Por unhas copas ou outras toca correr.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán en

Sempre se fala de que un mozo con un bo coche a altas horas é un perigo. Eu non o creo, pero estou convencido de que un mozo con copas de máis, aínda que teña un vehículo destartalado, pode ser unha seria amenaza na estrada. ¿E logo, de quen é a culpa? Non vou eu descubrir aquí nada que non se escribira xa, pero o alcohol está reñido co volante.

Pero o que sucede nas fins de semana de Pontecesures, ou aínda na Estrada coas motos, non ten moita lóxica. Despois dunha noite de esmorga, toca facer o tolo co coche. Aceleróns, freadas, trompos e, de seguro, máis que un susto. Son carreiras estúpidas que de seguirse facendo, algún día nos levará a tirarnos dos pelos para lamentar algunha vítima. Claro que de momento é mellor mirar para outro lado. Total, mentres non pase nada…

E non me resisto a seguir dicindo que a xente con máis de dúas copas no lombo -ás veces seguro que son bastantes máis de media ducia- é moito máis atrevida e non valora o risco. E aínda peor, no caso de moitos mozos, nin ó día seguinte se dan conta do que puido pasar coas súas vidas nin do perigo en que puxeron ós demais.

? mellor que en vez de pensar en correr despois das copas o fagan ó revés e pensen nas copas despois de correr. E para exemplo, nada mellor que ver o que pasou en Negreira. Máis dun milleiro de persoas saíron á rúa coa sa intención de divertirse e, aínda por riba, algunhas levaron unha copa para casa.

Paréceme que a diversión pode ir por barrios, pero é moito máis sa a dos aventureiros de Negreira que a dos temerarios de Cesures.

Artículo de Victor Furelos na columna «COUSAS DO DEMO» de TIERRAS DE SANTIAGO, 13/11/07


0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.