Espectacular colisión dun turismo contra unha farola na rúa Rosalía de Castro.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán en

Sobre as 7,15 horas da mañá de hoxe, un coche de cor negro que circulaba a gran velocidade polas rúas centrais da vila (Portarraxoi, San Lois e Sagasta) empotrouse contra unha farola e un arbusto situados na rúa Rosalía de Castro (preto do pub «Baila Conmigo», na intersección coa rúa Sagasta), apreciándose marcas dos neumáticos no pavimento uns 12 metros antes da farola.

Parece ser que os ocupantes meteron no coche pezas da defensa que romperon coa colisión, e déronse á fuga.

A farola foi derrubada con danos na estructura e con un globo roto. Tamén presenta danos o cilindro de formigón no que se apoiaba a farola. e o arbusto coa súa protección de ferro.

Presentouse a oportuna denuncia no Cuartel da Garda Civil de Valga e se está investigar na identificación do vehículo causante dos danos.

Categorías: Sociedade

40 comentarios

zapatista · 25-11-2007 a las 16:19

Pois ao final si que vai ter razon Sabariz, carreiras carreiras non sei pero dende logo esto si que é máis vergoñento que as «notas» de prensa. Por certo xa dende as tres da maña andaban todos tolos nos coches, uns cuantos pero habiaos.
Un saudo.

Visitante · 26-11-2007 a las 16:25

Zapatista, ¿has visto esos coches tú?, si los has visto ¿qué marcas, modelos, colores, y si hubiera la gran fortuna de saberlo matrículas?
Y con respecto al accidente, seguramente han tardado un poco en volver a arrancar, ¿nadie vio nada?
A ver si colaboramos un poco.
Gracias

zapatista · 26-11-2007 a las 16:42

Visitante, non, non os vin pero si os escoitei. Se vostede quere saber marca, modelos, colores e matricula podolle facilitar dous sitios claves no pobo para que os vexa todos os sabados e asi vera toda esa información. ¿Colaborar con quen? ¿coa garda civil?. Eles xa saben de sobra quen son. Que Colabroren eles !!!

manolo · 26-11-2007 a las 18:35

Zapatista debe de ser un dos iluminados que viron carreiras clandestinas no pobo. Que pena que soio sexan uns poucos os que poden dar fe deses acontecementos.
Agora os accidentes de coche en Cesures van ser tamén consecuencia das carreiras.
Agora si, benditos sexan, que serven para afianzar as teses de Sabariz.
Si queredes queimar ó pobo, aproveitade que non chove, e prendedelle lume.
¿Cantos accidentes habería na comarca nesta fin de semana?
Normalmente saen en prensa os causantes de victimas mortais.
En cesures saen en prensa os que causan destrozos nas farolas.
TOdo sirva pra darlle a razón e xustificar as actitudes de Sabariz.
Animo.

Tuso · 26-11-2007 a las 18:39

Xa, ao final resulta que teremos que esperar que entre a farola e o coche se poña xente, para que así teñamos víctimas e poidamos denuncialo, como nos demais sitios….que país!!!!

manolo · 26-11-2007 a las 18:47

Tuso, inda que no o pareza creo que o teu comentario é correcto, e verdade que e unha sorte que non pasara nada máis grave, e sería penoso que tivera que pasar para que se denunciase. Agora, a miña pregunta e: ¿Hai que denunciar algo que non pasa en tódolos concellos de este pais?
¿Ten Cesures algo que faga que sexa noticia a rotura de unha farola?
En Padron ou en Valga ou en Rois, ¿Hai xente que conduce de forma temeraria? ¿Que é o que fai que aquí sexa noticia? ¿Que cambiou de uns meses para aquí que se considere un problema?

zapatista · 26-11-2007 a las 19:01

«Zapatista debe de ser un dos iluminados que viron carreiras clandestinas no pobo. Que pena que soio sexan uns poucos os que poden dar fe deses acontecementos.» Vale tio, o que digas. Ti debes ser dos iluminados que nunca viches a VARIOS coches, non en carreiras pero si todos mangaos. Eu en Padrón nunca vin un coche polo medio do pobo a toda caña pero oe se ti dis que pasa en todos laos pois CESURES LA CIUDAD SIN LEY ! todo vale.

COn respeto a «¿Ten Cesures algo que faga que sexa noticia a rotura de unha farola?» Non sei, rompen unha farola por un accidente as 7.30 da maña.. pois sera o mais normal do mundo.

E remato dicindo que confundes algo primordial, unha cousa e un accidente nunha carretera normal que poden ser varias causas e outra e un tremendo golpe no medio do pobo porque un flipado vaia mangado e teña un ferrari moito turbo anda anda.. vaite durmir ti tamen

zapatista · 26-11-2007 a las 19:08

E curioso, avergonzadesvos dunha nota de prensa que non estaba no correcto (ou si non o sei) pero ainda que non estivese no correcto casi casi. So faltaba o pistolazo de saída, e agora que o voso pobo sexa unha colonia tunin ameazando a calquer viandante porque dous o tres energumenos parecevos a cousa mais normal do mundo.

manolo · 26-11-2007 a las 19:22

En Padron tiveron un problema similar na Rúa Enlace Parque fai pouco, solucionarono con bandas (moi desagradables, prefiro pasos de peons elevados) e santas pascuas. Non veu a TVG, nin un cargamento de efectivos de tráfico, nin saíu en tódolos medios de comunicación como se fose a cidade sin ley que parece que ti encontras en Cesures.
De todas formas arreglaron o problema e non fixo falta tanta polémica.
Si que andan coches mangados, andiveron sempre desgraciadamente tódolos días da semana, pero nunca foron utilizados para beneficio de nada nin de ninguén.
Vou durmir.

zapatista · 26-11-2007 a las 20:25

«pero nunca foron utilizados para beneficio de nada nin de ninguén.» Os unicos beneficiados serian os dos conductores temerarios porque segun ti hainos en todos lados.

Visitante · 26-11-2007 a las 20:39

No entiendo, ¿por qué no somos capaces de concretar?. Hay algún dato sobre el famoso coche negro del accidente?, eso es lo que interesa, no la polémica, ni quién lo dice, siempre que sea cierto y su información de resultados.
Estoy totalmente de acuerdo con poner pasos de peatones elevados.
Un saludo.

basta · 26-11-2007 a las 21:25

Pois a min o que me preocupa é que sexa unha cidade sen lei e que o pareza.
Polo de súpeto, o segundo xa o conseguiron Sabariz e compañía.

Zapatista manda a durmir a Manolo. E Manolo vai e dorme, o problema é que Zapatista dorme mal por culpa do ruído que xeran os coches ás sete e cuarto da mañá, e pensa que a culpa é da movida.
O problema é que a movida moveuse, e o sábado en Cesures ás sete da mañá non queda ninguén, os coches nin van nin veñen, os coches só pasan.

Unha solución?
Pois se alguén decidiu que a rúa fóra de sentido único fai anos, agora que decidan que sexa totalmente peonil.
? o que lles queda señores, fagan o pobo peonil, crearán a zona residencial coa que sempre soñaron residir, e os seus posibles non lle permitiron, agora si, non loiten polo tren, porque este non fai paradas nos pobos pantasma.

Señores políticos, se teñen un problema solucióneno, pero non creo que a prensa sexa a solución. Se o que buscan é crear unha imaxe ou un problema inexistente pode, E AÍ RADICA O PROBLEMA.

Sexan sinceros
Con que queren acabar?

zapatista · 26-11-2007 a las 21:38

Basta, «…dorme mal por culpa do ruído que xeran os coches ás sete e cuarto da mañá, e pensa que a culpa é da movida»

Estas terxirvensando todo, e dixen que escoiteinos as 3 da madrugada, non estou en contra da movida nin nada polo estilo ao contrario gustariame que houbese mais pero unha cousa non quita a outra. Non creo que a movida lle favoreza certos energumenos facendo arrancadas, trompos e demais. Simplemente digo que se actue con dureza contra estes, xa que poñen en peligo a calquer viandante e todo o que o rodea. Sin máis, ¿unha solucion os pasos elevados? de acordo, ainda asi, ¿ibamos estar sufrindo estes pasos incomodos por culpa de catro que veñen o sabado noite a queimar roda?

Por último non se pode asociar a esos catro temerarios a «movida». Nin por intentar solucionar este problema estou en contra da movida.

un saudo

Visitante · 26-11-2007 a las 22:09

Sin máis, ¿unha solucion os pasos elevados? de acordo, ainda asi, ¿ibamos estar sufrindo estes pasos incomodos por culpa de catro que veñen o sabado noite a queimar roda?

Para los que circulan a una velocidad normal no causan tanto «sufrimiento» y pueden evitar accidentes.

Al final nadie vio el coche negro?, entonces, como sabemos que es uno de los cuatro de siempre?
Un saludo

basta · 26-11-2007 a las 22:15

O problema é que as solucións que lle buscan os nosos políticos non acaban co problema, nin acabarán.
O único que consiguen é sair na prensa, eles, os políticos que é o máis importante, e machacar á movida. Se digo esto é porque coñezo xente de este sector, e xa diferencian entre antes e despois das carreiras clandestinas. Como cliente o podo asegurar.
¿que zona de copas resistiria aos despliegues policiales que se están a levar no pobo?

Visitante · 26-11-2007 a las 22:17

Por cierto; por más que busco en Youtube no encuentro en ningún video de las carreras, arrancadas, la ostia del coche negro, ni otras historias raras en Pontecesures.

zapatista · 26-11-2007 a las 22:37

«Se digo esto é porque coñezo xente de este sector, e xa diferencian entre antes e despois das carreiras clandestinas. Como cliente o podo asegurar» pero non digas parvadas home, non digas parvadas. Non sera que estamos a fin de mes ou fixeches un estudio permonorizado de canta xente veu a partir das «carreiras ilegais» o que mais machacou a movida foi o declive de maty.

Visitante, mira colles o sabado diante do taboga e esperas ali media hora as 2 da maña e veras cantas fan e senon vas diante do komplo e malo sera home, ou delao da plaza na grabilla akela malo sera joder, por arrankadas non sera. un saudo !. Despois colgalas no youtube se queres.

Antonio Cortés · 26-11-2007 a las 23:04

Aquí estanse a misturar «churras con merinas», non ten nada que ver o problema destes cerebrados ca movida, ó unico en comun e que estes paisanos saen de festa e fan das suas a donde van.

O problema está na «permisividade», porque eu son dos que pensa que a estos había que darlles dúas «ostias» ben dadas, primeiro por poñer en perigo a súa vida e segundo por por en peligro o resto. Esta xente non responde por ninguén, nin se preocupa do dano que fan, ós veciños e a movida de cesures. Sei que parece un problema endogámico das zonas de movida, pero tamén vexo que non se fai nada dende fora, mirase, vese e non se actua, ninguén se quere meter en problemas á hora de denunciar ou pararlle-los pes a estes energúmenos.

? final pasa o de sempre, que por culpa de uns, o problema parece xeralizado, e non pasa nada, e non nos damos conta que a cousa vai crecendo, e ata que pase unha desgracia ningún moverá un dedo, e non me refiro ós políticos ou forzas de seguridade, senón ós veciños e a tódolos colectivos que son perxudicados e postos en perigo por esta panda de matados.

Educación é o que falta, porque ademáis destes seres amigos de queimar roda están os que os que, lonxe de chamarlle a atención, vitorean e parece que son heroes.

Permisividade cero, cos que fan esas aduanadas e cos que as apoian, e tamén permisividade cero cos que miran a outro lado.

Aquí fai falla «activismo», do tipo de coller ó «fiti-paldi» e facerlle entender que non é ben recibido, e hai moitas formas de acadalo, e poucas agradables a maioría.

Paspallas · 27-11-2007 a las 00:01

Calade un pouco carallo, foi o coche fantástico, pero o Sabariz xa sabe a matrícula, informouno Paquiño Liloia que se recollía por esas horas, o problema e se lle deu os números ó dereito o reves.

Antonio Cortés · 27-11-2007 a las 00:21

Si o final vai ser unha campaña de publicidade para a novo xogo da Nintendo DS

manolo · 27-11-2007 a las 00:47

Manolo xa despertou.
Agora ninguén lle chama carreiras clandestinas.O problema xa está causado e agora chamamoslle arrancadas.
Moi ben, xa lle chamamos as cousas polo seu nome.
A culpa levouna a prensa. Pero hoxe Sabariz no pleno afirmou que tiña constancia de que as houbera «cronometradas».Rectifiquenme si estou enganado.
Este home que fale, e despois a culpa a leva a prensa.
A alcaldesa tamén as negou.

Luis Angel Sabariz Rolán · 27-11-2007 a las 09:24

Expliquei neste medio e no pleno o tema das conduccións temerarias, arrancadas, frenazos, «trompos», manobras perigosas e de velocidades enormes que superaban en moito o permitido no centro urbano.

Visitante · 27-11-2007 a las 14:30

Antonio Cortés, estoy totalmente de acuerdo contigo. Y aún voy a más, la ventaja del cierto anonimato que da la red es ideal para estos casos, por qué no aparece alguien que los halla visto diciendo modelo matrícula o algún dato ( me refiero a los del coche negro), si esa información llega rápido no es necesario más.
Es una pena que se sepa tanto y no halla nada concreto.
Muy bueno el Mariokart.
Un saludo.

basta · 27-11-2007 a las 16:22

Todos ou case todos coincidimos en que carreiras ilegais, como tal non existen.
Para máis datos os de onte da alcaldesa no pleno.

Todos coincidimos en que si arrancadas, e formas de conducir pouco afortunadas, e totalmente rexeitadas.
Coincidimos algúns en que tanto o esaxerado despregamento de tráfico que sufrimos, como os continuos controis que desde entón se repiten case todos os fins de semana, son desproporcionados e non solucionarán o problema, pois estas arrancadas faranse sempre de costas ás forzas de seguridade.

Unha solución, non sei se compartida por todos, quizais sexa a de pasos de peóns elevados. Desde aquí o meu total apoio.
? esta unha medida adoptada en moitísimos concellos veciños que probablemente tivesen o mesmo problema.

Os investimentos necesarios tampouco creo que sexan tan elevados, e os efectos sen dúbida paliarían en gran medida o problema.

Desde algúns comentaristas cúlpaselle a Sabariz de querer acabar coa movida, e, pregunto eu, ¿que outro interese poden ter os que se inventaron o das carreiras clandestinas?

Pensen nos danos colaterais que soluciones como as achegadas polo Sr. Sabariz poden ter, para a imaxe deste pobo.

O problema non se solucionará por que non existe, para erradicar o problema non foron creadas estas falsas carreiras, entón quedarémonos cos «danos colaterais».
Desde aquí fago un chamamento á Sra. alcaldesa para que considere esta alternativa, que se esqueza das teimas persecutorias do Sr. Sabariz, e que actúe como seguro ela considere máis conveniente.

zapatista · 27-11-2007 a las 16:31

O que pasa que eiquí politizan todo en contra de sabariz e xa sabemos de onde proceden.

Antonio Cortés · 27-11-2007 a las 16:45

Para Basta, «O problema non se solucionará por que non existe»: O «problema» deste fío(entrada) , é simplemente o accidente que levou por diante unha farola, e é algo plausible e sobre o que non hai dúbida, coma non hai dúbida da falla de educación do conductor á hora de afrontar o acontecido.

Agora en xeral,
Sucesos de accidentes e destrozos dos que se sae «impune» pola «nocturnidade e alevosía» estamos un pouco fartos.

Si queredes seguir o tema das inexistentes carreiras ilegais nesta entrada, perfecto, pero non temos porque sacar sempre as cousas de sitio, máis que nada porque acabamos sempre no mesmo, foras de tema e non chegando a ningunha conclusión.

Coido que é moi posible que o problema sexá máis complicado que un rapaz con máis dunha tonelada de metal emulando á Formula 1, senón que o problema está na casa, onde parece que ou ben todo se permite, ou ben non se quere saber que fai. Non é como cando íamos en bicicleta coma tolos baixando polo alto de Cordeiro, de ter un accidente os tocados eramos nos, cun coche os tocados seran o resto.

basta · 27-11-2007 a las 17:34

Efectivamente Antonio Cortés, referíame a este problema de forma xeral, non hai dúbida de que a farola está hai, e o problema que a destrozou tamén.
Non vou ser eu quen negue as evidencias, pero si é verdade que o meu comentario non se axustaba á entrada en si.
Pontecesures non é alleo a esa «mala educación» á que ti te refires, e non temos porque asumila pasivamente porque sexa un tema xeralizado, e verdade, pero tampouco sufrir as consecuencias como se foramos referente galego xunto con Abadín e Fonsagrada.
A loita contra ese problema terá que ser proporcional ao problema, e eu négome a asumir que sexamos tratados como referente galego en carreiras clandestinas porque un Sr. diga que si.
O Sr. Sabariz e o máximo responsable dende o meu punto vista, e considero que debera rectificar e pedir perdón polos danos causados a este concello.
Recordoche que onte no pleno volveu a decir que tiña constancia de carreiras cronometradas.
Merda, e perdonade pola expresión, no concello temos abondo, pero esto non é A Fonsagrada porque lle dea a gana a el.
Un saúdo.

Luis Angel Sabariz Rolán · 27-11-2007 a las 18:38

Na rúa Eugenio Escuredo, cando sexan executadas as obras de mellora do peirao xa está previsto elevar os pasos de peóns e xa informei desta circunstancia onte no pleno.
Sobre as rúas centrais penso que tamén hai que buscar unha solución deste tipo. E incómodo sí, pero debe prevalecer a seguridade.
Vexo que hai opinións que censuran o meu labor como concelleiro en xeral. Confío en que outra xente non pense o mesmo.
¿Qué Sabariz rematou coa movida como se quere transmitir? Penso que é moi inxusto e malintencianado dicir iso. ¿Qué son unha especie de «estorbo» na vila? Pois tampouco me parece xusto opinar así. Dende logo a miña intención no cargo que ocupo non é esa. E certo que a pregunta que me fago moitas veces é: ¿Vale a pena adicarlle parte do meu tempo desinteresadamente a tratar de mellorar a vila e a defender os intereses de Pontecesures?. Recoñezo que as veces entranme as dubidas e xente que me aprecia opina que non.
Reitero o que dixen o outro día. Ogallá non ocorran desgracias que teñamos que lamentar. Iso é o realmente importante

zapatista · 27-11-2007 a las 19:46

Moita xente non pensa o mesmo, o que pasa que xa non saben que dicir.

pepa · 27-11-2007 a las 22:54

Nun pobo no que parece que é máis fácil comprar droga que un libro, e seguramente máis barata, non se deben esperar moitas visitas culturais. Pola contra, personaxes con ganas de chamar a atención con coches caros ou potentes facendo trompos, arrancadas e ??acojonando? a calquera que pase ou ose largarlles un bocinazo pois.. xa o vemos, cada vez máis. Hai solucións pero quen pode non as aplica. Foi unha farola e largáronse recollendo as probas, menudos personajes.

xiana cores · 27-11-2007 a las 23:30

Pepa creo que parece que xa estas comparando este pobo co «barrio do bao» e non e para tanto.Ademais moito sabes ti das ofertas que temos da droga.Non sera que eres ti consumidora e por eso controlas tanto.
Pareces amiga de Sabariz que tamen só se dedica a poñer este pobo como se todos fosemos delincuentes e este fose un pobo sen lei.
Un saudiño pero penso que os veciños non nos merecemos este tipo de trato por culpa de catro mataos que os teñen todos os concellos
E a verdade que non por iso saen na prensa todos os dias dando vergonza.

O Rei · 28-11-2007 a las 00:23

Simplemente fantástico o Mariokart!! Vou pedir un para Reis, simplemente por «el puritito visio».

Visitante · 28-11-2007 a las 10:27

Un coche negro, pasa toda la travesía como un bólido, choca haciendo un ruido como una «bomba».
SEGURO QUE NADIE VIO NADA.
¿ por qué giraba en esa calle, a dónde iba?
Un saludo

manolo · 28-11-2007 a las 13:05

Visitante, xa sabemos a onde queres chegar con tanto preguntar,pero ninguén che deu a explicación.Xa ves, a xente non se molla, pero ti tampouco eh!
Sabes máis do que preguntas e queres que o digan os demais.
Pois pode ser que teñas razón.
Xa cho dixo pepa.
Esaxerou todo o que quixo, coincido con xiana, pero vai polo mesmo rego ca ti.
Un saúdo. XD

basta · 29-11-2007 a las 10:17

Sr. Sabariz, efectivamente, ojala nunca haxa unha desgraza, niso coincidimos todos.

A dúbida é se cos seus argumentos eliminámola ou a cambiamos de lugar.

A inmensa maioría que acode a Cesures, ou nos quedamos, creo que somos xente normal. Outros, os incontrolados, os descerebrados amigos de prácticas temerarias de condución ou outros malos costumes, creo que son os menos.

Medidas disuasorias xeneralizadas, conseguen que escapemos uns e os outros. Entón o problema trasladarase a outros lugares máis preocupantes como a famosa «vía rápida», que nos conducirían a Boiro, por pór un exemplo, porque «en casa» non nos imos a quedar.
Polo de súpeto, está demostrado con números manchados de sangue que é máis perigosa a vía rápida que as rúas do noso pobo.

E para alí irémonos todos, e aquí quedaran todos contentos, menos algúns que teñen fillos como eu, que aparcan o coche o venres ás sete da tarde e non o volven coller ata o luns ás sete da mañá.

Da miña casa ao establecemento que máis frecuento sepáranme dous edificios, e ata agora, nunca tiven medo ao ir pola beirarrúa.

Pero cara alá iremos todos, colleremos o coche e arrincaremos, e así, como pretende o Sr. Sabariz, xa non ocorrerán máis desgrazas. Polo menos no noso pobo.
Cambiarémolas de lugar, pero seremos máis os Cesuráns a «arriscar». Agora si, as beirarrúas limpas.

Un saúdo, e espero que acaben co problema, pero co que hai.
Vaian a por os que estorban, pero non disparen indiscriminadamente ou encarguen o traballo aos que o fan.

A maior parte dos pais prefiren oír voar cen coches antes que ver voar ao do seu fillo.

Se a miña reflexión parécelles oportunista, ou fóra de lugar, direilles que á miña tamén ma pareceu a do que dixo que había carreiras clandestinas xustificándose ou desexando que non quería unha desgraza no meu pobo. Se queremos demagoxia, demagoxia para todos.

Algúns o que queren é durmir de noite, pero lles chegará o momento no que fillos ou netos arranquen un sábado á noite, e entón desexarían que baixasen andando a tomarse algo no pobo para poder durmir.
Que sorte temos os que gozamos dunha noite de copas ou simplemente de diversión sen coller o coche.

Visitante · 29-11-2007 a las 11:41

Bueno, voy a hablar más claro, no vaya a ser que por no querer meterme en otros terrenos por acción, me metan por omisión.
Por lo que he visto yo, no son más que actos de niñatos, los cuales los hay en todos los sitios donde se reunen varios jóvenes, y observándolo con rigor, inclinándose más la balanza a la negligencia que a la temeridad, esto por lo de las noches.
Por lo del accidente del coche negro, vendría bien saber algo, pudiera ser que no fuera la primera vez que el conductor hiciera una de esas.
MANOLO sólo es ahí donde quiero llegar, saber algo, nada más.
Un saludo

paleto · 10-12-2007 a las 19:22

O sábado as 4 e media da noite bou coller o chimpin e bou dar una pasada con él pola calle do medio. Cantos cabalos creedes que ten o matrakillo? Pois cabalos te poucos, 15 ou 20 asejun estean de monta ou non. Ajora que lle meto as bestas, os potriños, e incluso os burros do vesiño e ei xuntar 150, vesiño incluido.
Bou coller velocida saindo do 3 stops, e leña pa baixo, jastando roda. Labadiño do sabado á tardiña o matraco bai brillar coma unha joyita. As pejatinas postas ??makinaria? ??tumba abierta? en cada lao e leña.No loro, que tamen lle puxen lorito, ASDS a todo o que dea nos paioner e a amplificación de mil vatios, e o que non durma que se joda.
Jas a esjallo, e cando pase a de maruja majana ei de ir a todo o que dea. Dalí ata pasar a bia pedal a fondo, e á altura do monumento de pedra do coche antijuo, clabolle a redutora, volantazo, e bou aparcar enrriba do cochito aquel. Si están os de verde por alí, que moitas beses están, pois doulle as chabes e dijollo que mo bixilen que en Sesures di Savaris que ai moito delincuente desjraciado que non coida as cousas.Que bexan o que é makina mecajo endios!!!
Ir a de Valentín a tomar os cacharros elo coller de nobo o matraco e poñerme en liña de saida. 5 da mañan, esquina da mati, jas e embraje pisados, roda queimada, e leña!!! O recor está nos 140 nese tramo, pero eu ou collo 200 ou non marcho para casa. Cajoen dios!.
E lo vou o komplo a de javier e ali, a falar de que savaris ta dando pena na prensa. Que durma e deixe a juventud divertirse un pouco que non e malo. Pelijro teno el na cabesa.
Xa o desia Anjeira antes das elession que savaris non rexia nada ben.

Luis Angel Sabariz Rolán · 10-12-2007 a las 21:05

Mira «paleto», penso que a crítica débese facer pero doutro xeito. Pouco podemos aprender do teu relato. Mal gusto, pouca gracia e nulo interese.
Saúdos.

manolo · 11-12-2007 a las 20:43

Tranquilo paleto, resultarlle gracioso a Sabariz non é ningún mérito. Penso que case que o é resultarlle antipático. Creo que o conto do matraquillo non deixa de ser unha burla a certa clase de energumenos que andan como en trator polas leiras, un comentario máis de todas as formas, pouco ofensivo, dada a súa clave de humor.
Xiana Cores dcía fai pouco «el que se pica ajos mastica»

Luis Angel Sabariz Rolán · 11-12-2007 a las 21:57

Eu non teño porque «picarme» con ninguén, «manolo». Tiven neste medio críticas dabondo, unhas máis simpáticas que outras (dende o meu punto de vista, claro). Esta, en concreto, de «paleto» non me gustou. Agora ben; haberá xente que opine o contrario. Pois moi ben.

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.