O Carteiro Real en Pontecesures.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán en

Acaba de saír nun ciclomotor, e acompañado da Policía Local, o Carteiro Real que percorrerá os distintos lugares de Pontecesures nestas primeiras horas da mañá para recoller as cartas ós Reis Magos que chegarán o 5 de xaneiro.
Ás 11,30 estará na Plazuela para recibir a tódolos nenos/as do centro da vila. Ás 12 do mediodía nenos e maiores celebrarán a despedida do ano con uvas e conguitos coincidindo coas sinais horarias do reloxo da Igrexas Parroquial, e haberá un sorteo de obsequios para os presentes.

Categorías: ConcelloCuriosidades

3 comentarios

licantropo · 4-01-2008 a las 19:15

o que me parece vergonzoso e que se faga unha festa para os rapaces co fin de que teñan esa ilusion polos reis magos,co fin de recoller as cartas para estes e logo na plazuela re rifen uns regalos.
a miña pregunta e:¿ que lle digo eu o meu fillo cando non e un dos agraciados e outros nenos coma el si?
¿como lle explico eu o meu fillo que o carteiro dos reis magos a uns nenos lle trae regalos e a outros non?
señor SABARIS cando se fan festas deste tipo ou se lle regalan cousas a todolos nenos ou senon a ninguen por que o loxico e que se ven o carteiro dos reis magos a recoller as cartas non se lle rifen regalos os nonos senon que cos caramelos e os globos creo que e suficiente.
senon expliqueme como se lle pode dicir a un neno pequeno o de que hay regalos para uns e para outros non

Tiroliro II · 4-01-2008 a las 19:38

Estivo Cecilia a da Cocha moi ben entregando os regalos na plazuela, foi a única do bloque. Vedes como pode ser a alternativa a angueira…o capitán foi sí a despedida do obradoiro porque lle gustan os actos en «petit comité» coas amistades, pero dar a cara en público……eso xa e outra cousa..
Esta sucio polas trapicheradas…en cambio Cecilia está impoluta, pura, limpa, virxe no apartado da corrupción. eh…
Bloqueiros de Cesures…a da Cocha e a renovación..hai que apoiala..

Luis Angel Sabariz Rolán · 4-01-2008 a las 20:55

Penso, «licantropo»., que a festa do día 31 estivo moi ben. Naturalmente, é mellorable para o futuro. ? certo que estes sorteos sempre deixan a algúns nenos/as decepcionados, pero considero que por iso non se pode cualificar o acto como vergoñento. Un pouco forte, ¿non?.

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.