A asemblea ordinaria da ANPA terá lugar o 31 de outubro.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán en

As 20,30 horas do 31-10-06 terá lugar na biblioteca do CPI Pontecesures a Asemblea Ordinaria da ANPA coa seguinte Orde do Día:

# Acta anterior.
# Estado de contas.
# Cota da ANPA e seguro escolar para este curso.
# Actividades extraescolares.
# Información sobre as xestións realizadas para conquerir o comedor no centro.
# Outros informes da presidencia.
# Rogos e preguntas

Categorías: Educación

6 comentarios

kaka-tua · 20-10-2006 a las 18:34

Preparate Sabariz, pois nesta reunion van a pola tua cabeza… co BNG cesureño aproveitando as rencillas existentes nun numeroso grupo de pais, por non aprobarse o da «xornada única», nesta reunión pode peligrar a tua cabexa… ou que se monte outra APA que defenda esa outra postura. (esto me recorda cada vez mais á época Piñeirista, onde nun momento dado habia 2 APAs totalmente politizadas). Atentos pq camiño delo imos…

Luis Angel Sabariz Rolán · 20-10-2006 a las 19:45

Pois trátase «kaka-tua» da Asemblea Ordinaria do principio de cada curso e temos, os compañeiros da Xunta Directiva e máis eu, a concienza moi tranquila pois sempre se tratou de lograr melloras para o centro que redundaran na mellora da educación dos nosos fillos e de cumprir a legalidade establecida polas autoridades de Educación. Levo nada menos que dez anos á fronte da ANPA e tivemos e temos directivos de tódalas cores políticas. Nunca se fixo campaña política e poden corroboralo os asistentes as asembleas ou reunións que tiveron lugar.
Por suposto, nesa asemblea contestaremos con total claridade as cuestións que se plantexen. Eu sempre dou a cara e cando non hai nada que agochar podes presentarte en todas partes coa cabeza alta.
Nas eleccións para a ANPA fomos elixidos en xaneiro de 2006 e por un prazo de dous anos os directivos actuais. A pesar da convocatoria pública celebrada con tódalas garantías non se presentaron outras persoas. Ignoro as causas.

Tilán · 20-10-2006 a las 22:05

E, ¿teremos nesta páxina e nesta entrada un Jekill and Hyde?…

Cabuxa · 20-10-2006 a las 22:14

Uf…10 anos de Sabariz na APA. Sempre colaborando en todo do colexio. Conseguiuse o ximnasio, o patio cuberto, o tansporte escolar, o novo patio grande, a mellora do pabellón, o do grupo de baile, as canastas fóra. Sempre en todo, cabalgatas de reis coas carrozas, concursos de redacción, excursións, escritos contínuos para melloras, denuncias sobre danos. etc….. e moito etc…Agora pelexa polo comedor. E agora lle protestan aínda por riba dicindo que manipula o horario e que fai política. Pero bueno que inxusto, mirade cantos votos perdeu nas últimas votacións, esto non demostra o que dín.
O que non sei e como non se cansa de todos e abandona. Gañaría tempo e tranquilidad. Ah¡ e merece unha medalla e MOI GRANDE…… Algún día se recoñecerá o que fixo sen nada a cambio…

Tilán · 20-10-2006 a las 22:18

I think, «Alwyas mister jekill and hyde»…?

Paspallás · 21-10-2006 a las 00:01

A Cabuxa está debe estar próxima á directiva da APA. E moito xabón para o Llanero Solitario. Pero ollo o arousán vaise defender ben nesa reunión. Eu vinno no pleno das exclusivas e por pouco sae a hombros.

Responder a Tilán Cancelar la respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.