Medio Rural adianta ao mes de xuño o despregue de 6.000 efectivos contraincendios

Publicado por Antonio Cortés en

lume.jpgA consellaría afirma que o persoal está moito mellor preparado ca o ano pasado

O departamento que dirixe Alfredo Suárez Canal decidiu adiantar un mes o despregue dos efectivos para loitar contra o lume. Este ano estarán en alerta dende o primeiro día de xuño. O conselleiro sinalou que ??temos todo xa preparado, co persoal mellor formado e contratado por máis tempo?. Aínda así, Canal sinalou que nestes momentos xa están a actuar nos montes 1.500 traballadores.

Medio Rural aproveitou para presentar este mércores o Plan de Prevención e Defensa contra os Incendios Forestais de Galiza (Pladiga) que substituirá ao Infoga. A principal novidade é un sistema que permitirá coñecer con dez días de antelación o índice de risco diario de incendio. Isto vai axudar a tomar medidas preventivas en determinadas zonas do país.

:: Vieiros ::

Categorías: Na Prensa

0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.