Satisfacción pola actuación de Algueirada onte en A Estrada.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán en

No concurso de baile galego organizado pola agrupación municipal «Tequexetéldere» e celebrado onte pola tarde no Teatro Principal de A Estrada o Grupo «Algueirada» da ANPA do CPI Pontecesures obtivo varios premios. Os nenos/as menores de 9 anos obtiveron o 2ª premio. As nenos de 9 a 13 anos obtiveron o 3º premio e os nenos/as de 12 a 16 anos obtiveron o 3º premio.

O teatro estaba ateigado de público (unhas cincocentas persoas) e os rapaces de Pontecesures estiveron moi ben, salientando a actuación dos pequeniños.

Hai que felicitar ao monitor Martín Agrasar Vázquez polo gran labor que está a realizar.

Categorías: Cultura

0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.