Subvención para a contratación de tres peóns polo concello.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán en

NOTA DO EQUIPO DE GOBERNO DE PONTECESURES

A Consellería de Traballo ven de conceder ó noso concello unha subvención de 25.871,22 ? para contratar a tres peóns por seis meses para realizar de tarefas de limpeza e mantemento das marxes dos numerosos regatos que temos en Pontecesures. Os desempregados a contratar serán mulleres, (sen limitación por idade), ou homes de máis de 45 anos, segundo a Orde que rexe a convocatoria destes programas de subvencións.

No día de hoxe presentouse a correspondente oferta de emprego na oficina de Vilagarcía para que nos envíen, logo da sondaxe realizada, a relación de aspirantes (tres por praza, normalmente). Un tribunal composto por persoal do concello realizará logo a selección dos tres traballadores/as en base a diversos criterios e á entrevista a realizar.

Faise un chamamento ós desempregados de Pontecesures (??peóns en xeral?) que non estean inscritos na Oficina de Emprego de Vilagarcía que o fagan o antes posible para poder aspirar a estas prazas de fomento de emprego.

Pontecesures, 28/08/07

Categorías: Concello

0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.