Acta de puntuacións definitivas para a praza de traballador/a social.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán en

En Pontecesures, sendo as 11 h. do día 14 de novembro de 2007, constitúese o órgano de selección para cubrir a baixa por excedencia da traballadora social do Concello de Pontecesures, formado pola Secretaria do Concello Dª Mª. Trinidad Rodríguez Suárez, que actuará como Presidenta, a representante do Colexio Oficial de Traballadores/as Sociais de Galicia, Dna. Mª José Thómas Berbén, que actuará como vogal; e D. José Rodríguez Fructuoso, Técnico de Emprego, que actuará como vogal e secretario.

Iº).- Procedese a facer o chamamento das 18 persoas que obtiveron 4 ou mais puntos na fase de baremo, e que según as bases pasan á fase da entrevista. Ditas persoas e a puntuación que obtiveran na anterior fase son:

table(tabla).
| 01 | BEATRIZ SIXTO SOLAR | 5,10 |
| 02 | VANESA BLANCO MONTEAGUDO | 6,00 |
| 03 | MARIÁ DEL CARMEN ARIAS FARI?A | 6,00 |
| 04 | MARGARITA VI?A SANTOS | 6,00 |
| 05 | MARÍA TERESA PENELA ESPI?A | 4,62 |
| 06 | ALICIA NIETO CAMI?O | 5,25 |
| 07 | ALICIA CARBIA CASTRO | 5,20 |
| 08 | MARÍA CONSUELO ORD??EZ MARTÍNEZ | 6,00 |
| 09 | IN?S CALVO GONZÁLEZ | 4,35 |
| 10 | ANA ISABEL AMOEDO GARRIDO | 4,55 |
| 11 | VANESA GARCÍA GARCIA | 6,00 |
| 12 | MARÍA LORENA PEDROSA RIO | 5,40 |
| 13 | CRISTINA BANDÍN POTEL | 4,20 |
| 14 | MARÍA DOLORES MAQUIEIRA DEVESA | 6,00 |
| 15 | MARÍA JOS? VILELA FERRO | 5,20 |
| 16 | ANA BEL?N RODRÍGUEZ CARRAGAL | 6,00 |
| 17 | NOELA NEBRIL RODRÍGUEZ | 5,60 |
| 18 | NATALIA PAZOS RODRÍGUEZ | 4,40 |

IIº.-) Non se presentaron as seguintes persoas: Margarita Viña Santos, Alicia Carbia Castro, Inés Calvo González, Ana Isabel Amoedo Garrido, María Lorena Pedrosa Rio, Cristina Bandín Potel, María José Vilela Ferro, e Natalia Pazos Rodríguez.

IIIº).- Procedese a efectuar a entrevista, de resultas que a puntuación final (baremo + entrevista), que é a que figura como anexo a esta acta.

IVº.-) Polo tanto, este tribunal propón que a persoa seleccionada para a súa contratación sexa MARÍA CONSUELO ORD??EZ MARTÍNEZ, quedando o resto coma lista de reserva para posibles renuncias que se produzcan.

De todo o cal esténdese a presente acta que en mostra da súa conformidade asinan os membros do tribunal.

Asdo.- Mª Trinidad Rodríguez Suárez. Asdo.- Mª José Thómas Berbén. Asdo.- José Rodríguez Fructuoso.

ANEXO PUNTUACI?NS DEFINITIVAS DOS ASPIRANTES ? POSTO, A CUBRIR POR INTERINIDADE, DE TRABALLADOR/A SOCIAL DO CONCELLO DE PONTECESURES

table(tabla).
| MARÍA CONSUELO ORD??EZ MARTÍNEZ | 6,00 + 1,80 = 7,80 |
| MARIÁ DEL CARMEN ARIAS FARI?A | 6,00 + 1,70 = 7,70 |
| MARÍA DOLORES MAQUIEIRA DEVESA | 6,00 + 1,60 = 7,60 |
| VANESA GARCÍA GARCIA | 6,00 + 1,50 = 7,50 |
| ANA BEL?N RODRÍGUEZ CARRAGAL | 6,00 + 1,40 = 7,40 |
| VANESA BLANCO MONTEAGUDO | 6,00 + 1,30 = 7,30 |
| NOELA NEBRIL RODRÍGUEZ | 5,60 + 1,20 = 6,80 |
| BEATRIZ SIXTO SOLAR | 5,10 + 1,40 = 6,50 |
| ALICIA NIETO CAMI?O | 5,25 + 1,20 = 6,45 |
| MARÍA TERESA PENELA ESPI?A | 4,62 + 1,20 = 5,82 |

Asdo.- Mª Trinidad Rodríguez Suárez. Asdo.- Mª José Thómas Berbén. Asdo.- José Rodríguez Fructuoso.

Categorías: Concello

19 comentarios

xiana cores · 14-11-2007 a las 17:32

Desta señores vou comprar unha bola de cristal xa que parece que adiviño o futuro.Dixeno cando se foi Raquel que a seleccionada ia a ser Consuelo Ordoñez.E esta claro que non me equivoquei.Xa que vemos a acta onde aparece ela como seleccionada.A verdade creo que non fai falta ter tribunal ningun neste concello para as contratacións.Xa que sendo un pouco listo e tendo un pouco de vista acertase.
Noraboa Consuelo.
Pero a verdade esto pareceme un cachondeo.

Becquer II · 15-11-2007 a las 19:17

Quedaron en un pañuelo
hubo una gran igualdad
y comentan con maldad
porque se queda Consuelo.

Pues su marido es del bloque
nadie lo puede negar
pero comienza a cambiar
por arte de birlibirloque.

manolo · 15-11-2007 a las 21:18

Alégrome por Consuelo igual que ti, Xiana, eu de meter a alguén enchufada no concello sería a ela, por a súa experiencia, por ser veciña, e por todas as súas cualidades.ALEGROME DE QUE POLO MENOS SEXA UNHA PERSONA VÁLIDA PARA O POSTO. O único que eliminaría é ao tribunal.Non dudo de que o fagan moi ben, pero si da súa funcionalidade. E unha forma bonita de meter a traballar á colega da lista electoral, á cuñada, á defensora a ultranza e colaboradora nas pasadas eleccións…
E raro, os do PP non meten a nadie.
Debe ser que non lle quedan nin amigos. Non teñen favores pendientes, nin promesas, por eso esa fortuna de resultados electorais.

Luis Angel Sabariz Rolán · 15-11-2007 a las 22:30

Respecto moito ós membros dos tribunais formados dende xuño pasado. O que teña dúbidas que consulte os expedientes onde poderá comprobar méritos, actas, puntuacións, baremos, etc… De paso, que compare os expedientes das contratacións dos últimos tempos do goberno anterior.
Reitero: expediente, expediente, expediente.
¡Ah!, noraboa a Consuelo. Nin defensora a ultranza, nin promesa de ningún tipo. Gañou o posto porque o mereceu e só queda felicitala e desexarlle o mellor. Ánimo.

manolo · 16-11-2007 a las 10:18

Non me extraña que os respetes, podeslle estar BEN AGRADECIDO.

Luis Angel Sabariz Rolán · 16-11-2007 a las 15:46

Nada teño que agradecer, «manolo» ós membros do tribunal (á presidenta do Colexio de Traballadores Sociais nin a coñezo). Só quero sair na súa defensa porque as considero persoas íntegras que non merecen que poñades a sua honorabilidade en dúbida.

xiana cores · 16-11-2007 a las 16:50

Non te equivoques Sabariz.Non lle intentes dar a volta os comentarios.Eu non critico a honorabilidade da xente do tribunal.Non te preocupes que non teño nada en contra deles.Pero non deixan de ser traballadores do concello que faran o que os seus xefes lle digan.
Volvo a repetir non teño nada que decir desas persoas.Pero se teñen quen lles dean ordenes por detras xa chega.
E a estes si que me refiro a ti e mais o resto dos membros do tripartito.
A verdade xa e moita casualidade toda a xente que esta escollida por este tribunal.
Mais ben xa e unha vergonza.

Luis Angel Sabariz Rolán · 16-11-2007 a las 17:06

Se os membros do tribunal seleccionasen ás persoas que lle digan os políticos non serían honrados, serían corruptos.
Non busques a cuadratura do círculo, «xiana cores». Dis que non criticas a honorabilidade dos membros do tribunal, pero tamén dis que aceptaron as ordes dos membros do goberno. ¿En qué quedamos?, ¿Son ou non son honrados? ¿Qué políticos deron as ordes?. Vai mañá polo concello e mira o expediente porque a mín dáme a impresión de que queres transmitir neste medio o seguinte. O tribunal foi honrado, Consuelo é boa traballadora, pero o culpabel e Sabariz e os seus compañeiros de goberno. ¿Culpabel de qué?.

manolo · 16-11-2007 a las 17:22

Ok Sabariz, agora dime ¿que é CASUALIDADE?
pois mira que non estas ti ben rodeado eh… ¿todos os do teu círculo son potenciales número un? Consuelo the best, a túa cuñada the best, a que ía na túa lista, the best… E todo esto en catro meses, cando cheguemos a catro anos…
De todas formas ojalá este equivocado eu.
Suerte para todos.

Luis Angel Sabariz Rolán · 16-11-2007 a las 17:38

Pregúntalle, «manolo», ós membros do tribunal e sinala día e hora para comprobar os expedientes. Non «largues» para prexudicar. Vaite á Casa do Concello, comproba, pide explicacións e logo comenta se che pareceu ben o baremo, se as puntuacións se adaptaron ó mesmo, qué preguntas se fixeron na entrevista, cómo foi xulgada a experiencia, en que consiste á atención primaria, etc…
Por certo, tamén podes pedir os expedientes do último ano en que presidía a Corporación o Sr. Alvarez Angueira. Por exemplo, pide un de cando se contrataron varios traballadores (auxiliares admnistrativos) uns días antes das eleccións do 27 de maio e logo nos comentas a composición do tribunal, qué anuncio ou oferta de emprego se fixo, qué probas ou entrevistas se realizaron, etc…Despois debatemos.

manolo · 16-11-2007 a las 17:52

Dios me libre Sabariz de facer tal cousa. Sobre todo preguntar polas do anterior goberno que me podo pasar alí toda a mañán mentras as encontran.
Total para decirme que non existen.
Eu xa sei que antes mal Sabariz, pero eu creín no cambio, e agora hai cousas que aparentemente non me gustan.
Inda que poida ir mirar os expedientes de estas últimas contratacións, non vou facelo, a non ser que me presente a algunha convocatoria e me sinta perxudicado.
De todas formas, do que si che poderia debater con firmeza, e de que non tes «catadura moral» para exixirme a min que me informe antes de debater, porque esa é unha asignatura que tes moi pendente ti.
Disme a min que non «largue para perxudicar»
Respondoche recordandoche a última fazaña túa referente as carreiras clandestinas.
A todos nos queda moito que aprender, e a min de «largar», moito que aprender de ti.

Luis Angel Sabariz Rolán · 16-11-2007 a las 18:23

Pois se te presentas a algunha convocatoria e saes elixido serei o primeiro en darche a noraboa.
Estamos a tratar da selección de Consuelo Ordóñez. Non me veñas cunha «larga cambiada» pasando ás carreiras, que xa está todo explicado pola miña parte.
Un saúdo, «manolo».

manolo · 16-11-2007 a las 18:51

Estabamos a tratar da selección de Consuelo Ordoñez, ben dito Sabariz, «larga cambiada» foi a túa que me remitiches como adoitas facer ás seleccions de Angueira de fai meses. Habitual no nobo goberno, utilizar os erros do anterior para xustificar aos do presente.
Utilizade como baremo a legalidade ou calquer outro valor que vos identifique, nunca o modelo de contratacións de Angueira, esto tamén é unha «cambiada»
Ah! polo das carreiras, si está todo explicado, que sepas que ben pouco tiñas que explicar.
Soio decirche que esto no é Abadín nen a Fonsagrada. Deixémolo así, e outro saludo para ti Sabariz.

basta · 16-11-2007 a las 21:41

Unha vez máis, poida que sexa totalmente válido pero falla o «bonito».Boa selección se non fose tua colega.
Se non houbera antecedentes feos esta pasaría de largo.
Tes unha habilidade especial Sabariz para controlar o timón da conversa, para desviar a atención, para doninar o control mediático, vales para político.
Coincido con Manolo na túa asignatura pendente.Largar e a túa principal habilidade, e como exemplo puxoche soio o máis reciente.
Evidentemente este tema non che gusta, entón imolo deixar.
Un saúdo a todos.

Terabyte · 16-11-2007 a las 22:47

O esmerado «Discipulo» en comparecencia pública feita nesta TRIBUNA o día 09/07/2007 esgrimeu o seguinte:
«He aprendido de esta última ??confrontación? en la que saliste vencedor material, que en ocasiones es mejor atacar de forma silenciosa, esta estrategia tuya fue la menos esperada, tu adversario olvidó que:
??Hay que guardarse bien de un agua silenciosa, de un perro silencioso y de un enemigo silencioso?.
Y tú ??maestro? en este enfrentamiento utilizaste tu arma menos conocida ??el silencio?.
Quero dizer pois con isto que o «Skilful Master» despois de todo SABE CALAR (cando lle ten conta).
O «Discipulo» foi insultado entreoutros por «Souto» quén lle dixo que estaba coma unha caldereta…¡¡opinións!!, pero o cabrón do «Discípulo» sabía o que dicía.

Unha hora antes da votación para a elección de Alcalde nesta santa «smallville» de San Xulián de Requeixo, repito a unha hora antes, L.M. Alvarez Angueira, diante do que escribe dixo: «non creo que no PSOE lle deixen facer eso» o escribinte «por intuición» dixolle a Angueira «senón tes outro compromiso vas estar fodido», e así foi.

Xa que logo, o tan eternamente criticado «político perseverante», está claro que non é jilipollas, aínda que ás veces poidera parecelo, HASTA O MOMENTO DA VOTACI?N COIDOUSE NUN 90 % DE NON LARGAR O PACTO ESCONDIDO que tiña arreglado para destitución daquel ao que lle chamaron INDIGNO.

PASEN i LEAN, vexan, estuden e analicen,¡¡vamos o que dixo aquel de: «»expediente, expediente, expediente»» e despois falen, obviamente LARGA, pero polo visto ás veces NON LARGA TODO.

Son os feitos, non se cabreen.

luis · 19-11-2007 a las 20:32

Oes Xiana, xa postos con esa clarividencia podias decir tamén o número da loteria de Nadal (o do 22 decembro, non o do tenista)… Que meiga, oes!!!
Esto pode soar a merito propio da tal Consuelo, ou a chanchullo.
Ademais ¿quenes eran os do tribunal? A secretaria, que bailará segun soe a musica, unha de fora que cobrará, e ese tal Fructuoso, que agora ten mais man que a alcaldesa, parece que mande mais que ela, que barbaridá, chicos. Parece o xefe da empresa, está en todas as seleccions metendo ou non metendo. A ver si é o CANDIDATO do BNG (ou do PSOE).
Ahora sairá o tal metomentodo ??gulli? a defender ó seu ??amigo?, ou a darlle ??caña? por que non se sabe que rollo teñen, o tempo. Eu tamen son meigo.
Que tempos cando mandaba Piñeiro e xa se sabia de que ia esto.

solla · 20-11-2007 a las 17:47

Bueno «luis» pareces un poco resentido con Fructuoso, aunque para ti sr. Fructuoso, porque no veo que tengas tanta confianza como para tutearle. Que pasa,¿a ti no te ha enchufado nadie o el enchufe se ha roto(o ido)? Y ese «tal metomentodo»,ya te gustaría que te defendiera o te diera «caña» porque así sabrías lo que es tener un AMIGO para lo bueno y lo malo.

solla · 20-11-2007 a las 17:51

En memoria de ese EXCITADO. O que pensabas número 4

Fiodor · 21-11-2007 a las 16:04

Muy bonito y «democrático» lo de enseñar las actas; claro que los baremos para este tipo de plazas se diseñan para que saque la plaza quién más convenga (desconozco si este es el caso, hablo de una práctica por desgracia habitual)…Por otra parte como se puede ver había un empate en la primera fase que se resolvió por una décima en la fase de entrevista, que es donde habitualmente entra en juego la subjetividad.
Por cierto, que en defensa de Gulli se le podrá atribuir cierto gregarismo, pero también es justo reconocer que casi siempre dice lo que piensa-para bien o para mal-; y también a Fructuoso.

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.