A Comisión de Festas de Porto convida á corporación ós actos do día 24 de agosto.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán en

Os 11 membros da corporación municipal de Pontecesures foron convidados pola Comisión de Festas de Porto, a través dun escrito dirixido á alcaldesa do que se dou conta na sesión plenaria do 30 de xullo pasado, para asistiren á procesión na honra de San Roque que terá lugar o venres 24 ás 12 da mañá, á posterior misa solemne e á degustación dun viño galego que se servirá no Bar Choco despois da poxa de ramos.

Categorías: ConcelloSociedade

6 comentarios

Tiroliro II · 22-08-2007 a las 18:49

Ben, ben, concordia, concordia, e o que fai falta no pobo, marchou Angueira e xa se foron as presións, os acojones, as intrigas, os dedazos…..
Amiiigos, pero agora xa hai lío no bloque local porque xa aparecen as voces que lle botan a culpa a angueira do que pasou, e a xurxo «gasoil», a oposición e jodida e xa non se poden ofrecer as trapicheradas pra ganar…

Paspallas · 22-08-2007 a las 23:33

Non están para viños os do bloque, Margarita a de Julián anda avinagrada dicían o outro día no Forno, todo se alonxa……., o paxaro voa…e voa….e voa…

laranxa · 22-08-2007 a las 23:35

!si,si…? convite seguro que asisten!pero nos demais actos brilan as ausencias!O señor Randulfe,os que os nenos lle pedian polas ruas non sei cantas cousas…!non o vin en ningun acto no que participaron os nenos,nin no futbol nin nos Dragón.Por certo, nos dragons tampouco vin a niguen de protección civil,!hasta nos enterros os teño visto!,menos mal que a sorte e a pericias dos participantes evitou calquer desgraza,pero «a ausencia de protección civil foi moi criticada ,xunto coa responsabilidade do grupo de goberno municipal neste asunto!.O convite xa estaba feito con anterioridade,e en vista dos feitos eu invitariaos a «un vaso de auga da billa que sabe de maravilla»

Pepe de San Xulian · 23-08-2007 a las 00:08

Tranqui laranxa que Randulfe e máis de locais, non ando moito o raso
Non sei se a comision de festas de Porto solicitou a protección civil pois son os organizadores das regat as, ou non presumen deso os da comisión
Claro que debía haber lanchas de salvamento e unha ambulancia polo que poida pasar pero tomanse as regatas de coña e os organizadores pasan destes temas, o concello ten que estar alerta claro pero os demais non poden ir de rositas.

Luis Angel Sabariz Rolán · 23-08-2007 a las 08:26

Pois vexo xustificada a crítica de «laranxa», sobre a falla dun servicio de protección civil. Parece o máis axeitado, que participando case 100 persoas na regata polo río, haxa «zodiacs» con efectivos de protección civil. Descoñezo se solicitaron o servicio ou non os organizadores, pero hai que tomar nota para futuras edicións deste detalle.

xiana cores · 31-08-2007 a las 00:11

Aqui teño eu unha dubida.Coincide que eu como veciño deste pobo acerqueime a Porto a vela poxa de ramos e tomando un viño no choco que me encontro.Esta nota pon que a comisión invitou a corporación municipal e ali estaban traballadores do concello.Gustariame saber que facian estes traballadores en ese viño.Sera que son os traballadores que lle andan a facer a rosca a alcaldesa polo concello e ela levaos para agradecerlle que lla sigan a facer a diario.Eu si son da comisión de Porto chamarialle a atención a quen os levou porque a verdade non pintaban nada ali.Aparte porque eses traballadores todos ou ningún.Neste caso para o meu gusto ningun porque ali non estaban invidtados.

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.