O Concello pide colaboración para a II Feira do Automóbil Antigo.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán en

Para a realización deste evento o Concello de Pontecesures está colaborando, xunto co Club «Mirándolle os dentes», para celebrar esta feira o domingo 6 de abril.

Esta feira xurdiu coma homenaxe daquelas outras que os nosos antepasados celebraron en 1925, 1926, 1950 e 1954 e para poder promocionar, do mellor xeito posible, esta feira, sería bo contar con materiais (fotografías, folletos publicitarios, etc..) orixinais daqueles eventos.

Pídese así á cidadanía que se achegue dito material ás oficinas do Concello para estudar o xeito de reproducilo, co compromiso de devolvelo íntegro ós seus propietarios no menor tempo posible.

Dito material copiado, ademais de como reclamo publicitario para este evento, quedaría como fondo do Concello no arquivo, para futuras edicións.

Espérase a colaboración do vecindario.


2 comentarios

cockydaponte · 27-02-2008 a las 10:51

Bueno, pois deixo aquí un enlace con unha foto do campo da insua no ano 1950(ou 1954) cando se celebrou a feira do automobil na Ponte.
Para que a xente vexa que os da Ponte colaboramos cos de San Lois…e a ver si así a xente se anima a facer o mesmo connosco co tema das cucañas.
Un saúdo a todos.
http://www.fileden.com/files/2007/7/2/1231530/INSUA.bmp

DANIEL SEIJAS S.L. · 27-02-2008 a las 20:17

Hai que dicir que é bo que se intereses por recuperar á memoria das impresionantes Feiras do Automóbil de Ocasión.Vai ser unha tarefa vai levar o seu tempo.Coñezo de quen ten moitisima información orixinal disto,despois de moitos anos de remexo en moitos lugares.
Deberia realizarse unha revisión bibliografica e de fontes sobre o tema,e editar un novo libro das feiras,xa que o que fixo José Piñeiro Ares quedou xa desfasado e superado por outros estudios realizados no seo da U.S.C.

Responder a cockydaponte Cancelar la respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.