – Angel Barreiro[4]

Dende a Dirección do Club Nautico Pontecesures, agradecer a Directora de Nestlé Pontecesures Srta. María do Carmo Pinto Ferreira, e ó Xefe de Recursos Humanos, D. José Manuel Carregal Dieguez, o interese por colaborar con este Club, e o seguimento que realizan do traballo e resultados que se están a conseguir dentro do Piragüismo nesta pequena localidade, a cal sin embargo goza dunha gran tradición nos deportes náuticos.


André Olivera
Campeonato de España de Fondo 2006

fn1. Director Técnico

fn2. Directora Fábrica Nestlé ??La Lechera? Pontecesures

fn3. Canoista Selección Nacional Junior.

fn4. Presidente do Club Náutico Pontecesures


19 comentarios

kaka-tua · 17-10-2006 a las 20:36

Moitas felicidades e é un acto merecido este de recoñecemento a este campeon. Así como debe de ser un espello para o resto do xóvenes do pobo. Tamén é un motivo de satisfaccion para eses pais que están implicados polo deporte dos crios (¿que pai/nai non quere o mellor para os seus nenos?). Tamén as felicidades para o «presi» esperando que desta conteste as cuestion que lle teño plantexado antes:

http://www.pontecesures.net/2006/09/22/obras-nautico-incremento-86-por-ciento/

¿Ou vai estar escondido sen opinar?… Por desgracia a politica invade todo o do noso concello, ata o deporte, e que decir do naútico, reducto do BNG e fabrica dos cachorros (logo «garda pretoriana»)…

Eu · 18-10-2006 a las 09:52

Pois eu creo que o último párrafo da entrada de Kaka-túa está de máis.
Logo de felicitar o rapaz e os páis a que ven que manche o comentario con tintes políticos?????
O que vexo eu e que neste pobo non se sabe separar as cousas. Ou mellor dito, hai xente que se nega a separalo.

kaka-tua · 18-10-2006 a las 18:35

Opinion válida e corecta a túa, EU. Gustame cando hai debate apaixoado… A pena é que o ?Presi? do náutico leve meses en boca de moita xente do pobo e siga sen aclarar se o club que él preside foi o destinatario final desas repostaxes, ou está sendo o ??comodín? de Angueira para ??cargar co morto? do gasoil…
Esperemos que algin día a oposición reaccione, e inda que sexa tarde, mal, e a rastras, acuda ó xulgado. Alí haberá que estar atentos ás explicacions oportunas dunha trama que se é tal trama, non vai deixar en bo lugar ó nome dese club deportivo… E eso vai ser o que máxime doeria, pois non é este menda quen esta facendo uso político-partidista dunha institución coma o náutico…
E si crees que política e deporte van separados neste pobo fagoche unha pregunta ¿a santo de que veu facer no vran unha festa para o deporte na que había 40 nenos e 40 pais comendo o pulpo? ¿Qué se quixo fomentar? ¿Ese acto de exaltacion deportiva tampouco foi instrumento político? ¿Quen fai uso do deporte para o autobombo?… Coma ves hai moitos exemplos do que digo, por eso creo que non me vas a convencer tan facilmente, pero sigue probando 😉

Carpanta · 18-10-2006 a las 19:19

Ten moita razón kaka-tua sobre o da festa do deporte. Todos a papar o pulpo de gorra na carpa da estación. Que maneira da gastar os cartos públicos teñen estes do BNG que tanjto ían eliminar as practicas do PP. ¡Hai que ver como comían Margarita a do BNG e algunha irmá!

lorito · 18-10-2006 a las 23:35

kaka-tua eu non sei que teras ti encontra do Club Nautico ou do presitente, pero creo recordar que a unica relacion que ai entre o club e o concello no tema do gasoi e que o concello lle deixou o patrol en determinadas ocasions pa poder ir as regatas, corrixeme se me engano, e non creo que os do club cada vez k van pedir se lles deixan o patrol lle pregunten o alcalde: ¿O gasoil do patrol e legal?¿E legal que nos deixes o patrol pa ir as regatas? eu penso que non e ilegal ir o concello a pedir se lles deixan o patrol para que uns rapaces poidan disfrutar dunha competicion de piraguismo!!asi que deixa de relacionar o deporte (e o resto dos temas) ca politica (con esto non quere decir que estea a favor dos actos do alcalde, simplemente que xa aburres relacionando todos os temas coa politica, non sabes separar a politica do resto??)

Eu · 19-10-2006 a las 07:58

Estou totalmente dacordo con Lorito, e non che penso entrar ó trapo Kaka-túa, iso e o que queres, e en canto a min….. non vas a ter sorte. Non hai mallor desprezo que non dar aprezo.
Sigue intentando que che entre o trapo si queres pero non penso poñer nada mais nen convertir esta entrada nunha das mais comentadas por temas políticos cando terían que ser comentarios de felicidades para André e a xestión feita polo presidente, ou quen sexa para conseguirlle esa canoa ó rapaz.
FELICIDADES ANDR?
FELICIDADES JAVI
FELICIDADES ANGEL (PRESI)
FELICIDADES Á XUNTA DIRECTIVA.

zinc · 19-10-2006 a las 10:27

Pois eu penso pola contra que o noso colega «kaka-tua» ten moita razon do que di. Non acostumo a escribir nesta web pero leo con atencion os comentarios e o tema do gasoil apesta moito. Coido que a «eskakeada» do «presi» foi moi notable e penso que o deporte ou o club nautico neste caso esta moi politizado como noutros tantos pobos(por desgraza). O que realmente habia que preguntar ao presi e si levaba o famoso patrol as regatas e entre todos acadar unha resposta ao elevado consumo de gasoil, as repostaxes como as de fin de ano.. Non quero culpar ao clube nautico pero no momento que o vinculan con ese presunto escandalo tense que posicionar pois os cartos son de todos e naide lle gusta saber que o estan timando. De todos formas Enhoraboa André e ao clube nautico como nom! a seguir asi!

Antonio Cortés · 19-10-2006 a las 12:33

Noraboa ó club Náutico pola boa tempada realizada, unha felicitación por un traballo ben feito, con máis traballo que recursos. E tamén, dende aquí, doullelas gracias á Directora de Nestle Pontecesures por este agasallo a André, moi necesario para a súa nova etapa dentro da selección nacional junior.

kaka-tua · 19-10-2006 a las 20:46

Eu e Lorito: acabemos co debate logo, se de calar se trata: vexo que non leíchedes con atencion o inicio do meu primeiro comentario desta noticia… Claro que din as oportunas felicitacións, faltaría mais!!!
Agora ben, si falamos de refráns temos aquel que di ??non ofende quen quere senon quen pode?, ou outro mais interesante neste caso: ??quen cala, otorga?…
Coma podedes ver non son o único que quere saber a opinión deste ??presi?(contra o que persoalmente non teño nada) sobre o tema do gasoil ¿e porque? Sinxelo, porque coma máximo responsable dun club, e estando esa entidade en boca de medio pobo sinalada como coparticipe ou implicada ou destinataria dunha trama para desviar gasoil… E iso é delito pois os cartos non son nin vosos nin meus nin do alcalde nin do presi… SON CARTOS PUBLICOS
¿Ou polo deporte dos nenos vale todo? Si fose así mais facil o ten este Presi: coma é policia, que colla a pistola que ten e atraque un banco… e logo que lle diga ó xuiz que era para pagar as viaxes dos nenos! ¿Ia ter menos condena por este acto de ??caridade cos nenos??
Ademais os feitos cada vez están mais claros:
1º O alcalde sinala ó club náutico como destinatario do gasoil, por unha serie de viaxes feitas.
2º Logo nun pleno o alcalde di que ese patrol ia cada 15 días ó campo de futbol a pasar un rodillo para eliminar os terróns. Quietos!!! Porque por ahí non sigueu pois os directivos do futbol dín que si lle vai ese vehículo cada 4 meses 1 hora xa se dan conforman. Asi mo dixo un deles a min…
3º Noutro pleno e nos medios o alcalde xa fala que a conta da matricula do patrol se enchaian garrafas e tractores que prestaban servicios ó concello.
Ou sexa que o claro é que cada vez este asunto está mais liado.
E sobre si o uso do patrol era ilegal ou non, preguntemoslle a Sabariz: Sabariz, ¿pode un concello poñer a disposición dunha entidade calquera un vehículo sen haber un acordo plenario ou orden por escrito do alcalde? Porque, si chega a haber un accidente (Dios me libre de querer tal) ¿o seguro do patrol o cubriría ou se botaría fora?… polo que SI creo que deberían informarse os do nautico si era legal a utilización deste vehículo… ¿ou ti estarías disposto a mandar a teu fillo nel sin saber si o cubre un seguro tan siquera? Porque eu teño ben claro que polo ben dos meus fillos así NON.

Luis Angel Sabariz Rolán · 19-10-2006 a las 22:44

Ningún órgano do concello «kaka-tua» pode acordar que se bote gasoil a un vehículo municipal para usos de asociacións privadas. O que sí se pode facer e dar unha maior subvención ao clube para desprazamentos e autorizarlle o uso do vehículo para determinadas viaxes. Os tikets deberían ir a nome do Club Náutico e logo o concello daríalle a cantidade previa presentación das facturas cos requisitos da numeración, IVE, CIF, etc..
Penso que o Patrol efectivamente foi utilizado para viaxes dos palistas pero con anterioridade a mercar o club unha furgoneta. Despois utilizouse moitísimo menos e o consumo de gasoil do vehículo segue a ser desorbitado. Son dos que penso que en xaneiro e febreiro do 2006 o Patrol non se utilizou nunca para levar deportistas e ademáis nesa época non houbo probas nin entrenos fóra. Deste período fixen eu as preguntas ao alcalde e saiu coas garrafas, co tractor, etc..
O certo é que en xaneiro, febreiro e marzo de 2006 aproximadamente 9 repostaxes ao mes e despois da denuncia a finais de marzo 1 ou 2 nada máis.
O alcalde para mín estase escudando no Club Náutico é hai moito consumo de gasoil que aclarar no que este club non ten nada que ver. Se pasamos de 8 ou 9 repostaxes ao mes durante anos a 1 ou 2 sacariamos a conclusión de que o Patrol reposta para o club 7 veces en cada mes e iso é imposible.
Dende logo a ACP non quere atacar ao club para nada con este tema. Estou seguro que se houbese só o consumo do Náutico o tema estaria esquecido hai moito e dubido que fose denunciado e incluso detectado.

lorito · 19-10-2006 a las 23:19

«porque coma máximo responsable dun club, e estando esa entidade en boca de medio pobo sinalada como coparticipe ou implicada ou destinataria dunha trama para desviar gasoil» aqui demostrasme que ir o concello a pedir axuda para transportar a uns rapaces e que poidan ir as regatas e delito, interesante, tou pagando impostos e son o presidente dun club e non podo pedir o concello axuda para poder transportar a uns rapaces para poder competir porque os cartos son de todos!!non son solo meus e dos pais dos rapaces, son de todos!!xa me chegan con estas palabras para darme de conta das gañas que tes de ter debate coa xente. Pola miña parte non vou debatir mais con un… non teño ningunha palabra que non sexa un insulto, sintoo.

Paspallás · 20-10-2006 a las 00:05

Lorito, non te enganes. O pobo de Pontecesures (kaka-tua, Sabariz, Paspallas, Tiroliro, Moscón, Fru, Bécquer, Eumesmo, Almodóvar, Aturuxo e outros) sospeitan que a maior parte do gasoil que o alcalde lle imputa o náutico puido acabar no depósito dos coches dalgúns particulares relacionados co concello.
Por eso é necesario unha explicación do presidente, a directiva e dos pais dos rapaces do náutico para que definitivamente se esclareza a onde foi a parar o gasoleo consumido.
Se todo ese gasoil foi consumido polo náutico ningún veciño de Cesures volverá a falar do tema. Como todo ese consumo non é posible, o Náutico segue estando manchado, e a obriga dos pais e defender ós seus fillos. A defensa comenza por esixirlle a Angueira e a Barreiro que esclarezan este tema.

fru · 20-10-2006 a las 00:18

Vexo que me citas Paspallás e quero que non te confundas: claro que teño unha opinion pero que é miña e ti dende logo non coñeces, así que che pido e agradezco que non me incluas nesa lista tan alegremente.
Outra cousa é que me menciones polo club de baloncesto ó que pertenezco, e no que hai unhas 75 persoas con fichas en 7 equipos. E xa che aclaro a ti e a quen sexa que os desprazamentos os partidos corren a conta dos coches dos pais, excepto alguns dias puntuais que usamos ó transporte público (bus, tren) se nos cadra ben, e se coincide que non teñamos coches de pais que nos poidan levar.

Paspallás · 20-10-2006 a las 00:35

Home fru, non pretendía involucrar ó baloncesto no tema do gasoil. Sei que tes un comportamento exemplar durante moitos anos con respeto ó deporte en xeral. Imaxínome que haberás gastado cartos incluso do teu bolsillo para sacar adiante ese deporte que tanto amas.
Estou seguro por isto que non aceptas que un club de cesures sexa utilizado polo alcalde para esconder este sospeitoso tema do gasoil.

raiman norrris · 20-10-2006 a las 01:23

deixemonos de caralladas,e haber si resucitamos o futbol en cesures,que eramos toda unha potencia,tiñamos daquela o ulla case en terceira división e foise todo o carallo.

Tuso · 20-10-2006 a las 10:27

Parabéns para André e para todo o equipo e integrantes do Nautico.

Aturuxo · 20-10-2006 a las 18:07

Paspallás, non convirtas as túas sospeitas en miñas; en ningún dos meus comentarios dixen nin insinueí que o gasoil fora a parar a coches particulares do concello.

Defende a túa posición cos teus argumentos e non poñas na miña boca o que eu non dixen.

kaka-tua · 20-10-2006 a las 18:44

JA JA JA JA Lorito!!! ¿? o único que che queda como argumento, recurrir ós insultos? ¿E onde che queda a capacidade de escoitar, reflexionar e razoar as opinions (tuas e dos demais), cualidades por outra parte que nos diferencian na escala evolutiva dos demais seres animais, pois senón estaríamos á altura dos nosos ??primos? os chimpancés?
Mira, se leeras con atención todo o que lle pregunto a ese ??presi?, (para ti intocable polo que vexo, e uns feitos que parece que non existisen) e verás que tamén lle pregunto sobre si é certo que o concello a estas alturas de 2006 inda non pagou ós clubs deportivos, incluido ó náutico, as subvencions do concello EN 2005… e que hai temor ou incertidume por saber cando se van cobrar as de 2006… Pero claro, certos asuntos son intocables e sagrados!!!
Pois mira, acabo de descubrir que coincido nalgo con Sabariz: se o concello ten que prestar axuda a calquer club ou asociacion que lla pide (claro que estou dacordo en que a preste) que sexa mediante subvencións dun modo legal… non mediante ??chanchullos? case que con nocturnidade e alevosía…
??Democracia?, ??tolerancia?, ??diálogo socrático? son palabras moi bonitas, pero utopias para Cesures… Pois non, eu me nego a insultar a ninguén porque non pensemos do mesmo xeito: Eso si diálogo e explicacions as que queiras:
(Sabariz, espero que nunca te dises por insultado, inda que teño discrepado moito contigo, e seguramente volvamos a ??enredarnos? en diálogos onde cada un defendamos os nosos puntos de vista…)
Leíches con algo de atención o que pon Sabariz:? O alcalde para mín estase escudando no Club Náutico é hai moito consumo de gasoil que aclarar no que este club non ten nada que ver? (sic). E por esto polo que lle estou preguntando a sua opinión ó ??presi?!!!
Lorito… a tua última frase xa te (des) califica. Alá ti… dende logo non é o meu nome o que se está cuestionanado polas rúas, pero si o dun tal Barreiro, sinalado por moitos como o complice ou consentidor dunha situacion que non vai acabar aquí…

xxx · 20-10-2006 a las 22:23

….»teño discrepado moito contigo».
….»leíches con atención o que pon ….»

cuanto más reñidos más queridos, o hay un «alter ego».

O lo que alguien dijo: Jekill and Hyde?

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.