Durante estas noites ADIF está a substituir as travesas de madeira da vía na Estación.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán en

Os traballos comezaron hai uns días por parte dun equipo duns 20 operarios que realizan as operacións entre as 23 horas e as 5,30 horas e van por tramos. Se están a substituir as vellas travesas de madeira na vía do primeiro andén, por outras de formigón. Lémbrase que este tramo de dobre vía, vai dende a ponte da estrada nacional N-550 ata o paso a nivel da rúa San Lois, no centro da vila, e que a vía do andén segundo xa ten travesas de formigón hai anos.
O mal estado das travesas de madeira nunha zona de gran humidade preto da ponte da estrada nacional, puido ser unha das causas do descarrilamento dun tren rexional o 3 de xaneiro pasado.
Os traballos rematarán nunha semana aproximadamente.

Categorías: Sociedade

0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.