Nova subvención para contratar persoal. «Fomento de Emprego 2007»

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán en

NOTA DO EQUIPO DE GOBERNO DE PONTECESURES

A Consellería de Traballo e dentro dos programas de fomento de emprego 2007, ven de conceder a este concello unha subvención de 38.374,67 ? para contratar por un ano, a xornada completa, ó seguinte persoal:

* Un *profesor* para a Escola de Adultos (obtención do Graduado da ESO) especializado en idiomas e para outros cometidos relacionados co ensino.
* Un *auxiliar administrativo* para as oficinas municipais.
* Un *conserxe-vixiante* para as distintas dependencias municipais.

Xa foron presentadas as ofertas de emprego na Oficina de Emprego de Vilagarcía para que envíen os candidatos/as preseleccionados/as unha vez realizada a sondaxe por ese organismo. Logo un tribunal composto por persoal do concello realizará a selección definitiva unha vez realizadas as probas ou entrevistas oportunas.

O equipo de goberno quere mostrar a súa satisfacción pola concesión desta subvención que vai permitir a potenciación dos servizos municipais.

Pontecesures, 7 de setembro de 2007

Categorías: Concello

1 comentario

basta · 7-09-2007 a las 16:57

? agradable coñecer as subvencións antes que ás persoas que gozan os postos de traballo que xeran.

Responder a basta Cancelar la respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.