Xa funciona o semáforo avariado do cruce entre a N-550 e a PO-214, por mor dos recentes temporais.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán en

Na mañá de hoxe a empresa encargada do mantemento do alumeado público municipal, rematou o arranxo desta instalación, e o semáforo deste perigoso cruce xa funciona con normalidade.
Lémbrase que nos últimos días houbera problemas de atascos pola falla de sinalización semafórica, sobre todo no horario de entrada e saída dos nenos do CPI Pontecesures. Son moitos os vehículos que coniciden á mesma hora para levar ou traer ós alumnos, e por iso a deficiencia provocou molestias e demoras ós conductores.

Categorías: Concello

2 comentarios

Cara de cona · 21-01-2008 a las 19:39

Andas picado coa tropa, Saba…e entrando ó trapo..pero que noticia e o arranxo dun semáforo?…tíranche para tocar os huevos e ti como un parvo andas dando explicacións de protagonista…vai xogar a partida á de Elías home e deixate de joder a vista coa internet..
Que lle pregunten á sacapieles nos plenos..ou a Randulfe..xa verás como desde a barreira o pasas moito mellor…

Luis Angel Sabariz Rolán · 21-01-2008 a las 20:51

Non estou de acordo contigo, «Cara de cona». Paréceme moi interesante informar das novas neste medio e contestar ás críticas ou alusións sobre a miña persoa. Mentres se está nun cargo penso que é básico aportar información. De coñecela, claro.
Para observar as cousas dende a barreira é mellor non ser concelleiro.

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.