Nota da ANPA do CPI Pontecesures sobre cota, seguro e novas actividades.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán en

EducacionMediante a presente, comunícase que a cota de afiliación á esta ANPA queda fixada para este curso 2006-2007 en 7 ? por familia, mentres que o seguro escolar voluntario de accidentes queda fixado en 8 ? por alumno/a. O ingreso debe efectuarse na conta 3623 de Caixanova-Pontecesures nun prazo que remata o 15 de decembro de 2006.
Tamén se comunica que van poñerse en marcha dúas novas actividades extraescolares que son as seguintes:

* AEROMODELISMO ( a partir dos 8 anos). Os mércores a partir das 17 horas nunha aula do colexio. A data de comezo é o mércores día 8 de novembro.

* INGL?S. Os venres a partir das 17 horas nunha aula do colexio. A data de comezo é o venres día 10 de novembro.

Tamén se informa que a actividade de GAITA cambia de día e hora e pasa a ser os venres a partir das 18,30 horas nunha aula do colexio comezando este novo horario o venres 10 de novembro.

Pontecesures, 2 de novembro de 2006
Luis Angel Sabariz Rolán
Presidente


1 comentario

nai · 2-11-2006 a las 16:42

Gostaríame saber de canto tempo serían as clases de inglés e o custo das mesmas. Gracias.

Responder a nai Cancelar la respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.