Só faltaba a Bella Otero no Belén de Valga.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán en

O Belén artesanal en movemento de Valga está a piques de ver a luz. A asociación Amigos do Belén leva desde principios de outubro traballando a reo no local da Rúa Nova, en Campaña, para telo todo preparado. Son unhas 30 persoas que nestas datas, desde 1995, dedican varias horas ó día a construir este Nacemento, cuxa fama traspasa fronteiras. Este ano, ademais, promete novidades, como a instalación de efecos especiais que simulen o día e a noite e a incorporación de figuras e escenas novas, tal é o caso da valguesa máis famosa de todos os tempos, a Bella Otero. Tamén se adiantará a inauguración, que se celebrará o próximo domingo, 2 de decembro, ás cinco da tarde. Poderase visitar diariamente ata mediados de xaneiro.

Maricarmen Castiñeiras, unha das integrantes do colectivo, explicou que instalarán por primeira vez os efectos noita-día e «esperamos que non falle». Lévase a cabo grazas a un programa informático traído desde Cordoba que se completa con 150 bombillas de cores: negras, azuis, verdes, amarelas, vermellas…A través da súa combinación acádanse distintas intensidades de luz e durante a noite brilarán estrelas de fibra óptica. O Belén recolle nuns 250 metros cadrados máis de 3.000 figuras elaboradas con pasta de modelar, papel, aramio e retais. Delas, unhas 350 teñen movemento a través de motores dos limpaparabrisas dos coches. Conta tamén con cinco bombas de auga, unhas 8.000 bombillas e 30.000 metros de cableado. Ademais da Bella Otero, o Belén, que mistura escenas relixiosas (o Misterio de Nacemento acadará o gran protagonismo) e paganas, de gran tradición galega, estreará figuras como un circo e os seus pallasos, enfermería e galiñeiro, e renovaranse outras. Tamén se está a modificar a estrutura. Todos os detalles sobre o Belén artesanal se poden atopar na web www.belendevalga.org

DIARIO DE PONTEVEDRA, 28/11/07

Categorías: ¿Que ver?Cultura

0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.