Ollo coa empresa que está a ofertar o cambio dos reguladores do gas butano polas portas en Pontecesures.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán en

No día de hoxe hai persoal dunha empresa que está a ofrecer este servicio nas vivendas de Pontecesures previa comprobación destes reguladores (capuchón das bombonas) e cobrando unha determinada cantidade pola substitución. Este elemento hai que cambialo ós 5 anos (moitos en 2010), como a goma, pero por ese tempo hai unha garantía e a substitución se está en malas condicións é gratuita.

En consecuencia non hi obriga de cambiar o capuchón por moito que digan ou aconsellen as persoas desta empresa por moi homologada que estea para facer este servizo.

E convinte consultar na oficina de sempre de Repsol Butano (a de Mateo en Padrón) que agora se chama IRIAGAS e que ten o enderezo na rúa Herero nº 7 de Padrón (ó lado do Bar A Esquina). O teléfono é 981-810556

Categorías: Sociedade

0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.