Axudas ás vítimas da violencia de xénero.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán en

O Concello de Pontecesures informa que o Servizo Galego de Promoción do Home e da Muller, abre o prazo de presentación de solicitudes de axudas económicas dirixidas as mulleres vitimas da violencia de xénero.

REQUISITOS:
-Ser muller, maior de idade ou emancipada, que acrediten a situación de violencia de xénero.
-Carecer de rendas que superen o 75% do salario mínimo interprofesional.
-Ter especiais dificultades para obter un emprego.
-Ter vixentes as medidas de protección establecidas (orde de port ección, informe do Ministerio Fiscal ou sentenza xudicial.
-Non ter percibido a axuda con anterioridade.

O prazo está aberto ata o 30 de novembro.

Para máis información hai que poñerse en contacto co Servizo Social de Atención Primaria do Concello de Pontecesures os luns, martes e venres de 9:00 a 13:30 horas.


0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.